Calendario de exames de setembro 2013

No seguinte documento pdf pódese consultar o calendario dos exames de setembro 2013:

Teclee debaixo no campo da lupa o termo a procurares e prema na lupa ou na tecla Intro do seu teclado




No seguinte documento, podedes atopar o BOE coa convocatoria para solicitar becas para realizar estudos postobrigatorios no curso 2013-14. Atentos todos os que ides comezar a vosa andaina universitaria….

Imprimir este Artigo

No seguinte documento pdf pódese consultar o calendario dos exames de setembro 2013:

Imprimir este Artigo

No seguinte documento pdf podese consultar o calendario de fin de curso:
calendario-fin-de-curso-alumnado-2012-13.pdf
Imprimir este Artigo

Só se pode matricular o alumnado que superou o 2º curso de bacharelato.
A matrícula hai que facela na secretaría do IES do CASTRO: o luns 27 e o martes 28 de maio, de 9 a 13:00 horas.
Antes de matricularse farase o depósito do TÍTULO DE BACHAREL.
– Hai que recoller en secretaría o impreso de TAXAS AUTOLIQUIDACIÓN, facer o ingreso que corresponda nunha entidade bancaria e facer o depósito de título no momento de formalizar a matrícula das probas de selectividade.
|
TAXAS |
– ORDINARIA |
49,82 € |
| – FAMILIA NUMEROSA 1ª |
24,94 € |
|
| – FAMILIA NUMEROSA 2ª e HONRA |
GRATUÍTA |
Documentación necesaria para a matrícula das PAU:– Fotocopia do DNI ou Pasaporte sen recortar.
– Xustificante (folla amarela e rosa) de ter aboadas as taxas de matrícula e documentación que acredite, se é o caso, a exención das mesmas.
– Formulario de solicitude de opcións do bacharelato polas que concorre ás PAU debidamente cuberto.
– Fotocopia da tarxeta (vixente) de familia numerosa para o alumnado que alegue esta circunstancia.
– Fillos de funcionarios das Universidades de Galicia: Certificación dos servizos de persoal, e fotocopia do Libro de Familia para xustificar que son fillos de funcionarios.
» NOTA: todas as fotocopias deberán vir acompañadas dos orixinais para facer as compulsas.
| TAXAS DE MATRÍCULA das PAU | |
| Matrícula ordinaria: | 63,67 euros |
| Familia numerosa de 1ª categoría: | 31,84 euros |
| Familia numerosa de 2ª categoría e Honra: | 0,00 euros |
| Persoal docente e de administración e servizos, así como o seu cónxuxe e fillos, das tres universidades do SUG: | 0,00 euros |
O día 3 de xuño o alumnado deberá revisar no centro os datos contidos nas listaxes provisionais de matriculados (e facer a reclamación pertinente se fora o caso antes das 14h).
Máis información nos taboleiros, na secretaría do instituto, no blogue do Departamento de Orientación ou na páxina WEB da CIUG.
Datas dos exames:12,13 e 14 de xuño, na Facultade de Traducción e Interpretación.
NOTA: O alumnado que non se presente ás probas de selectividade pero que queira acceder a un ciclo superior deberá realizar o depósito do título obrigatoriamente.
Imprimir este Artigo

No seguinte documento pdf tedes as recomendacións enviadas pola CIUG para a realización das probas de selectividade:

Imprimir este Artigo

O día 23 de maio pola tarde, terán lugar as avaliacións finais dos grupos de 2º Bach. Ao remate das mesmas, en torno ás 21h, faranse públicas as actas das avaliacións, e todo o alumnado poderá comprobar as súas cualificacións. Os boletíns, coas cualificacións finais, pódense recoller en secretaría.
O venres, día 24 de maio ás 10:00h, haberá unha reunión informativa sobre as probas de selectividade na aula de conferencias, a cargo do profesor D. Angel Núñez e do orientador do instituto D. Roberto Pérez.
As reclamacións sobre as cualificacións finais deberán seguer o protocolo que aparece descrito a continuación:
RECLAMACIÓNS 2º CURSO DE BACHARELATO
Lémbrase ó alumnado que non estea conforme coa súa cualificación que o procedemento a seguir é o seguinte:
-1ª Instancia: pedir ó/á profesor/a da asignatura a revisión do seu exame no seguinte prazo: Venres, 24 de maio de 10:00 a 14:00 horas.
- 2ª Instancia: En caso de disconformidade coa reclamación realizada ó/á profesor/a da asignatura o alumnado poderá facer unha reclamación ó Departamento, segundo modelo oficial, no seguinte prazo: Venres e luns, 24 e 27 de maio, ata as 14:00 horas.
As resolucións das reclamacións faranse: o martes, 28 de maio, ás 12:00 horas.
- 3ª Instancia : en caso de disconformidade coa resolución do Departamento o alumnado poderá presentar reclamación ante a Comisión de Supervisión da Consellería de Educación e Ordenanción Universitaria o luns día 3 de xuño.
As resolucións das reclamacións chegarán ó Instituto o venres día 7 de xuño.
Vigo, 15 de Maio de 2.013
A Dirección do IES do Castro
Lémbrase a todo o alumnado de 2º de bacharelato que ten que entregar as chaves das taquillas en conserxería.
Imprimir este Artigo

Recordamos ós membros da comunidade educativa do IES do Castro que o próximo luns 22 de abril o Centro permanecerá pechado, por ser este un dos días de libre disposicición escollido como non lectivo polo Claustro do Centro e autorizado pola Xefatura Territorial de Educación.
Imprimir este Artigo
![]() |
||
| Materia | Día | Hora |
| Economía | Mércores, 24 de Abril | 16:30 h |
| Filosofía e Cidadanía | Xoves, 25 de Abril | 16:30 h |
| Física e Química | Martes, 23 de Abril | 16:30 h |
| Grego I | Martes, 23 de Abril | 16:30 h |
| Hª do Mundo Contemporáneo | Martes, 23 de Abril | 16:30 h |
| Inglés I | Luns, 6 de Maio | 18:15 h |
| Latín I | Martes, 30 de Abril | 16:30 h |
| Lingua Castelá e Literatura I | Xoves, 18 de Abril | 16:30 h |
| Lingua Galega e Literatura I | Xoves, 2 de Maio | 17:00 h |
| Matemáticas Aplicadas I | Martes, 30 de Abril | 16:30 h |
| Matemáticas I | Martes, 30 de Abril | 16:30 h |
Imprimir este Artigo