Celebracións do 20º Aniversario do IES do Castro

Publicado o 5 Maio, 2013 na sección Celebracións, Vicedirección por Alberte Zato

celebracions_20.jpg

PROGRAMA 20 ANIVERSARIO

MÉRCORES, 15 DE MAIO

19′00  LURDES  PRESENTA  A GUÍA DAS ÁRBORES DO IES DO CASTRO

CHARLA DA HISTÓRICA PROFESORA DE HISTORIA CARMEN PUEYO, “MELELA”.

21′30 CEA  NÁUTICO

(Estas dúas actividades son para profes xubilados e en activo e para PAS xubilados e en activo)

23′30-24′00 COPAS NO TQM  (prezo especial 3€) (Esta actividade é tamén  e sobre todo para ex-alumnos/as)

XOVES, 16 DE MAIO

RAPSODAS DE PDC RECITAN A ROSALÍA POLAS AULAS DE 3º E 4º

RECITAL DE POESÍA CLASICA EN GALEGO DE 1º D PARA  1º BAC.

TEATRO LIDO  PARA 1º CICLO

ROTULACIÓN DE ÁRBORES DE AXENDA 21 (3º ESO)

FINAL DO TORNEO DE FUTBOL

MAIOS E COPLAS

COMIDA CAMPESTRE CON POLBEIRA E GAITEIRAS

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Visita no instituto a exposición fotográfica “20 Anos de IES do Castro”

Publicado o 14 Febreiro, 2013 na sección Celebracións, Zona Alumnado, Galería fotográfica por Alberte Zato

20_anos_exposicion.jpg

 Porque ti fuches protagonista e seguro que estás alí

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Entroido 2013: Ampla reportaxe gráfica

Publicado o 10 Febreiro, 2013 na sección Celebracións, Zona Alumnado, Actividades por Alberte Zato

entroido213.jpg

 Para ver as fotos da reportaxe e gardalas individualmente: Clicando en “Ver 1:1″ e logo co botón dereito do rato sobre a imaxe, “Gardar imaxe como…”

[As imaxes teñen unha resolución de 1000 px e 300 dpi, co cal a súa impresión será bastante aceptable]

Clique na imaxe debaixo

web_fotos_entroido.jpg

Se soamente quere ver as fotos, pode facelo nun visor, que permite velas a pantalla completa -pulse el rectángulo blanco nos controis do visor na esquina superior dereita-.

Pode visualizar as fotos de forma manual ou automática -use as frechas brancas dos mesmos controis-.

Pode deshabilitar o son poñendo o seu nivel a cero deslizando o cursor do rato hacia á esquerda sobre o controlador na esquina superior dereita do visor.

Clique na cámara debaixo

entroido2013_camera.png

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Andaina ao monte Aloia

Publicado o 3 Xuño, 2012 na sección Celebracións por Xulio Dobarro

 Nesta primavera abondosa en choivas e que invita a mergullarse na natureza, o pasado trinta de maio, o alumnado de primeiro  de Bacharelato aparcou por unhas horas os libros e os cadernos para enfundarse en calzado de montaña e roupa adecuada para iniciar unha andaina, xa popular, desde a localidade de Vincios ata o monte Aloia.

morgadans.JPG

ÁREA DE DESCANSO CON BANCOS E AUGA ABONDOSA EN MORGADÁNS

A primeira etapa da andaina transcorre con normalidade e lévanos ata os montes veciñais de Morgadáns,onde aínda hoxe é doado ver pastar cabras, vacas e cabalos polo monte aínda que a vexetación abondosa de piñeiros e eucaliptos dificulte  o aproveitamento dos pastos.

prado.JPG

SEGUNDA ETAPA DESPOIS DE PASAR PRADO

Despois de deixar o Galiñeiro á nosa esquerda e observar algún que outro atentado á natureza coas canteiras a ceo aberto que están modificando a paisaxe de xeito irreversible e algún núcleo de poboación que, moi na liña galega do feísmo, se atopan ao londo do itinerario, xa se empezan a insinuar as estribacións do Aloia.

san-xiao.JPG

Antes de desfrutar desta imaxe de felicidade algúns tivemos que sufrir a dureza das condicións do terreo, cun desnivel considerable, maís ben para aqueles que non estamos moi acostumados a estas xeiras na natureza. O esforzo mereceu a pena e tamén para poñer a proba as nosas posibilidades físicas para este tipo de actividades. Agardamos volver.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Homenaxe a Celso Emilio

Publicado o 15 Maio, 2012 na sección Celebracións por Xulio Dobarro

celso-4.JPG

Á ENTRADA DO INSTITUTO DE CELANOVA

HOMENAXE AOS POETAS DE CELANOVA

9 DE MAIO DE 2012

 

Con este humilde ramallo, engarzado con poliñas de oliveira, ombú e unhas roseiras,todas elas cortadas no día de onte no xardín do Instituto do Castro, queremos sumarnos ás múltiples homenaxes que, no centenario do nacemento de CELSO EMILIO FERREIRO, se lle van tributar ao poeta nacido en Celanova en 1912.

 

Explicaremos por que escollemos estas tres plantas. A oliveira por ser a árbore coa que se identifica a nosa cidade, Vigo, e que foi tamén a de Celso Emilio; o ombú ou árbore da bela sombra, que tamén é a árbore nacional de Arxentina, e que evoca a acedume da emigración do poeta e de Galicia en xeral,motivo polo cal tamén hai un exemplar na casa da Matanza en Padrón ou casa-museo de Rosalia, e, por último, as roseiras, como símbolo universal do amor e da paixón que están presentes en todos os poetas,chámense Curros Enríquez, Celso Emilio ou Méndez Ferrín.

 

A todos eles grazas pola súa obra e que as súas ensinanzas prendan nas novas xeracións.

 

ALUMNADO DE 3º DA ESO DO IES DO CASTRO DE VIGO

torre-roseira.JPG

DESDE VILANOVA DOS INFANTES CON CARIÑO PARA QUEN O VEXA

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Viaxe centenaria a Celanova

Publicado o 13 Maio, 2012 na sección Celebracións por Xulio Dobarro

celso-2.JPG

DIANTE DO BUSTO DE CELSO EMILIO.MATEO LE O MANIFESTO E CELIA DEPOSITA O RAMALLO

Non é esta a centésima vez que viaxamos á Baixa Limia e ás terras de Celanova, pero si é unha viaxe centenaria porque este ano, a diferenza dos anteriores, incluíase no programa un acto de homenaxe ao poeta de Celanova,Celso Emilio Ferreiro, por ter nacido nesta vila no ano 1912. Pois ben, como en edicións anteriores, a lexión de alumnado de 3º da ESO, o pasado día nove de maio de boa hora -aínda que sempre hai alguén que para desgraza dos demais retrasa a saída- con ameazas de tormenta, raxeira e choivas, encamiñouse cara ao sur ourensán ao parque natural da Peneda-Xurés na Baixa Lima, concello de Lobios

NOS MILIARIOS, A PUNTO DE INICIAR A ANDAINA POLA VIA ROMANA

miliarios-1.JPG

Despois de realizar unha parada técnica no balneario de Riocaldo, chégase ata o lugar coñecido como dos Miliarios -porque aquí se concentraron varios exemplares- para iniciar unha andaina pola Vía Nova ou Vía XVIII que unía Braga con Astorga, e poder desfrutar dun espectáculo de colores e olores dunha floresta espectacular de érbedos, urces, xestas, así como dos sons de augas torrenciais que baixan pola aba da montaña dando lugar ás fervenzas espectaculares de Corga da Fecha ou outras menos caudalosas pero non por iso menos importantes polo que colaboran ao caudal do río, que este ano leva arrastrado xabre e rochas a ambas beiras e mesmo impedindo o paso por algúns dos lugares polos que habitualmente se soía transitar con facilidade. Ao chegarmos á zona recreativa de Riocaldo, agárdanos como sempre o ansiado baño nas augas termais que este ano non resulta doado combinar coas do río polo caudal e a friaxe das mesmas. A segunda etapa acércanos ata o encoro das Conchas, logo de deixar á nosa esquerda o templo de Santa Comba de Bande, xoia arquitéctonica da arte visigótica en Galicia, e ofrecernos o concello de Bande a posibilidade de visitar o centro de interpretación de Aquis Querquennis, visitar a exposición permanente e completar a información cun pase audiovisual sobre a Vía Nova. No exterior agárdanos o mar interior do encoro das Conchas que non submerxiu as excavacións do campamento romano nin da mansión romana alí conservados. Entre muros,arxila e arcos de medio punto, por onde hai vinte séculos se paseaban lexionarios e cabalos romanos, aproveitamos para repoñer forzas cando xa o sol se impuxo á choiva. Como case toda a xornada, a fume de carozo, subimos ao alto do Vieiro (850 m) para descender ao val de Celanova e saudar en primeiro lugar os bustos de Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, e renderlle a este a nosa homenaxe particular. A visita obrigada ao mosteiro de San Salvador de Celanova, fundado por San Rosendo, e que ten acollido entre as súas paredes multitude de servizos á vila -uns máis gratificantes que outros, por exemplo cando foi prisión e Celso Emilio sufriu a frialdade daquelas pedras que logo darían lugar ao famoso poemario Longa noite de Pedra- , serve para descubrir a magnitude deste mosteiro e das xoias que garda no interior: claustro barroco, capela de San Miguel (mozárabe), o retábulo ou o órgano, este case único en España e do que algúns puideron escoitar algunhas notas interpretadas pola organista responsable.

bano.JPG

BAÑO NAS AUGAS TERMAIS DE RIOCALDO

A denominación de Celanova como “terra de poetas” queda probada coa visita á que foi a casa natal de M. Curros Enríquez e que hoxe acolle a fundación Casa dos poetas para renderlles tributo aos mortos e tamén aos vivos, que, como no caso de X. Luis Méndez Ferrín, á parte da súa contribución narrativa a esta comarca con Arraianos, preside a Real Academia Galega. Non podiamos deixar de visitar o lugar que serviu de inspiración a Curros Enríquez para recoller a lenda de tradición mariana da virxe do Cristal, Vilanova dos Infantes, lugar que segundo a tradición tería grandes zapateiros, panadeiros e músicos e que na actualidade acolle unha feira de artesanía todos os 17 de maio, coincidindo coas Letras galegas. Aquí, agárdanos o crego da parroquia que custodia a imaxe da virxe,e sempre moi atento llela mostra aos interesados rapaces e á vez sorprendidos polo seu diminuto tamaño, mentres a sombra da torre de homenaxe do antigo castelo vixía as terras de Celanova co seu Castromao altivo e as lonxanas Martiñá, Larouco ou montes do Furriolo. A volta á cidade realízase polo interior salvando a canle do Miño por Cortegada e coa firme vontade de que o próximo curso se poida voltar, e se alguén pensa doutro xeito que saiba que sempre estará presente no noso corazón.

muino-2.JPG

O MUÍÑO AO PÉ DO RÍO CALDO, PEGADA DOUTROS TEMPOS

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo