Proxectos CAS

Publicado o 12 Febreiro, 2009 na sección Sen categorizar por Isabel Flores

NOVAS DE CAS

O alumnado do Programa do Diploma ten iniciado este curso o seu programa de Actividades CAS con entusiasmo e creativa participación.

Logo dalgunhas sesións de concienciación e investigación sobre o significado e os requerementos das actividades, o alumnado puxo en marcha unha serie de interesantes proxectos, autoiniciados nunha boa parte, varios deles influíndo na vida do propio centro e algún colaborando coa comunidade que nos rodea.

Os proxectos contan coa colaboración ou asesoría de distintos departamentos segundo corresponda. En calquera caso, o traballo do alumnado debe estar supervisado por persoal do propio centro, ou no caso de colaboración con outras entidades ou institucións, por algunha persoa que forme parte das mesmas.

Proxectos xa realizados

Final do primeiro trimestre: organización da FESTA DE INVERNO, con actividades varias:

- karaoke - actuación de maxia - monólogo teatral

cas-006.jpg

cas-027.jpg

- torneo de xadrez - xogos tradicionais

torneo axedrez

- entrega de premios do concurso de relatos do Dpto de Lingua Galega e do concurso de felicitacións de Nadal da ANPA

entrega diplomas

Diplomas

Final do primeiro trimestre: colaboración de voluntarias no VII Rastrillo de HUMI, realizado nos locais da parroquia da Soedade. HUMI é unha ONG de desenvolvemento, con raíces en Vigo, que realiza diversas actividades na cidade para recaudar fondos para os seus proxectos en Zambia.

http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2841_2_105375__

Gran_Vigo-Humi-organiza-rastrillo-solidario-para-sumar-fondos-para-mision-Africa

 

HUMI1

 

dsc00415-preparando-rastrillo-entre-todos.JPG

Vacacións de Nadal: colaboración dun grupo de 4 alumnos e alumnas, realizando traballo de voluntariado na IV edición de VIGOLANDIA, actividade lúdica que, ofrecendo diversión ás familias, recauda fondos para entidades e asociacións que traballan a favor de persoas discapacitadas.

http://www.ifevi.com/index.php?id_noticia=20

27122008001.jpg

 

 Mes de xaneiro: todo o alumnado participou no PROGRAMA VIVE en defensa do monte galego (As Sinas, 15-18 xaneiro 2009)

A maioría das persoas participantes están moi satisfeitas coa súa participación no programa, e consideran que esta experiencia de aprendizaxe aportou moitas ideas útiles para ás súas vidas e resultou moi enriquecedora.

012


  • En concreto prácticamente todas as persoas salientan as seguintes áreas de aprendizaxe:
  • Orientación (lectura de mapas, compás, etc)
  • Medioambiental e de métodos de traballo conservacionista/ ecoloxista
  • Datos sobre o monte galego/ os montes, en xeral
  • Técnicas de traballo forestal (habilidades manuais)
  • Xestión forestal (así como valor económico e medioambiental do monte galego)

(algunhas persoas, que comentan que a súa familia ten parcelas de monte, síntense capacitadas para comprender e influír na súa xestión)

  • Traballo en equipo e convivencia/respecto (+tolerancia con persoas/ideas diferentes –empatía)
  • Sentido de servizo e responsabilidade social

vive2

imagen-065.jpg


Algunhas persoas citan estes aspectos:

  • Separación de residuos

(o proxecto de reciclaxe no centro, en fase de preparación no mes de xaneiro, resultou reforzado coa experiencia en VIVE)

  • Solidariedade

 

imagen-136.jpg

imagen-132.jpg

Tamén se citaron os seguintes aspectos por parte dalgunha persoa:

Outros proxectos que se están a realizar:

-2 programas de apoio lingüístico a alumnado do propio centro, tamén hai outro máis en preparación. Con asesoría dos Dpto de Galego, Inglés, e Orientación.

-1 proxecto de mediación: alumnado que ten realizado un curso previo en anos anteriores e forma parte do equipo de mediación do centro, en breve vai participar xunto co orientador do centro nun programa de formación para alumnado. Con asesoría do Dpto de Orientación.

-Recuperación de tradicións, en colaboración co C.C. de Herville, Mos.

-Torneo interno de baloncesto, durante os recreos, para alumnado de 1º-2º-3º ESO, con asesoría do Dpto de E.F.

Xa hai algúns outros proxectos en fase de preparación e estudo, con asesoría de diversos departamentos, de cara a próximos períodos. Unha boa parte deles, ten como obxetivo o servizo á nosa comunidade educativa, á par que a aprendizaxe experiencial que corresponde ás actividades CAS.

Na realización dalgún proxecto, xa se contou coa excelente e desinteresada colaboración dalgún alumno e alumna que non está cursando o Programa do Diploma. Seguimos animando á súa participación cando o desexen.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo