Do IES do Castro a Castromao

Publicado o 20 Maio, 2009 na sección Lingua e Literatura galegas, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

Despois de máis de dez anos de visitas continuadas ás terras da Baixa Limia e de Celanova, cremos que xa estamos en condicións de poder considerar esta actividade como típica para o alumnado de 3º da ESO. Por iso, e a pesar de que as condicións climatolóxicas non eran moi apropiadas, e cando eran sobre as 11 da mañá estabamos realizando a primeira parada técnica na localidade de Río Caldo (Lobios), no presente curso 2008-09, o pasado trece de maio, aproveitando que os días son máis longos e a natureza está no seu máximo apoxeo, aqueles desprazáronse ata esas comarcas, limítrofes, en parte,  con Portugal. Non podemos perder de vista que inicialmente proxectárase en cursos pasados de realizar a ida, -por ser máis curta- por terras portuguesas e a volta por Ourense, e, ademais, unha das ideas que preside a actividade é a do libro de relatos de X.L. Méndez Ferrín que, precisamente, se titula Arraianos e inclúe como protagonistas daqueles a persoas que se moven entre a realidade e a ficción por esta raia seca galego-portuguesa.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O Taboleiro de Realidade

Publicado o 22 Marzo, 2009 na sección Taboleiro Transversal por Alberte Zato

As falacias lingüísticas de algúns/nhas -pódese ler nesto o nome bífido dun combativo e delirante grupo (en realidade monolingüe se se escarva un pouquiño neles/nelas) sen reparo algún Wink- sempre fican deslexitimadas pola realidade lingüística que envolve as nosas vidas e é proba oral-auralemente tanxible de que algúns/nhas teñen alucinacións (en castelán, por suposto) máis alá do saudablemente aconsellable, e que deberían facérseo mirar por un especialista -aínda que descoñezo de que especialidade médica tería que ser Green with Envy .

A realidade está magnificamente representada polo artista da viñeta gráfica -e por enriba de todo, observador da realidade- Luis Davila nesta do domingo, 22 de marzo do 2009 no Faro de Vigo:

Luis Davila (castelán-galego)

Máis de Luis Davila en  http://www.luisdavila.net

Laughing Out Loud Iso si, nas Illas Filipinas o castelán leva en perigo de extinción moitos anos, e é unha mágoa, a verdade…

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Sesenta aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Publicado o 1 Decembro, 2008 na sección Taboleiro Transversal, Convocatorias por Luis Otero

 Declaración dos Dereitos humanos.

O vindeiro 10 de decembro celebrarase no Auditorio do Centro Cultural Caixanova un acto cívico, con motivo do sesenta aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, no que se presentará o libro Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz, coordinado polo recentemente desaparecido Xesús R. Jares.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Dereitos humanos.

Publicado o 27 Outubro, 2008 na sección Taboleiro Transversal por Luis Otero

Dereitos

Un fermoso deseño audiovisual para lembrar cousas importantes nas nosas vidas. Non perderás os catro minutos que dura.

http://www.humanrightsactioncenter.org/

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Homenaxe a Xosé Mª Álvarez Blázquez

Publicado o 23 Maio, 2008 na sección Lingua e Literatura galegas, Normalización e Dinamización Lingüística, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

img_5901_small.jpg

O día de 23 de maio foi a data programada polo Instituto do Castro para celebrar diversos actos que teñen como motivo central o Día das letras galegas e a festa dos maios.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Parabéns ás alumnas de 4º ESO

Publicado o 23 Maio, 2008 na sección Taboleiro Transversal por Luis Otero

O Grupo formado por Carmen Francisco, Sara Gómez, Raquel Sanz e Karenina Spigel veñen de ser recoñecidas polo MEC cunha MENCIÓN EXTRAORDINARIA no concurso “Si eres original, eres de libro” a iniciativa de CEDRO.

O título do traballo foi “Impacto Sociológico del cambio climático en los estudiantes”

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Festa Nacional da Lingua Galega: A Nosa Sinal de Identidade

Publicado o 17 Maio, 2008 na sección Taboleiro Transversal por Alberte Zato
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Contrato mestras 1923

Publicado o 5 Abril, 2008 na sección Taboleiro Transversal por Sande

mestra.jpg

Polo seu interese histórico (1923) achego un modelo de contrato para mestras. Sobran comentarios.

 

contrato-mestras-1923.pdf

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo