Club de Lectura

Publicado o 18 Novembro, 2020 na sección Club de lectura, Zona Alumnado por Carmen Vilariño Agras

Se che gusta ler, pasar un bo rato comentando as lecturas, coñecer a novas e novos compañeiros, esta é a túa oportunidade.

club.png

APÚNTATE AO CLUB DE LECTURA

No primeiro andar  tedes dúas caixas onde poder inscribiros depositando en calquera delas un papel onde fagades constar o voso nome, curso e nivel educativo e en que club  queredes participar.

club-lectura-2.png

A próxima semana convocaremos unha reunión con todos os inscritos, para falar  sobre os libros a ler

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Hora de Ler

Publicado o 13 Novembro, 2020 na sección Zona Alumnado, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

O luns 16 de novembro imos comenzar coa Hora de Ler, Esta actividade está destinada as alumnas e alumnos de 1º e 2º ESO. Enmárcase dentro do Plan Anual da Biblioteca,e o fin primordial é o fomento , a animación á lectura e o aumento da comprensión lectora do noso alumnado.

A primeira hora de lectura comenzará, como ven especificado nos horarios de cada curso , na segunda hora.

protocolo-hora-de-leer.png

 
Debido aos novos aforamientos das aulas  , os armarios son as  novas bibliotecas de aula. Se algunha alumna ou alumno non trae  o seu libro, poderá utilizar os libros preparados no armario para a hora de Ler.
aula.png 
 

biblio-aula-1.png

hora-ler.jpg

CLIC NA IMAXE

DESCARGAR HORARIOS

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Entrega de premios Concurso de Microrrelatos

Publicado o 11 Novembro, 2020 na sección Zona Alumnado, Biblioteca, Vicedirección por Carmen Vilariño Agras

O venres entregáronse os premios do I Concurso de Microrrelatos Xoán Xosé Sande.

mesa-lpremios.jpg

alu-mnos-premiados.jpg

Tres dos alumnos premiados

O concurso convocouse para escribir un microrrelato que tivera como comenzo:

“As cousas  podían suceder de calquera outra maneira  e, con todo, sucederon así…”

profes-premados.jpg

Tres dos alumn@s premiados: Niobe Alonso , primeiro premio  Bacharelato, Andrea Costas , primeiro premio ESO e Miguel Cruz segundo premio ESO

migliarini.jpg

O terceiro premio de Bacharelato  recaeu en Martima Migliarini , pero foi recollido polo seu irmán

profes-premados.jpg

As profesoras e as alumnas e alumno  premiados

preioe-2.jpg

PARABÉNS A TODAS E TODOS AS PREMIADAS E OS PREMIADOS

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Novembro Mes da Ciencia en Galego

Publicado o 2 Novembro, 2020 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

anagrama_cor_baixa-1.jpg

No mes de novembro dende as bibliotecas escolares celebramos a Mes da Ciencia.

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xunto coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, impúlsase a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

MANIFESTO MES DA CIENCIA EN GALEGO

O FEITIZO DA CIENCIA

Está en todas partes. Dentro do teu ordenador, no microondas e na neveira da cociña, en todos os medicamentos que tomamos de cando en vez, nos instrumentos de medición que hai nos hospitais, nas lámpadas que dan luz cando marcha o Sol, no motor do coche e do patinete eléctrico… chámase ciencia e é unha das ferramentas máis poderosas que desenvolvemos os seres humanos para tratar de comprender como está organizado e como funciona o mundo. A ciencia non é unha cousa escura que só se fai en complexos laboratorios, senón que, por riba de todo, é unha maneira de pensar, unha actitude para chegar ao coñecemento. Consiste en observar a natureza con paciencia e curiosidade, dun xeito rigoroso e meticuloso, co obxectivo de, pouco a pouco, descubrir os mecanismos que se agochan detrás dunha planta que agroma, dun bebé que comeza a camiñar, dun volcán en erupción ou dun medicamento que elimina a dor de cabeza. O traballo da ciencia pode facerse cun lapis e un papel, anotando o paso de aves migratorias, propoñendo unha hipótese brillante para explicar algún fenómeno da natureza, ou desenvolvendo unha solución matemática para calcular a danza aérea dunha bolboreta. E, por suposto, o traballo da ciencia tamén se fai nas instalacións que hai nos centros de investigación e de ensino, desde as máis simples ata as máis especializadas. En Galicia temos a fortuna de poder facer ciencia de calidade nos laboratorios das universidades e doutros centros de ensino. O importante e botarlle ilusión, paciencia e moita imaxinación. Pero ademais de facer ciencia, todos podemos gozar do traballo, das achegas e das vidas das científicas e dos científicos mergullándonos nos libros. Cada libro é unha viaxe interestelar á mente doutras persoas, ás súas aventuras, penas e alegrías. Nas nosas bibliotecas podemos gozar sen límite con relatos abraiantes sobre o funcionamento do cerebro, a vida das abellas ou a construción dun aeroplano. Cada libro é unha xoia capaz de alimentar e de estimular a mente. E ademais podemos gozalos na nosa lingua, en galego, porque a ciencia fala todos os idiomas, pode emocionar todas as mentes. O mes da ciencia en galego nas bibliotecas é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran. Pero, ollo; esta actividade é profundamente aditiva e, sen que un se decate, pode acabar gozando da lectura todos os días do ano.

Xurxo Mariño Alfonso  Profesor, investigador e divulgador científico

CLIC NA IMAXE E DESCARGA O MANIFESTO

Estamos a seleccionar libros de ciencia en galego para que durante este mes podades achegaros a novas lecturas de temática científica tanto divulgativa como de ficción.

No seguinte link  pódese atopar unha recompilación de materiais de ciencia en galego

   MATERIAIS CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

img_20201104_222727-1.png

img_20201104_222651.png

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Día das Bibliotecas

Publicado o 24 Outubro, 2020 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

Como todos os anos  o día 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, en lembranza da destrucción da  Biblioteca de Saraxevo, incendiada  no ano 1992 durante o conflicto dos Balcanes.

O obxectivo é concienciar á sociedade da importancia da lectura e facer unha homenaxe e recoñecer o seu labor as bibliotecarias e bibliotecarios.

O lema de este ano é ” Biblioteca, sempre ao teu carón”

img_20201024_102131_407.jpg

Hoxe no Día das Bibliotecas como unha biblioteca máis queremos festexar esta data.O verdadeiro sentido da existencia da biblioteca do centro é estar ao carón de toda a comunidade educativa.

A historia da nosa biblioteca é longa  , dende o primeiro día de funcionamento o obxectivo foi estar ao servizo de todos vó

Neste curso apesares da situación  seguimos traballando con ilusión. Somos un equipo formado por sete profesoras que nos recreos levamos adiante o servizo de préstamos pero o noso labor non só se limita a facer estes,dende o inicio do curso traballamos para estar ao carón da nosa comunidade educativa elaborando:

- Instrucións e protocolo de préstamos

-Altas de novas e novos usuarios de biblioteca.

-Colocación nas aulas do protocolo de préstamos.

-Publicación no blogue, na web e nas redes sociais da biblioteca Facebook e Instagram dos protocolos e instrucións

- Listaxes de números de lectores para poñer nas aulas e que ninguén esqueza o seu número de lector.

- Listaxes de cursos e números de lectores para facilitar  o seu labor as profesoras e profesores que realizan os préstamos nas aulas.

-Atención personalizada de préstamos mediante correo electrónico.

-Caixas- buzóns para facilitar as devolucións nas portas de acceso ao centro e na entrada da biblioteca.

Todo sempre seguindo o protocolo COVID .

Intentaremos seguir avanzando para facilitar estes servizos e implementar nestes días outros como a HORA DE LER , comenzar coas recomendacións de lecturas , CLUB DE LECTURA,  actividades de dinamización e concursos.

img_20201024_220927.png

Bo Día das Bibliotecas e boas lecturas .

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Resolución Concurso de Microrelatos

Publicado o 22 Outubro, 2020 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

Xa temos por fín a resolución do concurso de microrrelatos que fixemos no confinamento.

Deixamos a relación de premiados. Iremos publicando  pouco a pouco no blog os relatos galardonados.

Os premios entregaranse o 6 de novembro . Xa os indicaremos o lugar e a hora da entrega.

concurso.jpg

PREME NA IMAXE

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Como atopar os fondos no catálogo MEIGA

Publicado o 5 Outubro, 2020 na sección Zona Alumnado, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

Se queredes saber se na biblioteca do centro temos o libro que queredes coller en préstamo, seguide os seguintes pasos:

Como atopar os fondos no catalogo MEIGA

 DESCARGAR PDF 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Préstamos biblioteca.

Publicado o 2 Outubro, 2020 na sección Club de lectura, Zona Alumnado, Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

Como todas e todos sabedes a biblioteca do instituto este curso dadas as circunstancias da pandemia e os protocolos de adaptación dos espacios , vai ofrecer menos horas de atención a todas e todos nós.

Temos  que nos adaptar a esta nova situación e mudar de costumes. Os préstamos , o Club de Lectura, a Hora de Ler  é as actividades da biblioteca, está na nosa intención que sigan a formar parte da nosa actividade .

A partires do luns comezamos  os préstamos en horario de 11:30-12:00

Prestade atención ao protocolo de préstamos

img_20201002_204758.png

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo