Gracias por vuestra contribución al BANCO DE ALIMENTOS y feliz año 2013

Publicado o 27 Decembro, 2012 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por CAS

 

food_bank.jpg

Imaxe:Alberte Zato

Los alumnos de CAS de 1º y 2º de Bachillerato del Instituto quieren daros las gracias a todos los que habéis colaborado en la campaña del Banco de Alimentos que ha terminado con éxito (hemos conseguido cerca de 150 kilos). En nombre nuestro y de todas las personas a las que habéis ayudado. MIL GRACIAS por vuestra contribución. Esperamos seguir contando con ella en posteriores campañas.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Premios do Concurso de Postais de Nadal 2012 da ANPA do instituto

Publicado o 21 Decembro, 2012 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

 

 Postais Dixitais

 CATEGORÍA 4º ESO/1º Bacharelato

1º PREMIO

 Arturo Irisarri

de 2º Bach B

ACCÉSIT 1

Iago Arias

de 4º de ESO A

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

 

ACCÉSIT 2

Ana Belén Vece

de 4º de ESO B

 

 CATEGORÍA 1º, 2º e 3º de ESO

1º PREMIO

 Jaime Irisarri

de 1º de ESO C

 

Postais Tradicionais

[Clíquese nás imaxes para velas a tamaño 1:1]

 CATEGORÍA 4º ESO/1º Bacharelato

1º PREMIO

 Andrea González

de 2º Bach C

1_segundacat.jpg

ACCÉSIT

Irene García

de 4º de ESO C

accesit_segundacat.jpg

 

CATEGORÍA 1º, 2º e 3º de ESO

1º PREMIO

 Laura Gutiérrez

de 1º de ESO B

1_primeiracat.jpg

 

ACCÉSIT 1

Clara Rodríguez-Toubas

de 3º de ESO A

accesit1_primeiracat.jpg

 

ACCÉSIT 2

Raquel Iglesias

de 1º de ESO A

accesit2_primeiracat.jpg

 

Parabéns a todos eles e elas!

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Actividades venres 21 de decembro

Publicado o 11 Decembro, 2012 na sección Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

 

Estimados pais/titores:

O próximo venres dia 21 de decembro de 2012 o IES do Castro suspenderá as clases ordinarias e adicará a mañán á realización de diversas actividades deportivas e culturais.

O horario será o seguinte:

1- A hora de entrada será ás 10,30 e os titores dos grupos entregarán as cualificacións da primeira avaliación nas aulas de grupo (no primeiro ciclo da ESO) ou na aula de materia do profesor titor (no caso de segundo ciclo da ESO e 1º de bacharelato).

2- Ás 11,00 darán comenzo as actividades deportivas e musicais que durarán ata as 14,00, hora en que rematará a xornada e os alumnos voltarán a casa.

 

Os alumnos deberán permanecer no centro ate as 14,00 coa excepción dos alumnos de 4º da ESO e Bacharelato que teñan autorización paterna por escrito para saír antes (en ningún caso poderán saír antes os alunos de 1º, 2º e 3º da ESO). A este respecto recordase que están a disposición do alumnado, tanto en conserxería como na web do IES do Castro, as follas oficiais de xustificación de faltas que serán as esixidas como autorización.

 

Bon Nadal e Aninovo

 

 

 

Asdo.: Ana Mª Arias

Xefa de Estudos do IES do Castro

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Campaña Banco de Alimentos

Publicado o 9 Decembro, 2012 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

 food_bank.jpg

Imaxe:Alberte Zato

Los alumnos de Creatividad Acción y Servicios (CAS) del Bachillerato Internacional del IES DO CASTRO han comenzado, por propia iniciativa, una campaña solidaria de recogida de alimentos para colaborar con el BANCO DE ALIMENTOS de Vigo y os piden vuestra colaboración en estos días:
LLEVAD AL CENTRO ALIMENTOS NO PERECEDEROS de los que os podáis desprender y entregadlos al llegar en la mesa de al lado del ascensor. Hay mucha gente pasando hambre y el Banco de Alimentos garantiza el reparto correcto y equitativo entre los necesitados. SÉ SOLIDARIO. COLABORA.EN LA CRISIS, AQUELLO DE LO QUE TÚ PUEDES PRESCINDIR RESULTA IMPRESCINDIBLE PARA OTROS.

Para más información sobre el Banco de alimentos, consúltese: http://www.bancoalimentosvigo.org/quienes-somos

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Implementación do buscador da RAG neste sitio web

Publicado o 2 Decembro, 2012 na sección Sobre o sitio web por Alberte Zato

Para facilitardes a procura de termos da lingua galega directamente dende este sitio web, vimos de implementar a <iframe> do buscador da RAG na barra lateral dereita.

Simplemente terán que teclear no campo da lupa o termo a procurares e premer na mesma ou na tecla Intro do seu teclado. Nunha nova lapela do seu navegador aparecerá o resultado da procura no sitio web da RAG.

rag.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Abrindo un debate: o uso dos móbiles nos centros escolares

Publicado o 1 Decembro, 2012 na sección Normas de organización e funcionamento por Luis Otero

mobile_phone_ban.jpg

Este artigo pode ser un bo principio do necesario debate sobre o uso de móbiles.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Excursión a Santiago de alumnado de 1º de Bacharelato

Publicado o 30 Novembro, 2012 na sección Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

tellado-grupo.JPG

Actores con escenario sobre a biblioteca da Cidade da cultura

Nesta ocasión a viaxe a Santiago non se vai centrar exclusivamente na Catedral, nas súas prazas, ruas ou a Ferradura senón que todos estes referentes da cidade van pasar a un segundo plano. As razóns para esta valoración global teñen que ser moi poderosas. E, cremos que o son despois de ter percorrido por dentro e por fóra a Cidade da cultura no lugar que  só  era un monte, O Gaiás, preto da Colexiata do Sar e do río Sarela.

Declaramos isto de antemán, porque aínda que se  pense  que a iniciativa  deste proxecto é obra dun megalómano e o seu arquitecto, un xenio, un artista e que este país non está en condicións obxectivas para soportar o mantemento, a conservación e dotar  de contidos todo o que está no proxecto, non deixa de ser unha marabilla arquitectónica e un exemplo de integración excepcional da contorna , -incompleto ata o momento.

Pois ben, foi na  mañá do día 27 de novembro cando nos presentamos no Gaias, que nos recibiu entre unha brétema espesa,  un grupo abondo numeroso de persoas dispostas a desentrañar o que de verdade e de tópico circula sobre este lugar. A primeira impresión desconcerta porque parece que estamos ás portas dunha pirámide ou dun deses templos sagrados que sorprende polo seu volume.

escultura-libros.JPG

Escultura realizada por Alicia Martín a partir do expurgo de libros

Cando iniciamos o percorrido polo exterior dos edificios, chaman a atención as formas onduladas dos tellados e os materiais que os recobren, todo é granito, de procedencias moi diversas (O Porriño, Parga, e mesmo do estado de Minas Gerais do Brasil), fachadas acristaladas, piares e columnas de tamaños considerables que soportan o peso deses materiais,e, todo isto conxugado de xeito harmónico e con distintas tonalidades (cuarcitas, mármores) e cuadrículas infinitasNo exterior hai un motivo que conxuga a funcionalidade (chemineas de gases para aire e calefacción) coa estética: as torres de John Hejduk, que, segundo se comenta gardan paralelismo coas da Catedral. O proxecto tamén inclúe unha zona verde de vexetación autóctona de 25.000 m.

fachada-museo.JPG

A fachada do Museo orientada á cidade de Santiago

O proxecto, do arquitecto Peter Eisenman, crea un novo cumio que se interpreta como unha codia pétrea en lembranza dun pregamento xeolóxico dividido por cortes naturais que evocan o motivo da vieira, incluída a cor desta. E en palabras do guía, é un espazo que reproduce o que é a cidade vella de Santiago coas instalacións propias duna acrópole  cultural.

O primeiro lugar en ser visitado foi o de servizos centrais que neste momento acolle unha exposición temporal de E. Granell e as maquetas do proxecto da Cidade. Incluso a cafetaría foi recoñecida estes días polo seu deseño cun premio a nivel internacional para este tipo de espazos, “A Cantina”. Á entrada deste bloque incorporouse unha escultura de Alicia Martín que empregou os libros dos expurgos para crear unha peza abondo chamativa.

Dúas das razóns para que a visita se realizase agora foron as seguintes. Unha,pola exposición  coñecida como GALLAECIA PETREA, e a outra, CÓDICES, ambas as dúas serán clausuradas en datas próximas.

obradoiro-grupo.JPG

Foto de familia no Obradoiro

Estas dúas exposicións acólleas o que de momento é o edificio máis grande, o museo de Galicia. Á parte da grandiosidade do edificio e que neste intre se atopa cheo  por estas dúas mostras, no futuro non será doado mantelo dado o seu tamaño e amplitude. Pero, en calquera caso, o que si podemos asegurar é que ata dentro duns días acolle esa exposición que esixe moitos metros cadrados xa que inclúe varias seccións que teñen como fío condutor a pedra no noroeste da Península (A Gallaecia), incluíndo seccións de xeoloxía, prehistoria, Roma, Medievo, Moderna e Contemporánea. Non imos ser moi prolixos, pero si podemos citar algúns exemplos sobranceiros do que alí se pode a topar: Petroglifos, miliarios, maqueta do campamento romano de Aquis Querquernis, e dando un salto á actualidade obra dos escultores Silverio Rivas, Acisclo Manzano,Manolo Paz ou Leiro, que como é sabido non se caracteriza precisamente pola súa pequenez.

Nun espazo reducido, pero moi denso, está a exposición CÓDICES, que despois deste ano de temor pola perda do Calixtino, pode verse o orixinal, xunta a outros non menos importantes como o Misal auriense (1494), primeiro libro impreso en Galicia no castelo de Monterrei, en Verín, ou a Historia compostelana, pergameo dun valor especial porque emprega como material a vitela, e que lle dá unha textura diferente aos demais.

A Biblioteca de Galicia, inaugurada hai un ano, conta con 15.000 m. cadrados  útiles e está pensada para ser a Biblioteca cabeceira de Galicia. Polo momento está a traballar na catalogación de fondos doados por institucións e particulares e quedan moitos andeis por encher,pero xa se aprecia  certa actividade.

Deixamos a Cidade da cultura cunha impresión algo cantraditoria. Por un lado,de ledicia,  e de  recoñecer o traballo arquitectónico dun grande artista, pero , por outro, certa tristeza, ao non poder ver culminada a obra para o que foi concebida e  seguramente inconclusa para un país que ten outras necesidades “vitais”.

Polo serán acóllenos o Obradoiro entre pedra, frío e choiva para ascender aos tellados da Catedral e desde alí ter unha nova visión da propia catedral e da contorna (Monte Pedroso, Monte Pío, A Alameda, San Paio de Antealtares ou San Martiño Pinario, as chemineas compostelás ou as prazas da Quintana, Praterías ou Acibecharía vense doutra maneira), despois de ter pasado polo pazo de Xelmirez que no seu día, 1981, acolleu a constitución do primeiro Parlamento de Galicia entre arcos románicos e cando aínda non existía a sede do Parlamento actual na rúa do Hórreo. Así quedou a cidade á que sempre é unha “ gloria” volver e que ese día respondía ao tópico de “Triste e soa, soa se queda Fonseca, triste e chorosa queda a Universidade”, pero tamén hai que dicilo todo;pois  saudamos a algúns exalumnos do Instituto que entraban nese momento na Facultade de Medicina e, que, dalgunha maneira dá  ánimos a algúns para seguir adiante neste LABOR.

catedral-tellado.JPG

A pesar do día gris, non impediu subir aos tellados . Ao fondo a torre da Carraca

Faremos votos por que algún día, o monte Gaiás compita como lugar de peregrinación alternativo ao  monte Libredón, onde, por outro lado, segundo algúns defenden, puideron repousar os restos de Prisciliano en vez de Santiago Apóstolo.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Resultados das eleccións para representantes no Consello Escolar

Publicado o 29 Novembro, 2012 na sección Consello escolar por Xefatura de Estudos

 

Damos a benvida aos  membros electos do Consello Escolar:

Representantes do profesorado:

- Lucía López Bejo

- Luis Otero Gutierrez

- Xoan Xosé Sande Suárez

- Xulio Dobarro Ferradas

 

Representantes do alumnado:

- José Angel Román Méndez

- Elena Cabezas Bernárdez

- Isolde Irene López-Oliver Reime

- Carmela Cardama Báez

 

Representante do persoal de administración e servicios:

- Ana García Fernández

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo