Proceso de admisión de alumnado para o curso 2026/27: DOCUMENTACIÓN E REQUISITOS

SOLICITUDES DE ADMISIÓN
CURSO 2026/2027
PRAZO: do 1 ao 20 de MARZO
DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE DE ADMISIÓN:
▪ Solicitude asinada por calquera dos/as titulares da patria potestade, descargable dende https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado
▪ Anexo bis II asinado pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora.
▪ Fotocopias DNI de todos os membros da unidade familiar.
▪ Copia do libro de familia ou equivalente.
▪ Xustificante de estar matriculado/a actualmente.
DE SER O CASO, A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:
▪ Volante de empadroamento familiar, con 1 ano de antigüedade. Se a residencia foi inferior a 1 ano deberá achegar ademais a escritura de compra, contrato de alugamento ou o título que lexitima a ocupación da vivenda con 1 ano de antigüedade.
▪ Renda: Debe consignarse a cantidade que figura nas casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro) do ano 2024. De non autorizar a consulta deberá presentar fotocopia desta.
▪ O alumnado que solicite praza para 1º BACHARELATO deberá presentar o certificado de notas de 3º ESO.
▪ Se solicita unha praza NEAE: Documentación xustificativa.
▪ Por condición de familia numerosa: Copia do do libro de familia numerosa.
▪ Por discapacidade: Certificado de discapacidade, só si é de fora da Comunidade Automómica Galega
▪ No caso de familia monoparental: Fotocopia do documento acreditativo.
▪ No caso de familias separadas: Sentenza do divorcio ( só a folla onde consta a custodia do/a menor)
IMPORTANTE
Artígos 7.2 e 7.3 da Orde do 21 de outubro de 2022:
▪ “ A falta de emenda das deficiencias detectadas na solicitude impedirá participar no procedemento de baremo dos criterios de admisión alegados”
▪ “A falta ou insuficiente acreditación dun criterio impedirá a súa valoración para os efectos de fixar a puntuación determinante da orde de prelación”
Estas instruccións son descargables en .pdf

instruccions-solicitudes-curso-26_27.pdf
instrucciones_castellano_-solicitudes-curso-26_27.pdf
Imprimir este Artigo









