
Só se pode matricular o alumnado que superou o 2º curso de bacharelato.
A matrícula hai que facela na secretaría do IES do CASTRO: o luns 27 e o martes 28 de maio, de 9 a 13:00 horas.
Antes de matricularse farase o depósito do TÍTULO DE BACHAREL.
– Hai que recoller en secretaría o impreso de TAXAS AUTOLIQUIDACIÓN, facer o ingreso que corresponda nunha entidade bancaria e facer o depósito de título no momento de formalizar a matrícula das probas de selectividade.
|
TAXAS
TÍTULO DE
BACHAREL |
– ORDINARIA |
49,82 €
|
| – FAMILIA NUMEROSA 1ª |
24,94 €
|
| – FAMILIA NUMEROSA 2ª e HONRA |
GRATUÍTA
|
Documentación necesaria para a matrícula das PAU:– Fotocopia do DNI ou Pasaporte sen recortar.
– Xustificante (folla amarela e rosa) de ter aboadas as taxas de matrícula e documentación que acredite, se é o caso, a exención das mesmas.
– Formulario de solicitude de opcións do bacharelato polas que concorre ás PAU debidamente cuberto.
– Fotocopia da tarxeta (vixente) de familia numerosa para o alumnado que alegue esta circunstancia.
– Fillos de funcionarios das Universidades de Galicia: Certificación dos servizos de persoal, e fotocopia do Libro de Familia para xustificar que son fillos de funcionarios.
» NOTA: todas as fotocopias deberán vir acompañadas dos orixinais para facer as compulsas.
| TAXAS DE MATRÍCULA das PAU |
|
| Matrícula ordinaria: |
63,67 euros |
| Familia numerosa de 1ª categoría: |
31,84 euros |
| Familia numerosa de 2ª categoría e Honra: |
0,00 euros |
| Persoal docente e de administración e servizos, así como o seu cónxuxe e fillos, das tres universidades do SUG: |
0,00 euros |
O día 3 de xuño o alumnado deberá revisar no centro os datos contidos nas listaxes provisionais de matriculados (e facer a reclamación pertinente se fora o caso antes das 14h).
Máis información nos taboleiros, na secretaría do instituto, no blogue do Departamento de Orientación ou na páxina WEB da CIUG.
Datas dos exames:12,13 e 14 de xuño, na Facultade de Traducción e Interpretación.
NOTA: O alumnado que non se presente ás probas de selectividade pero que queira acceder a un ciclo superior deberá realizar o depósito do título obrigatoriamente.