Listados provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2013-14

Publicado o 16 Maio, 2013 na sección Secretaría por Xefatura de Estudos

 admitido.png

No seguinte documento pdf, aparecen os listados provisionais, de admitidos e non admitidos, por nivel educativo para o curso 2013-14:

.pdf

listaxe-de-admitidos-e-non-admitidos-curso-2013-14.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Matrícula para as PAAU. Convocatoria de setembro (curso 2012-13)

Publicado o 5 Setembro, 2012 na sección Avisos urxentes, Secretaría por Xefatura de Estudos
 Só se pode matricular o alumnado que superou o 2º curso de bacharelato.

  • A matrícula hai que facela na secretaría do IES do CASTRO:

  •     o luns, 10 de setembro de 9  a 12:00 horas.

  • Antes de matricularse farase o depósito do TÍTULO DE BACHAREL.
    – Hai que recoller en secretaría o impreso de TAXAS AUTOLIQUIDACIÓN,
    facer o ingreso que corresponda nunha entidade bancaria e facer o depósito de título no momento de formalizar a matrícula das probas de selectividade.
  • TAXAS
    TÍTULO DE
    BACHAREL
    – ORDINARIA 49,82 €
    – FAMILIA NUMEROSA 1ª 24,94 €
    – FAMILIA NUMEROSA 2ª e HONRA GRATUÍTA

    Documentación necesaria para a matrícula das PAAU:

    Fotocopia do DNI sen recortar.
    Xustificante (folla amarela e rosa) de ter aboadas as taxas de matrícula e documentación que acredite, se é o caso, a exención das mesmas.
    Formulario de solicitude de opcións do bacharelato polas que concorre ás PAAU debidamente cuberto.
    Fotocopia da tarxeta (vixente) de familia numerosa para o alumnado que alegue esta circunstancia.
    Fillos de funcionarios das Universidades de Galicia:    Certificación dos servizos de persoal, e fotocopia do Libro de Familia para xustificar que son fillos de funcionarios.

    »  NOTA: todas as fotocopias deberán vir acompañadas dos orixinais para facer as compulsas.
    TAXAS de MATRÍCULA das PAAU (incluído o importe do sobre: 6 €)
    – Matrícula ordinaria: 63,67€
    – Familia numerosa de 1ª categoría: 31,84€
    – Familia numerosa de 2ª categoría e Honra: 6,00 €
    – Persoal docente e de administración e servizos, así como o seu cónxuxe e fillos, das tres universidades do SUG: 6,00 €
  • O día 14 de setembro o alumnado deberá revisar no centro os datos contidos nas listaxes de matriculados.
  • Máis información nos taboleiros, na secretaría do instituto ou na páxina WEB da CIUG.
  • Datas dos exames: 19, 20 e 21 de setembro, na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas.
  • NOTA: O alumnado que non se presente ás probas de selectividade pero que queira acceder a un ciclo superior deberá realizar o depósito do título obrigatoriamente.

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Matrícula Setembro

    Publicado o 3 Setembro, 2012 na sección Avisos urxentes, Secretaría por Xefatura de Estudos

    MATRÍCULA SETEMBRO

    O alumnado formalizará a matrícula para o curso 2012-2013 inmediatamente despois da recollida das cualificacións.

    Necesítase:

    • SOBRE DE MATRÍCULA:recóllese en consexería (5 euros)
    • 4 FOTOGRAFÍAS.
    • Fotocopia do DNI.

    Horario:

    2º BACHARELATO: xoves, 6 de setembro de 16:00 a 18:00.

    1º BACHARELATO: venres, 7 de setembro de 9:00 a 10:30.

    4º ESO: venres, 7 de setembro de 10:30 a 11:30.

    3º ESO: venres, 7 de setembro de 11:30 a 12:30.

    2º ESO: venres, 7 de setembro de 12:30 a 13:30.

    1º ESO: venres, 7 de setembro de 13:30 a 14:00.

    SELECTIVIDADE: luns, 10 de setembro de 9:00 a 12:00.

     

    RECLAMACIÓNS

     

    Lémbrase o alumnado que non estea conforme coa súa cualificación que o procedemento a seguir é o seguinte:

    -1ª Instancia: pedir ó/á profesor/a da asignatura a revisión do seu exame no seguinte prazo:

    2º Bacharelato: xoves, 6 de setembro, de 12:30 a 14:00.

    ESO e 1º Bach.: venres, 7 de setembro, de 10:00 a 12:00.

    - 2ª Instancia: En caso de disconformidade coa reclamación realizada ó/á profesor/a da asignatura o alumnado poderá facer unha reclamación ó Departamento, segundo modelo oficial, no seguinte prazo:

    2º Bach.: xoves e venres, 6 e 7 de setembro, ata ás 14:00

    ESO e 1º Bach.: venres e luns, 7 e 10 de setembro, ata ás 14:00.

    A resolución das reclamacións de 2º de Bacharelato realizaranse o luns ás 12:00, e as da ESO e 1º de Bacharelato o martes ás 12:00.

    - 3ª Instancia: en caso de disconformidade coa resolución dos Departamentos o alumnado poderá presentar reclamación ante a Inspección Educativa.

     

     3 de Setembro do 2012

    Xefatura de estudos

     calendario_-matricula_setembro.pdf

    .pdf

     

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Axudas para a adquisición de libros de texto 2011/2012

    Publicado o 20 Xuño, 2011 na sección Avisos urxentes, Secretaría por Ramón

    1º e 3º de ESO

    Convócanse axudas para adquisición de libros de texto , materiais curriculares e material didáctico e complementario para o curso 2010/11 que poderá solicitar o alumnado que se matricule en 1º e 3º de ESO para o próximo curso e que non sexan repetidores.
    – Os Impresos de solicitude das axudas pódense recoller na secretaría do centro.
    – Para o alumnado que formalice a matrícula en xuño, o prazo de presentación das solicitudes é do 25 de xuño ó 26 de xullo.
    – Para o alumnado que formalice a matrícula en setembro será do 1 ó 30 de setembro.

     .pdf  DOG Núm. 104 (Martes, 31 de maio de 2011)

    ORDE do 13 de maio de 2011 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 1º, 2º, 5º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria e en educación especial.

    2º e 4º de ESO

    O alumnado que se matricule en 2º e 4º de ESO para o vindeiro curso 2011/12, poderán acollerse ó programa de préstamo de libros de texto das materias que non cambian de idioma
    Convócanse axudas para adquisición de Libros de Texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma, para o alumnado que se matricule para o próximo curso 2011/12 en 2º e 4º de ESO e que non sexan repetidores.
    – O Impreso de solicitude das axudas pódense recoller na secretaría do centro.
    – Para o alumnado que formalice a matrícula en xuño, o prazo de presentación das solicitudes é do 25 de xuño ó 26 de xullo.
    – Para o alumnado que formalice a matrícula en setembro será do 1 ó 30 de setembro.

    .pdf DOG Núm. 104 (Martes, 31 de maio de 2011)

    ORDE do 16 de maio de 2011 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario que cambien de idioma de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, destinadas ao alumnado matriculado en centros sostidos con fondos públicos no curso escolar 2011/2012 en 3º e 4º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria.

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Premios extraordinarios de bacharelato curso 2010-2011

    Publicado o 17 Xuño, 2011 na sección Xefatura de Estudos, Secretaría por Ramón

    As probas realizaranse o día 7 de setembro de 2011 de acordo co seguinte horario:

    - Ás 9.30 horas, presentación dos candidatos ou candidatas.
    - Das 10.15 ás 12.15 horas, primeira parte da proba.
    - Das 12.45 ás 13.45 horas, segunda parte da proba.

    Centros en que se realizarán as probas.

    - Provincia da Coruña: IES Elviña. Polígono de Elviña, 2.ª fase s/n, A Coruña.
    - Provincia de Lugo: IES Sanxillao. Avda. Fontiñas, n.º 171, Lugo.
    - Provincia de Ourense: IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, n.º 12, Ourense.
    - Provincia de Pontevedra: IES Sánchez Cantón. Avda. Raíña Victoria, Pontevedra.
    (a) Os/as candidatos/as deberán realizar as probas na provincia a que pertenza o centro educativo público en que se atope o seu expediente académico.
    (b) Os candidatos ou candidatas acreditarán a súa identidade para a realización das probas co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

    .pdf   DOG Núm. 116 (Venres, 17 de xuño de 2011)

    RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e a facer pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010-2011 e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

    • Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
    • Cada premio estará dotado con 1.000 €.
    • Recibirán, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e no expediente académico anotarase a distinción.
    • Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
    • Non estará obrigado ao pagamento dos prezos públicos polos servizos académicos no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.

    REQUISITOS:

    a) Ter cursado primeiro e segundo de bacharelato en calquera das modalidades en centros docentes españois, ben en réxime presencial ben en réxime a distancia.
    b) Ter finalizado estes estudos na Comunidade Autónoma de Galicia no ano académico 2010-2011.
    c) Ter obtido no conxunto dos dous cursos de bacharelato unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos.

    –  O alumnado que, reunindo os requisitos indicados, desexe optar aos premios extraordinarios, deberá solicitalo na secretaría do centro público de educación en que se atope o seu expediente académico.

    PRAZO de PRESENTACIÓN de SOLICITUDES: un mes a partir do día seguinte ao da data límite da avaliación final de segundo de bacharelato. No calendario xeral do curso 2010-2011, a CiUG establece o día 24 de maio como data límite da avaliación final.

    O alumnado deberá realizar unha proba:

    Primeira parte, que se desenvolverá en dúas horas:

    1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.
    2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia común de bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente.

    Segunda parte, que se desenvolverá nunha hora:

    1. Desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade e cursada polo alumnado á escolla entre técnicas de expresión gráfico-plástica, debuxo artístico II, historia da música e danza, literatura universal, matemáticas II, bioloxía, física, química, xeografía, latín II, historia da arte e matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II.
    2. O alumnado que finalice as ensinanzas profesionais de música e danza e obtivese o título de bacharelato despois de superar as materias comúns do bacharelato, de acordo co establecido no artigo 50.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, desenvolverá temas, respostas e cuestións e/ou exercicios prácticos da materia de historia da música e a danza.

    As probas realizaranse nos lugares e datas que se publicarán mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e na páxina web   http://www.edu.xunta.es/premiosbac.

    .pdf  Orde do 6 de maio do 2011 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2010-2011 (DOG 20 de maio).

    .pdf  Formularios: Anexo I e II.

    Probas dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso .pdf 2006-07, .pdf 2007-08,
    .pdf 2008-09 e .pdf 2009-10.

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Admisión de novo alumnado no centro — Lista DEFINITIVA de admitidos — Curso 2011/2012

    Publicado o 16 Maio, 2011 na sección Avisos urxentes, Xefatura de Estudos, Secretaría por Ramón
    · O prazo de presentación de solicitudes de admisión abrangue dende o 1 de marzo ata o 31 de marzo do 2011, ámbolos dous inclusive.
    · A solicitude axustarase ao modelo oficial que o poden descargar no enlace que figura á continuación.
    · Deberá ter rexistro de entrada, que acredita a recepción na secretaría do centro.
    · No suposto de que se presente máis dunha solicitude para a mesma ensinanza en diferentes centros, a orde de prelación determinarase atendendo ás datas de rexistro de entrada nos centros.

    .pdf  Modelo para presentar a solicitude de admisión.

    .pdf  Preferencias de optativas para 1º bacharelato.   (para entregar ca solicitude de admisión)

    .pdf  Relación DEFINITIVA admitidos ESO.

    .pdf  Relación DEFINITIVA admitidos Bacharelato.

    O alumnado admitido, deberá formalizar a matrícula do
    25 de Xuño ó 10 de xullo de 2011.

    .pdf  Decreto 30/2007, do 15 de marzo, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

    .pdf  Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

    .pdf  Corrección de erros.-Orde do 17 de marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos.

    .pdf  Instrucións sobre o proceso de admisión do alumnado para o curso académico 2011.

    .pdf  Corrección de erros das instrucións.

    .pdf  Resolución do 1 de marzo de 2011 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo a que fai referencia o artigo 34 da orde de 17 de marzo de 2007 referente ás letras de prioridade no procedemento de admisión de alumnado para o curso 2011/2012.

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    Comezo do curso 2010-2011: Horario de incorporacións ás aulas

    Publicado o 10 Setembro, 2010 na sección Avisos urxentes, Xefatura de Estudos, Secretaría por Alberte Zato

    DÍA DE COMEZO DO CURSO ESCOLAR 2010-2011

       

    VENRES, 17 DE SETEMBRO

    HORARIO DE PRESENTACIÓN

     

    1ºESO………………………..11:00

     

    2ºESO……………..…………11:30

     

    3ºESO………………………..12:00

     

    4ºESO………………………..12:30

     

    1ºBACHARELATO……….13:00

     

    2ªBACHARELATO……….13:30

    Lugar de presentación:

    O alumnado de 1º da ESO e 1º de Bacharelato na Sala de Conferencias.

    Os demais, na aula co seu titor (nos próximos días publicaranse as listas dos grupos e a aula correspondente a cada un deles).

    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

    ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS

    Publicado o 2 Setembro, 2010 na sección Avisos urxentes, Secretaría por Ramón
    1º ESO
    2º ESO
    3º ESO
    4º ES0
    1º Bach.
    2º Bach.
    Venres 3,   ás 13 h.
    Venres 3,   ás 13 h.
    Martes 7,   ás 10 h.
    Martes 7,   ás 10 h.
    Martes 7,   ás 10 h.
    Martes 7,   ás 10 h.

    Nota: O alumnado de 2º de Bacharelato debe ver as súas notas unha vez que rematen as avaliacións. As actas poñeranse no taboleiro:

     Luns, 6 de setembro.

     2º A
    2º B
     2º C
    2º D
    2º E
    10:30 h.
     11:00 h.
     11:30 h.
     12:00 h.
    12:00 h.

    SELECTIVIDADE

    PAAU A matrícula ten que realizala forzosamente o día 6 pola tarde.

    Unha vez que se expoñan as actas despois da avaliación, os que “vaian a selectividade” teñen que recoller en secretaría os impresos e pagar as taxas no banco pola mañá para así poder facer a matrícula pola tarde.

    Related Posts with Thumbnails
    Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo