

I Quedada Literaria de Vigo e Bisbarra
O pasado día 15 de maio celebrouse a I Quedada Literaria de Vigo e bisbarra. Os alumnos e alumnas de 2º da ESO C, 3º da ESO A e PDC, asistiron a esta xuntanza acompañados polos profesores Almudena, Xoán Xosé Sande e Carmen Vilariño. A iniciativa desta reunión de lectura partiu de Antonio Fernández, coordinador da biblioteca do CEIPF Manuel Antonio e foi secundada polo Concello de Vigo . Nesta primeira quedada participaron oito centros de Vigo e a súa bisbarra: CEIP O Chouzo, CEIP Frián-Teis, CEIP Ría de Vigo, CEIP O Pombal, CEIP Carrasqueira CEIP Santa Mariña de Redondela, O IES pino Manso de Porriño, O IES do Castro. Foi un día festivo para a lectura que se convertiu nun preámbulo do Día das Letras Galegas.
A xornada comenzou coa chegada ao Parque de Castrelos as dez da mañán, e a reunión dos case 500 alumnos e alumnas no punto de encontro. Distribuidos por zonas celebráronse as actividaes da xornada:
Lectura individual
As lecturas compartidas cos rapaces e rapazas do IES Pino Manso do Porriño, intercambio de marcapáxinas e recomendacións de lecturas seguiron as lecturas individuais.
Alumnos e alumnas de 2º e 3º da ESO contaron contos aos máis pequenos da quedada, os alumnos e alumnas do CEIP Ría de Vigo, de 4 de infantil e 5 de infantil, que disfrutaron cos contos , A que sabe a lúa? e A galiña roxa.
E mesmo fixeron intercambio de marcapáxinas
Os alumnos e alumnas do PDC fixeron de padriños lectores dos máis pequenos lendo o conto de Irene Pérez Pintos, Ire.
Tras un descanso merecido , tod@s xuntámonos no Pazo para celebrar o acto de clausura da quedada presentado pola actriz Uxía Blanco. Cada centro participante preparou algo especial, lecturas , poemas, cancións…..
Día grande para os nen@s e día grande para a lectura.
A galiña roxa




Conferencia sobre os montes veciñais en man común en xeral e os periurbanos de Vigo
Os dous técnicos da Consellería do medio rural na conferencia
O xoves 28 de novembro, presentóuselle ao alumnado de 3º da ESO, o proxecto no que imos traballar ao longo deste curso dentro do progama MONTENTÉRATE da Consellería de Educación en colaboración coa de Medio rural e do mar.
Pois ben, para ter un coñecemento máis preciso sobre a historia, a transformación e a actualidade dos MVMC en Galicia contamos coa colaboración da Secretaría do medio rural e do mar para o que se desprazou ata o centro o enxeñeiro de montes, Alejandro García Puente, que disertou extensamente sobre este espazo tan característico de Galicia,e explicou como hoxe, quizais máis que nunca, estes montes están de actualidade ao cambiar a situación xurídica despois do cambio da situación política coa Autonomía e a posta en valor daqueles.
Por outro lado, púxose de relevo a importancia da existencia destes montes, non só polo seu valor como patrimonio material para os comuneiros pola rendabilidade do aproveitamento forestal para madeira, biomasa, etc, senón tamén, e, quizais sobre todo para un alumnado urbano, como é o caso, polo patrimonio inmaterial desde o punto de vista paisaxístico, cultural ou de lecer.
A idea que anima a esta actividade parte dun principio comúnmente aceptado, isto é, que se non se coñece algo, -como soe ser o caso do que estamos a falar- non se lle dá o valor que merece, que como se viu, no caso da cidade de Vigo é moito.
Ademais, resulta sorprendente saber que son arredor de 700000 Ha. de superficie de MVMC coas que contamos en Galicia e que son arredor de 2800 Comunidades de montes as que os xestionan. Coa particularidade de que probablemente moitos destes espazos, hoxe incluídos dentro da Rede natura, xa non estarían porque seguramente se destinarían a outros usos se non estivesen protexidos pola lei.
En resumo, e facendo nosas as palabras de Eloy Enciso Cachafeiro que vén de estrear “Arraianos” no cine diremos que “O MVMC fala moito da identidade e da memoria” e que Galicia é singular non só pola lingua, a historia, ou a cultura en xeral, pero tamén o é polo seu MONTE e, de maneira especial, polo MVMC.
A segunda parte da conferencia estivo a cargo de Luís Enrique Martín Uriarte, técnico forestal do distrito XVIII do Porriño, que con moito fervor, cabeza e, sobre todo, corazón, se adicou a contarnos todas as belezas dos montes periurbanos da cidade de Vigo e como a ferradura que se estende desde Teis ata Saiáns nos permite desfrutar dun patrimonio natural e paisaxistico excepcional, ademais do interese cultural (mámoas, petróglifos, lendas, toponimia, etc.) que se pode atopar nese percorrido. Tamén aproveitou para indicarlles aos oíntes aquilo que non se debe facer para que o monte sexa rendible e sostible, evitando, por exemplo, a caza próxima ás casas, rueiros para motos e bicis de montaña que perturban a paz da contorna do monte ou arrasan con especies da flora e fauna.
En resumo, cremos que a conferencia foi moi rendible desde o punto de vista da adquisición das competencias básicas e, de xeito especial,na do coñecemento e na interacción co medio físico.Esta actividade terá continuidade na primavera coa inmersión do alumnado nalgún destes montes da periferia da cidade.

Alumnado: Recoñecedes estas prendas de roupa?
Estas prendas de roupa abandonadas están tristes e con bágoas nas suas fibras porque os seus donos/as non as reclaman…
Se recoñecedes algunha(s) delas, contactade coa vicedirección para que o agarimo torne ás súas vidas e recuperala(s).
Pasado un breve período de tempo, se non son reclamadas, pasarán ao hospicio roupeiro onde seguramente daranlle mellor uso que os seus desapegados donos/as.
Clíquese nas imaxes para agrandalas

