Informe Consello Escolar de Galicia

Publicado o 23 Novembro, 2008 na sección Consello Escolar por Xavier

o-nadador-leiro-2000.jpg

Permitídeme extractar estas liñas e abrir unha máis ampla reflexión sobre a importancia que ten facer as cousas do mellor xeito posible, especialmente cando a nosa Comunidade Educativa está a punto de iniciar un novo período no Consello Escolar que terá que afrontar, entre outras cuestións, unha nova redacción do Regulamento de Réxime Interno do Centro. 

Sen dúbida é o momento de Participar aportando ideas e estratexias que faciliten a Convivencia e melloren tanto  a Calidade Educativa coma os procedementos de toma de decisións que afectarán á toda a Comunidade os vindeiros anos. 

Coa Participación de todos representaremos mellor os intereses de Todos…!

Descargar Ficheiro

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Eleccións ao Consello Escolar 2008

Publicado o 6 Novembro, 2008 na sección Documentos e formularios de interese, Zona Alumnado, Consello Escolar, Convocatorias, Secretaría, Dirección por Alberte Zato

Eleccións

      O Consello Escolar deste centro está formado por :

-          7 representantes do profesorado

-          4 representantes do alumnado

-          1 representante do persoal de Administración e Servizos.

-          2 representantes dos pais/nais

-          1 pai/nai en representación da ANPA

-          1 representante nomeado polo Concello

 Cada dous anos temos que facer eleccións para renovar parte ou a totalidade dos membros representantes de cada sector.

Este ano renóvase:

 Parte dos membros representantes dos pais/nais, catro representantes do profesorado ,  dous representantes do alumnado e un/unha representante do Persoal de Administración e servizos.

(Ler o resto do artigo »)

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo