Nova revista “Gimp” de balde

Publicado o 30 Marzo, 2013 na sección Dinamización de T.I.C.s por Alberte Zato

Nova revista GIMP de balde (moi útil para tódolos os usuarios/as desa magnífica aplicación)

 Témome que require inglés, que lle imos facer!

gimp_magazine.jpg

http://gimpmagazine.org/

Tres números publicados polo de agora:

 

 

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Dia da Internet Segura

Publicado o 8 Febreiro, 2011 na sección Dinamización de T.I.C.s, Tecnoloxía por Luis Otero

Pulsar para ir a la web internetsegura.com en ventana nueva

Hoxe, dia 8, celébrase o dia da Internet Segura. Hai moitas iniciativas na rede para acadar un uso seguro . Existen perigos reais e agachar a cabeza fiando todo a sorte non é unha boa idea. Perde uns minutos informándote sobre o uso seguro na rede por exemplo aquí

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

DiGaTIC - Dicionario Galego das TICs

Imprescindible ferramenta na Rede de redes para o bo uso e abuso dos termos das TICs. que as veces se utilizan incorrecta ou caprichosamente, cando non inxustamente Green with Envy. Primeiro coñeza a tecnoloxía, e logo refírase a ela con propiedade. Agora pode facelo doadamente con esta ferramenta, con diferentes traducións, i.e. :

Icona

Tradución portugués:ícone

Tradución castelán:icono

Tradución francés:icône

Tradución italiano:icona

Tradución inglés:icon

Tradución alemán:Ikon

DiGaTIC - Dicionario Galego das TICs

 digatic.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O libro de Bieto Ledo ‘Aconteceres’ descargable dende o sitio web da súa editorial

Publicado o 25 Maio, 2009 na sección Club de lectura, Dinamización de T.I.C.s, Publicacións, Biblioteca por Alberte Zato

Aconteceres

Coma oferta da semana, a editorial Ir Indo ofrece a descarga gratuita en forma de arquivo .pdf do libro de Bieito Ledo ‘Aconteceres’. Aproveite esta oportunidade.

http://www.tendacultura.com/tendacultura/Html/oferta_semana.htm

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Presentación do sistema dixital Paper Show

Publicado o 5 Marzo, 2009 na sección Dinamización de T.I.C.s por Alberte Zato

 Troco de data:

O próximo martes, día 10 de marzo, e dentro das actividades de dinamización de TICs presentarase ao profesorado por parte deste  Coordinador de TICs o novo aparello de anotación e visualización Paper Show que o Instituto remata de mercar.

http://www.papershow.com/es/index.asp

É un aparello moi sinxelo, e moi útil, e pode ser de aplicación diaria nas tarefas docentes. Consideramos que é moi interesante a asistencia a esta presentación e instruccións de uso.

Dita presentación terá lugar na Aula de Desdobres do segundo andar do instituto ás 11.30. Prégase puntualidade.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Algunhas instruccións para os usuarios rexistrados ‘autores’

Publicado o 24 Maio, 2008 na sección Dinamización de T.I.C.s, Sobre o sitio web por Alberte Zato

Cumpre lembrar aos usuarios rexistrados deste sitio web con dereitos de autoría de artigos algunhas instruccións para que estes presenten o mellor aspecto posible e non distorsionen a estrutura xeral do sitio.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

The Gimp (Descarga da aplicación)

Publicado o 6 Febreiro, 2008 na sección Curso de Tratamento de Imaxes, Dinamización de T.I.C.s por Alberte Zato
Curso de Tratamento de Imaxes
Descarga da aplicación “The GIMP”
(Ligazón de descarga sen ánimo de lucro e conforme a licencia GNU da aplicación)

Instruccións

  • O arquivo é un .exe (executable de instalación)
  • Simplemente, descárguese e gárdese no seu ordenador (por exemplo, en /Os Meus Documentos)
  • Una vez gardado, procúreo no seu lugar e clique nel para comezar o proceso de instalación.
  • O executable identifica a lingua do seu ordenador e os cadros de diálogo de instalación son explicativos dabondo. Sega a súas indicacións ata o final.
  • A primeira vez que se execute, o proceso de inicialización durará un pouco máis porque ten que ler e cargar certos arquivos do seu sistema operativo. É normal.

Este artigo está aberto a comentarios e consultas, se houbese algún problema coa instalación. Esta canle de comunicación on-line cos participantes no curso vai permanecer aberta sempre. Evidentemente, para poder enviar unha consulta ou comentario ten que ser usuario rexistrado deste sitio web. Se non é, clique aquí. Ou identifíquese aquí.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Imaxes pesadas dabondo

Publicado o 28 Xaneiro, 2008 na sección Curso de Tratamento de Imaxes, Dinamización de T.I.C.s por Alberte Zato
Curso de Tratamento de Imaxes
Simplemente, clíquese na ligazón para ver unhas imaxes demasiado pesadas e traballar con elas.
Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo