Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego

Publicado o 3 Marzo, 2010 na sección Remitido, Normalización e Dinamización Lingüística por Alberte Zato

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

 

A CGENDL vén de presentar publicamente esta semana Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego, unha campaña que pretende transmitir no seo da comunidade educativa, e no conxunto da sociedade, un sentimento de orgullo pola lingua propia como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía, o credo ou a idade de cadaquén. Dende a CGENDL consideramos que a lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo. E esa é unha das mensaxes que, no momento en que estamos, cremos que hai lanzar á sociedade.

Na páxina da campaña (http://www.coordinadoraendl.org/orgullo) explícanse polo miúdo a iniciativa e as vías de participación nela. Para calquera consulta, non dubidedes en enviar os vosos correos a correo@coordinadoraendl.org.

Como se pode participar dende os centros escolares?

  1. Envío de vídeos e textos “orgullosos”:

Ao igual que un grupo de personalidades da cultura galega expresan o seu orgullo e a utilidade do galego nos dous vídeos de lanzamento, animámosvos a gravar vídeos e redactar textos nos que se exprese ese orgullo de contarmos co galego. E animámosvos a enviárnolos para seren compartidos na web. Isto non é un concurso, isto é unha campaña colaborativa feita entre todos e todas, unha pequena gran obra colectiva, o importante é participar, traballar co alumnado e lanzar esa mensaxe orgullosa. A creatividade está na comunidade educativa e as dificultades técnicas están aí para lles facer fronte: cunha cámara, un móbil ou calquera dispositivo audiovisual podedes elaborar o voso traballo.

  1. Difusión do material gráfico da campaña:

Na web ponse á disposición de todos os ENDL e do profesorado un material gráfico (camisetas, chapas, carteis, adhesivos, etc.) que se pode descargar de balde para a súa distribución. Igual que nos gustaría corresponder con agasallos e gratificar a participación aínda que fose humildemente, a CGENDL non posúe recursos de ningún tipo para editar e distribuír este material nos centros educativos. Isto depende de cada equipo mais emprazámosvos a poñervos en contacto con centros do voso contorno para editalo conxuntamente e reducir os custos, como xa se está facendo en diferentes puntos do país.

Así mesmo, pedímosvos a vosa xuda para difundir a campaña a través das webs e blogues dos centros e dos ENDL: dando conta da iniciativa, colgando os vídeos, convidando os contactos a coñecela (pódese enviar un correo dende a propia web), proxectando no colexio ou no instituto os vídeos, animando os compañeiros e o alumnado a sumarse á campaña nas redes sociais, etc.

Canle en Youtube: http://www.youtube.com/user/CGENDL

Canle en Vimeo: http://vimeo.com/coordinaendl

Grupo no Facebook: “Nós tamén estamos orgullos@s do galego”

Eventos no Tuenti: “Orgullos@s do Galego”

Consello Directivo

Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Felicitación da Coordinadora ENDL

Publicado o 21 Decembro, 2009 na sección Remitido, Normalización e Dinamización Lingüística por Alberte Zato

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

http://www.coordinadoraendl.org/videos/nadal.swf

www.coordinadoraendl.org

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

III Concurso de Felicitacións de Nadal´09

Publicado o 7 Decembro, 2009 na sección Remitido, Zona ANPAs por Alberte Zato

 concurso_nadal_09.jpg

A Asociación de nais e país do alumnado (anpa) DO IES O CASTRO CONVOCA O

 

III CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL´09

a) FELICITACIÓNS INFORMATIZADAS (en powerpoint, flash, …)
b) FELICITACIÓNS TRADICIONAIS (formato papel)

2 CATEGORÍAS: 1º, 2º, e 3º da ESO 4º da ESO, 1º e 2º BACHARELATO

PREMIOS: 50 € en metálico por modalidade e categoría

Bases:
1. poderanse presentar traballos individual e/ou colectivamente
2. deberán ser traballos orixinais, e en galego
3. nalgún lugar deberá aparecer o nome “IES O Castro de Vigo” (encabezado, pé de páxina, no contido da felicitación, etc.)
4. as felicitacións tradicionais faranse nun formato non superior a 21×14 cm
5. o xurado poderá declarar deserto calquera premio se estima que non se acada un nivel mínimo de calidade ou orixinalidade.
6. os traballos presentados poderán ser expostos nas instalacións do centro e na web do instituto
7. o prazo de presentación dos traballos rematará o 17 de decembro ás 17:00 horas, e o fallo do xurado producirase o dia seguinte.
8. os traballos serán entregados no buzón da ANPA (modalidade B ou disco en modalidade A) e/ou no correo electrónico anpaiesocastro@hotmail.com (so modalidade A), indicando os seguintes datos: nome(s) e apelidos, e curso.
Constituirase un xurado composto por membros da ANPA e do profesorado do Instituto que serán os que decidirán os traballos premiados.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Remitido: Posición de organizaciones sobre a consulta familiar sobre o Galego

Publicado o 11 Xuño, 2009 na sección Remitido, Zona Alumnado, Zona ANPAs, Normalización e Dinamización Lingüística, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

As organizacións con presenza no ámbito da educación abaixo asinantes, ante o anuncio da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria de realizar unha consulta nos centros educativos en relación co uso do galego, queren transmitir á comunidade educativa e á sociedade galega no seu conxunto as seguintes cuestións:

1. Esta é unha consulta, deseñada á marxe da comunidade educativa, carente de rigor na metodoloxía de distribución e no procesamento de datos, e sen garantías para a intimidade das persoas e a protección de datos de carácter persoal.

2. O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade de todas as forzas políticas con representación no Parlamento Galego en 2004 (PP, PSOE e BNG), é un punto de encontro na definición dos obxectivos para o ámbito educativo. O Decreto 124/2007, de 28 de xuño, recolle este acordo do Parlamento Galego dándolle carácter normativo e a súa legalidade foi avalada por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta norma pretende garantir unha competencia similar en galego e en castelán.

3. O obxectivo de que ao remate do ensino obrigatorio os nenos e as nenas sexan plenamente competentes nas dúas linguas oficiais non pode conseguirse con menos do 50% das materias impartidas en galego. Coa enquisa que se envía aos centros o mantemento deste equilibrio tan só se garantiría marcando a resposta “en galego” ou “todo en galego”.  Esta opción non se refire á totalidade do ensino, senón ás materias que habería que impartir hoxe en galego –o 50%- xa que a enquisa non recolle a opción de que todas as materias, agás as linguas, poidan ser impartidas en galego.

 

CIG · CCOO · CSI-CSIF · FETE-UGT · STEG · CAE · ASPG · Nova Escola Galega · Asociación de Directores e Directivos de IES de Galicia · Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra · Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística · A Mesa pola Normalización Lingüística

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo