Formación medioambiental e voluntariado en ‘As Corcerizas’
Durante os pasados días 15 a 18 de novembro o grupo 1º E de Bacharelato, do BI, realizou unha viaxe de estudos centrada na programación de CAS, aínda que moitas das actividades realizadas teñen unha función integradora de diversas materias e requerimentos do BI.
A viaxe consistiu nunha estancia no Centro Medioambiental ‘As Corcerizas’ (http://www.amigosdaterra.net/info/ascorcerizas/index.html) xestionado por Amigos da Terra. Nas fotos podemos ver ao grupo de alumnado durante a realización dalgunha das actividades, co profesorado acompañante e monitores e monitoras encargadas das actividades.
Aínda non estando completa a avaliación da actividade –enfocada a buscar solucións a problemas globais, dende unha perspectiva local- por parte do alumnado, podemos adiantar algunhas das experiencias vividas e habilidades traballadas.
Entre outros contidos traballáronse os seguintes:
-finalidade do voluntariado na sociedade. Servizo de Voluntariado Europeo
-problemática medioambiental local e global
-elaboración dun proxecto de voluntariado e presentación pública do mesmo
-realización de actividades de voluntariado etnográfico e medioambiental
Todo elo mantendo presente a promoción ou práctica de:
-técnicas de traballo en grupo para os distintos obxetivos
-debates e outras estratexias de comunicación
-capacidade crítica
-conciencia medioambiental
-responsabilidade persoal e colectiva
-conservación do patrimonio
-atención ao benestar físico e psíquico
-reflexión sobre a aprendizaxe persoal
Esta promoción tiña baixas expectativas de aprendizaxe da súa visita a As Corcerizas e isto reflexouse na súa actitude durante unha boa parte das actividades e por suposto, dificultou a súa aprendizaxe. Na súa avaliación final varias persoas sinalan que se volvesen facer esta actividade outra vez intentarían ser máis participativas e abertas. De calquera xeito sinalan que
-se cumpliron os obxetivos de coñecer mellor ao resto do grupo, respetar máis o medioambiente e comprender CAS mellor.
-comprenderon unha variedade de posibilidades para unha mellor xestión da enerxía
-consideran que o voluntariado é unha ferramenta eficaz para transformar o modelo actual cara un máis xusto. De feito a 4 persoas gustaríalles facer traballo de voluntariado de xeito local , e 3 mencionan a posibilidade de facer o Servizo de Voluntariado Europeo antes de ir a universidade.
Isto é o que valoraron máis positivamente da actividade
-convivir cos compaňeiros e compañeiras
-o papel que a desenvolver nela
-que pese a estar moi pouco convencidos/motivados, o pasaron ben
-descubrir cousas para axudar ‚‘aínda que sexa localmente‘
-a actitude e aportacións dos monitores
-o descubrimento dos diferentes frentes de actuación do voluntariado e o traballo físico