Normas de préstamo e utilización de taquillas no curso 2024-2025

Publicado o 27 Setembro, 2024 na sección Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

I.E.S. do Castro

NORMAS DE PRÉSTAMO E UTILIZACIÓN DE TAQUILLAS. CURSO 2024-2025

1. Disposición das taquillas

Existen un total de 200 armarios distribuídos na planta baixa e nos relanzos das escaleiras entre a planta baixa e o primeiro andar.

Distribuiranse por zonas segundo os cursos: 1º e 2º ESO; 3º e 4º ESO; 1º e 2º BACH.

 

2. Tramitación das solicitudes e adxudicación

  •  Os impresos de solicitude recolleranse en Conserxería o luns 30 de setembro.
  • Presentar o documento de solicitude e préstamo na Conserxería do centro correctamente cuberto nun prazo de 2 días desde a entrega do mesmo: martes 2 e mércores 3 de outubro Se a solicitude non se entrega no prazo establecido, a persoa solicitante quedará á espera de que sobre algún armario que se lle poida asignar.
  • A adxudicación realizarase por orde de chegada das solicitudes o venres 4 de outubro.
  • Entregar unha fianza de 12 euros (6 se é compartida) cando se lle entreguen as chaves.
  • Só se prestarán armarios compartidos; unicamente se pode solicitar un armario individual por enfermidade debidamente acreditada. Ao non haber suficientes armarios, deste xeito beneficiarase máis alumnado.

3. Condicións do préstamo 

  • O alumnado poderá facer uso dos armarios durante o seguinte período: 2º bacharelato ata o 31 de maio; 1º de bacharelato ata o remate da avaliación ordinaria (comezos de xuño) e a ESO ata o 21 de xuño.
  • O incumprimento dalgunha das normas de utilización establecidas no punto 4 suporá a perda automática do seu uso.
  • Ao presentar a solicitude acéptanse todos e cada un dos requisitos e normas recollidos neste documento.
  • Ao rematar o curso, os usuarios/as devolverán as chaves segundo as instrucións que se lles dean, sendo isto un requisito imprescindible para que se lles devolva a fianza.

4. Normas de utilización dos armarios

  • Non está permitido o intercambio de armarios entre o alumnado.
  • O instituto non se responsabiliza dos obxectos de valor ou susceptibles de ser subtraídos que o alumnado deixe neles.
  • Os danos e/ou roturas exteriores ou interiores son responsabilidade do/a (s) alumno/a (s) adxudicatario do mesmo. O armario ten que ser devolto nas mesmas condicións en que se recibiu.
  • Queda prohibido depositar obxectos que polas súas características ou composición poidan ser considerados perigosos, nocivos para a saúde ou contrarios ás normas do centro.
  • A dirección do centro resérvase o dereito a abrir os armarios ante a sospeita do incumprimento das normas de uso.
  • Só se poden utilizar os armarios na hora de entrada, durante o recreo e á saída. Queda prohibido utilizalos nas horas de clase e entre as clases.
  • Se se perde a chave do armario, deberase aboar o custo da nova chave (2 euros) no momento da entrega para poder seguir utilizándoo, de non ser así, pérdese o dereito a usalo.
  • Débese comunicar á conserxería do centro calquera estrago que se observe nos armarios (golpes, pechaduras forzadas, etc.). Se a primeira vez que se abre se nota algún, débese comunicar inmediatamente.
  • Cando finalice o período de uso, devolveranse 10 euros da fianza (5 para cada persoa se é compartido) unha vez que se comprobe o bo estado do armario.

.pdf

 taquillas-24-25.pdf

 

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo