Proceso de admisión de alumnado para o curso 2026/27: DOCUMENTACIÓN E REQUISITOS

Publicado o 24 Febreiro, 2026 na sección * Proceso de admisión de alumnado para o curso 2026/27, Avisos urxentes, Secretaría por Alberte Zato

reserva_praza.png

 

 SOLICITUDES DE ADMISIÓN

CURSO 2026/2027

 PRAZO: do 1 ao 20 de MARZO

DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR Á SOLICITUDE DE ADMISIÓN:

▪ Solicitude asinada por calquera dos/as titulares da patria potestade, descargable dende https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

▪ Anexo bis II asinado pola outra persoa proxenitora, titora ou acolledora.

▪ Fotocopias DNI de todos os membros da unidade familiar.

▪ Copia do libro de familia ou equivalente.

▪ Xustificante de estar matriculado/a actualmente.

DE SER O CASO, A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:

▪ Volante de empadroamento familiar, con 1 ano de antigüedade. Se a residencia foi inferior a 1 ano deberá achegar ademais a escritura de compra, contrato de alugamento ou o título que lexitima a ocupación da vivenda con 1 ano de antigüedade.

▪ Renda: Debe consignarse a cantidade que figura nas casiñas 435 (base impoñible xeral) e 460 (base impoñible do aforro) do ano 2024. De non autorizar a consulta deberá presentar fotocopia desta.

▪ O alumnado que solicite praza para 1º BACHARELATO deberá presentar o certificado de notas de 3º ESO.

▪ Se solicita unha praza NEAE: Documentación xustificativa.

▪ Por condición de familia numerosa: Copia do do libro de familia numerosa.

▪ Por discapacidade: Certificado de discapacidade, só si é de fora da Comunidade Automómica Galega

▪ No caso de familia monoparental: Fotocopia do documento acreditativo.

▪ No caso de familias separadas: Sentenza do divorcio ( só a folla onde consta a custodia do/a menor)

 

IMPORTANTE

Artígos 7.2 e 7.3 da Orde do 21 de outubro de 2022:

▪ “ A falta de emenda das deficiencias detectadas na solicitude impedirá participar no procedemento de baremo dos criterios de admisión alegados”

▪ “A falta ou insuficiente acreditación dun criterio impedirá a súa valoración para os efectos de fixar a puntuación determinante da orde de prelación”

 

Estas instruccións son descargables en .pdf

pdf2.png

instruccions-solicitudes-curso-26_27.pdf

instrucciones_castellano_-solicitudes-curso-26_27.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Proceso de admisión de alumnado para o curso 2026/27: OFERTA DE PRAZAS VACANTES

Publicado o 23 Febreiro, 2026 na sección * Proceso de admisión de alumnado para o curso 2026/27, Avisos urxentes, Secretaría, Dirección por Alberte Zato

reserva_praza.png

 

OFERTA DE PRAZAS VACANTES

 [Clique nas imaxes para velas a tamaño 1:1]

 

oferta-prazas-26-27_1.jpg

oferta-prazas-26-27_2.jpg

Ou descargue o documento completo en .pdf

pdf2.png

prazas-vacantes-26-27.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Proceso de admisión de alumnado para o curso 2026/27: DATAS

Publicado o 23 Febreiro, 2026 na sección * Proceso de admisión de alumnado para o curso 2026/27, Avisos urxentes, Secretaría por Alberte Zato

reserva_praza.png

 

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2026/2027

 


• CENTRO ADSCRITO: CEP Dr. FLEMING

TODO O ALUMNADO DO COLEXIO DR. FLEMING QUE SOLICITÓ PRAZA PARA O CURSO 2026/2027 NO IES DO CASTRO ESTÁ ADMITIDO 

• Publicación da listaxe de alumnado con posto reservado: 23 de febreiro.

• Fin renuncias reserva no centro adscrito: 28 de febreiro.

•  Publicación de postos escolares vacantes no taboleiro do centro e na páxina web: antes do 1 de marzo.

•  Prazo de presentación das solicitudes no primeiro centro solicitado, a través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado : do 1 ao 20 de marzo, ou presencialmente no centro do 2 ao 20 de marzo.

•  Prazo de presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo: do 23 de marzo ao 7 de abril.

(só se é maior a demanda que a oferta de prazas avisarase na web do centro o día 23 de marzo. No caso de publicarse “cero” prazas o baremo será obrigatorio).

•  Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: 27 de abril.

•  Reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles dende a publicación: 27 de abril a o 4 de maio.

•  Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: 15 de maio.
As persoas interesadas en realizar impugnacións as listaxes definitivas, poderán presentar recurso de alzada. Prazo de 1 mes contado dende o día seguinte a sua publicación. A resolución da persoa titular da Xefatura Territorial porá fin a vía administratíva.


Formalización da matrícula na ESO e no Bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

(no caso de non formalizar a matrícula neste prazo pérdese a praza) 

 


• Presentación de solicitudes fóra de prazo: do 23 de marzo ao 31 de agosto.
Preferentemente antes do 25 de abril, data na que saen as listaxes provisionais.

•  Prazo de admisión extraordinaria (segundo o artigo 45 da orde do 21 de outubro de 2022, DOG do 8 e novembro) a partir do 1 de setembro.

Descarga da información en .pdf

pdf2.png

datas-proceso-de-admision_26_27.pdf

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Baremo aprobado para a adxudicación de prazas de probas de Certificación Lingüística 2026

Publicado o 3 Febreiro, 2026 na sección Documentos, +++Documentos e formularios de interese, Lingua Inglesa por Alberte Zato

english1.jpg

 Segundo a resolución do 14 de outubro de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos dependentes da consellería de cultura, educación, formación profesional e universidades durante o curso 2025/2026, o Consello Escolar do IES do Castro aprobou o baremo aprobado para a adxudicación de prazas de probas de Certificación Lingüística 2026 recollido no documento de proposta que se ofrece a continuación:

pdf2.png

baremo-aprobado-para-adxudicacion-de-prazas-para-probas-de-certificacion-linguistica-2026.pdf

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo