Convocatoria de inscrición nas Probas de Certificación e Acreditación Lingüística ECL no IES do Castro con axudas da Xunta da Galiza

Segundo a RESOLUCIÓN DO 29 DE SETEMBRO DE 2023, DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN E INNOVACIÓN EDUCATIVA POLA QUE SE REGULA A XESTIÓN DE PROBAS DE ACREDITACIÓN DE COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN LINGUAS ESTRANXEIRAS PARA O ALUMNADO QUE CURSE ESTUDOS EN CENTROS PÚBLICOS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES DURANTE O CURSO 2023/2024 dispoñíbel para descarga aquí

resolucion_acreditacion_linguistica_centros_publicos_curso_2023-2024.pdf
O IES do Castro por medio do seu departamento de Lingua Inglesa abre o período de incrición para solicitar as axudas que permitan a gratuidade de ditas probas no instituto.
Características:
- Convocatoria para alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato.
- As probas celebranse no IES do Castro organizadas e tuteladas por unha entidade certificadora da nosa elección en datas elexidas polo departamento de inglés que mellor conveñan.
- Serán gratuitas para as familias coas axudas de 100 euros convocadas. (Nota: sugundo os acordos que se cheguen coa empresa certificadora)
- Poderase obtar ao seguintes niveis ECL (sexan realistas, plz.): 
- B1,B2 e C1 (véxase o ligazón de información sobre estas certificacións).
 
Ligazón de interese

- Como se estima que as inscricións superarán ás prazas concedidas seguirase un baremo para a selección das mesmas confeccionado no seu intre polo departamento de Lingua Inglesa e aprobado polo Consello Escolar.
- O prazo de inscrición finaliza o día 31 de outubro de 2023 ás 14:00 horas.
- A inscrición presentarase nun formulario oficial (dispoñibel para a súa descarga debaixo ou fisicamente na conserxería do instituto)

solicitude_inscricion_exames_certficacion-lingusitica-ingles-2023-2024.pdf
- O formulario de inscrición entregarase:
- en man polo alumnado interesado ao profesor ou profesora de inglés de cada solicitante,
- ou ben ao xefe do departamento, Prof. Zato.
- ou ben por correo-e ies.docastro@edu.xunta.gal
 
(Nota: esta convocatoria está dispoñíbel tamén para lingua francesa. Información no departamento de dita lingua)
 
					
				 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
	









