Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Convocatoria axudas libros de texto e material escolar 2019-2020

AXUDAS LIBROS ESO
ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidariode libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2019/20 (código de procedemento ED330B).
O alumnado de 1º, 2º, 3º de ESO que queiran solicitar a axuda para material escolar e libros de texto, deben facelo antes do 21 de xuño :
PRAZO : do 21 de maio ó 21 de xuño
DOCUMENTACIÓN :
- Impreso de solicitude (recoller en conserxería) e cubrir tódolos datos solicitados con letra clara.
- Fotocopia do libro de familia
Imprimir este Artigo
Convocatoria oficial de maio 2019 de proba escrita para alumnado da ESO coa materia de inglés pendente de cursos anteriores

Convócase ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO coa materia de inglés pendente de cursos anteriores á realización da proba escrita que constitúe a convocatoria ordinaria.
Esta proba escrita, cunha duración de 60 minutos, realizarase sen axuda de dicionario. Estará baseada nos temas e prácticas propostos polo profesorado durante os meses do presente curso e que deberon ser realizados polo alumnado segundo o plannnig do dito profesorado.
O alumnado que obtivo 5 puntos ou máis nas probas de febreiro 2019 non terá que facer esta proba.
Lugar, data e hora:
Probas para pendentes de 1º, 2º e 3º de ESO: Aula de Conferencias
-
Martes, día 28 de maio do 2019, ás 16:00 horas.
No caso de non superar a proba, (5 puntos ou máis) ou non aprobar a materia do nivel do presente curso, no mes de setembro haberá unha nova oportunidade, en convocatoria extraordinaria.
Imprimir este Artigo
Examen parcial para alumnos pendientes de 1º de Bachillerato de Lengua castellana y Literatura
Se convoca a los alumnos con Lengua castellana y Literatura de 1º de Bachillerato pendiente del curso anterior a la prueba de la primera parte de la asignatura, en la que deberán examinarse de la primera parte del programa (véase programación didáctica, punto 10), que se celebrará el próximo jueves 7 de marzo a las 16:30 en el aula 001, en frente de Conserjería.
Firmado. El jefe de departamento
Ángel Núñez Ramos
Imprimir este Artigo
Programa municipal de inmersión en lingua inglesa - Vigo en Inglés 2019
[Clique nas imaxes para velo tríptico a escala 1:1]
1º COMO SOLICITAR A AXUDA
Entra na web www.vigoeningles.org , descarga os anexos correspondentes e entregaos xunto coa documentación necesaria no Rexistro Xeral do Concello de Vigo de luns a venres en horario de 9,00 a 13,30 horas , dentro do prazo de presentación de solicitudes
2º REQUISITOS
a)Estar a cursar 3.º da ESO nun centro educativo do Concello de Vigo sostido con fondos públicos durante o curso académico 2018/2019
b)Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
c)Ter obtido como mínimo unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2.º de ESO.
d)Estar empadroado no Concello de Vigo ( vixencia mínima 01/01/2018 )
e)Non ter concedida, no ano 2019, outra axuda coa mesma finalidade.
f)DNI/NIE ou pasaporte en vigor (vixencia mínima de 6 meses).
3º DOCUMENTACION QUE TES QUE PRESENTAR
a)Solicitude da praza debidamente cuberta e asinada polos solicitantes, segundo modelo que figura no Anexo I.
b)Fotocopia simple do DNI/NIE ou pasaporte en vigor (mínimo por 6 meses) do/a alumno/a solicitante
c)Fotocopia simple do DNI/NIE dos solicitantes (pai e nai ou titor legal) que asinan a solicitude de participación do Anexo I
d) Autorización para solicitude de información fiscal cuberta e asinada, segundo o modelo que figura no Anexo II
e) Certificación académica orixinal emitida e selada polo centro educativo.
f)Xustificación de ingresos: Aquelas familias que non autoricen ao Concello de Vigo a solicitude de información fiscal á Axencia Tributaria, deberán presentar fotocopia de última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou certificado de estar exento/a emitido pola Axencia Tributaria.
g)Autorización asinada polo pai/nai ou titor legal, segundo o modelo que figura no Anexo III.
h)Fotocopia simple do libro de familia na que figuren todos os membros de unidade familiar ou documentación acreditativa da titoría legal e, de ser o caso, acreditar documentalmente outras circunstancias familiares (familia numerosa, pai/nai solteiro/a, divorcio ou separación, viúvo/a ,discapacidade……)
i)Declaración de non ter concedida, no ano 2019, outra axuda coa mesma finalidade, segundo o modelo que figura no Anexo IV.
j)No caso de que o participante precise de atencións médicas especiais (por mor de alerxias, discapacidades, intolerancias, etc.), deberá presentar un certificado médico orixinal que así o acredite.
4º PRAZO DE PRESENTACIÓN E RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS
O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte da data de publicación das bases da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
A partir da data de publicación da concesión das prazas definitivas na páxina web haberá un prazo de 5 días hábiles para presentar por escrito a aceptación ou a renuncia da praza concedida segundo o modelo do Anexo V e, de ser o caso o xustificante de ingreso bancario da achega correspondente.
CONSULTAS
Na web www.vigoeningles.org ou dirixirse ao Servizo Municipal de Educación.
Concello de Vigo , Praza do Rei s/n, Planta 11ª
E-mail: vigoeningles@vigo.org
Tfno: 986-810181
Máis información en http://www.vigoeningles.org/
Imprimir este Artigo
Alumnado con Bioloxía-Xeoloxía pendente de cursos anteriores
No seguinte documento pdf tedes as instruccións para recuperar as materias pendentes do Departamento de Bioloxía-Xeoloxía.

Imprimir este Artigo
Calendario setembro 2018: Exames | Entrega de notas | Reclamacións

Consulta as datas e horas nestes dous documentos .pdf

calendario-exames-setembro-2018.pdf
alumnado-calendario-entrega-notas-e-reclamacions-setembro-2018.pdf
Imprimir este Artigo














