Ao destino que nos leva o deporte
Por Adrián F. Platero
O pasado luns, tivo lugar a final da Liga Interna de Baloncesto coa vitoria de Los Mataos sobre Los Vengadores nun tenso encontro marcado pola calidade de ámbolos dous equipos.
Cóllea! | A que non ma quitas? |
Con esta final, remataba o torneo da Liga Interna de Baloncesto, un torneo que estivo marcado polo compromiso de xogar e de formar parte dun equipo. Onde, sen dúbida gañar era a prioridade, pero que, antes diso, sempre prima o feito de xogar limpo.
É bo saber, que neste torneo , se transmitiron valores tanto dentro como fóra do terreo de xogo, xa que sempre, incluso nos encontros máis difíciles de disputar, se optou polo “fair play” e o respecto por riba do propio triunfo.
E… canasta! | E alí vai outra canasta! |
Na final, soamente puido gañar un equipo, pero o certo é que houbo nivel de abondo para que no IES Do Castro tivésemos máis dun vencedor. Los Mataos foron os xustos vencedores, xa que desenvolveron durante todos os encontros unha grandísima forma de xogar ao baloncesto, pero non lle podemos quitar mérito ao papel que tiveron Los Vengadores así como os outros equipos que disputaron a Liga Interna.
Desde este artigo, queremos agradecer a todos os equipos que formaron parte deste torneo a súa participación.
O equipo que quedou no terceiro posto, o finalista e o campión recibirán un diploma como recompensa a súa actuación nesta liga. A entrega dos mencionados premios efectuarase o día que o Instituto conmemore o día das Letras Galegas (mediados de maio).
Por último, agardamos a tódolos equipos que participaron nesta liga na edición do próximo ano.
Equipo gañador: Los Mataos
2º clasificado: Los Vengadores
3º clasificado : Start Twin
O equipo gañador e o equipo de organización CAS
Equipo CAS: xestión e organización da Liga de Baloncesto 2011-12
(1º -2º-3º ESO)
Clara Leboreiro: coordinación e fotos
Miguel Caramés: arbitraxe, deseño de carteis e diplomas
Adrián F. Platero: textos e arbitraxe
Carla Neira: actas, deseño de carteis
Kevin Stratmeyer: arbitraxe, deseño de carteis e diplomas

