
O día 23 de maio pola tarde, terán lugar as avaliacións finais dos grupos de 2º Bach. Ao remate das mesmas, en torno ás 21h, faranse públicas as actas das avaliacións, e todo o alumnado poderá comprobar as súas cualificacións. Os boletíns, coas cualificacións finais, pódense recoller en secretaría.
O venres, día 24 de maio ás 10:00h, haberá unha reunión informativa sobre as probas de selectividade na aula de conferencias, a cargo do profesor D. Angel Núñez e do orientador do instituto D. Roberto Pérez.
As reclamacións sobre as cualificacións finais deberán seguer o protocolo que aparece descrito a continuación:

RECLAMACIÓNS 2º CURSO DE BACHARELATO
Lémbrase ó alumnado que non estea conforme coa súa cualificación que o procedemento a seguir é o seguinte:
-1ª Instancia: pedir ó/á profesor/a da asignatura a revisión do seu exame no seguinte prazo: Venres, 24 de maio de 10:00 a 14:00 horas.
- 2ª Instancia: En caso de disconformidade coa reclamación realizada ó/á profesor/a da asignatura o alumnado poderá facer unha reclamación ó Departamento, segundo modelo oficial, no seguinte prazo: Venres e luns, 24 e 27 de maio, ata as 14:00 horas.
As resolucións das reclamacións faranse: o martes, 28 de maio, ás 12:00 horas.
- 3ª Instancia : en caso de disconformidade coa resolución do Departamento o alumnado poderá presentar reclamación ante a Comisión de Supervisión da Consellería de Educación e Ordenanción Universitaria o luns día 3 de xuño.
As resolucións das reclamacións chegarán ó Instituto o venres día 7 de xuño.
Vigo, 15 de Maio de 2.013
A Dirección do IES do Castro
Lémbrase a todo o alumnado de 2º de bacharelato que ten que entregar as chaves das taquillas en conserxería.
