Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Recollida Banco de Alimentos

Publicado o 18 Decembro, 2013 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

Mañán xoves 19 de nadal remata o prazo para os que queran entregar no Instituto a súa contribución ó Banco de Alimentos. O Equipo de Voluntariado do Instituto quere agradecer en nome do Banco de Alimentos e das familias necesitadas a contribución de todos os que estades aportando a vosa axuda e ós que o fagades entre hoxe e mañan.

food_bank.jpg banco-de-alimentos.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Felicitación do alumnado de Bacharelato Internacional

Publicado o 16 Decembro, 2013 na sección Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Conferencia de Rosaliano Riascos. Rede Escolas Amnistía Internacional

Publicado o 25 Novembro, 2013 na sección Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Noticias do Programa do Diploma do BI por Lucía López Bejo

 

O pasado 15 de novembro estivo no noso centro ROSALIANO RIASCOS, destacado defensor dos dereitos humanos afrocolombiano, para  impartir unha charla ao alumnado de 1º Bacharelato
   

rosaliano-riascos.jpg

Estas son as reflexións sobre as súas palabras, elaboradas por María Rodríguez Arias, de 1º E:

Adeus Colombia…

“Alí onde as pedras cantan e as ondas bailan a golpe de currulao”, un paraíso de olores, de praias, de sabores… o pequeno paraíso de Rosaliano a uns 8000 km de distancia de onde debe vivir agora. Alí naceu el, afroamericano de 55 anos, na costa pacífica de Colombia, en Buenaventura.

O 11 de Maio do ano 2000, entraron, á 01.30 de madrugada, un grupo de paramilitares na comunidade de Sabaletas. A tiros, acabaron coa vida de 12 dos seus compañeiros e a el, dérono por morto. Non era un criminal, non era un ladrón ou un asasino, simplemente era afroamericano e trataba de loitar polos dereitos da súa comunidade.

En Colombia existe actualmente e dende hai varios anos un grave problema de narcotráfico do que se está beneficiando tanto o seu goberno como o goberno estadounidense. Os afrocolombianos, que levan siglos vivindo alí e herdando, xeración tras xeración, as propiedades dos seus antepasados, vénse desprazados polos intereses no cultivo de droga. O Goberno creou uns grupos de asasinos formados por paramilitares para quitarlles as propiedades aos afroamericanos e destinalas ao cultivo de droga. Así, pola forza ou comprándolles os terreos por unhas cantidades ridículas de diñero, están acabando coa comunidade afroamericana en Colombia e sembrando o terror.

Rosaliano Riascos Rodríguez vive e viviu isto en primeira persoa. Loitaba polos dereitos da súa comunidade que atopábase totalmente anulada no seu país. Grazas ás súas movilizacións conseguiron ser recoñecidos no artigo transistorio 55 da Constitución para evitar que lles arrebaten as súas propiedades, pero aínda así os asasinatos e ‘roubos’ continúan.

Denuncia a situación que se está a vivir en Colombia, os asasinatos e a violación dos DD HH que dáse cada día no país.

El, que é unha das vítimas desta guerrilla, vive agora en León dende fai dous anos cos seus dous fillos, grazas a Amnistía Internacional e o seu Programa de Proteción Temporal de Defensores de Dereitos Humanos. Está moi agradecido da axuda que lle proporcionaron en España, pois a pesar de que Colombia tambén ofreceulle asilo, continuaba a recibir constantes ameazas de morte e vivindo con medo, polo que decidiu vir aquí.

Non sabe cando volverá, nin sequera se o fará, pero garda a esperanza de facelo algún día.

Aquí, en España, continúa con movilizacións para rematar co conflito en Colombia pero di “unha sola persoa non pode cambia-lo mundo, pero sí coa axuda de todos pódese lograr, pois a unión fai a forza”. Rosaliano leva o movemento socio-cultural afrocolombiano, e así, a través do diálogo e non a partir da forza, agarda rematar coa pesadilla que están a vivir miles de familias en Colombia.

“Mi voz la que va gritando,

mi sueño el que sigue entero,

pues saben que solo muero

si ustedes van aflojando,

porque quién murió luchando

vive en cada compañero.”

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Gracias por vuestra contribución al BANCO DE ALIMENTOS y feliz año 2013

Publicado o 27 Decembro, 2012 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por CAS

 

food_bank.jpg

Imaxe:Alberte Zato

Los alumnos de CAS de 1º y 2º de Bachillerato del Instituto quieren daros las gracias a todos los que habéis colaborado en la campaña del Banco de Alimentos que ha terminado con éxito (hemos conseguido cerca de 150 kilos). En nombre nuestro y de todas las personas a las que habéis ayudado. MIL GRACIAS por vuestra contribución. Esperamos seguir contando con ella en posteriores campañas.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Campaña Banco de Alimentos

Publicado o 9 Decembro, 2012 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

 food_bank.jpg

Imaxe:Alberte Zato

Los alumnos de Creatividad Acción y Servicios (CAS) del Bachillerato Internacional del IES DO CASTRO han comenzado, por propia iniciativa, una campaña solidaria de recogida de alimentos para colaborar con el BANCO DE ALIMENTOS de Vigo y os piden vuestra colaboración en estos días:
LLEVAD AL CENTRO ALIMENTOS NO PERECEDEROS de los que os podáis desprender y entregadlos al llegar en la mesa de al lado del ascensor. Hay mucha gente pasando hambre y el Banco de Alimentos garantiza el reparto correcto y equitativo entre los necesitados. SÉ SOLIDARIO. COLABORA.EN LA CRISIS, AQUELLO DE LO QUE TÚ PUEDES PRESCINDIR RESULTA IMPRESCINDIBLE PARA OTROS.

Para más información sobre el Banco de alimentos, consúltese: http://www.bancoalimentosvigo.org/quienes-somos

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Recepción alumnado 6º Primaria

Publicado o 5 Xuño, 2012 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Isabel Flores

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Dr Fleming visitou hoxe o IES do Castro acompañado dos seus titores/as.

O alumnado CAS de 1º de Bacharelato diseñou e dirixiu unha serie de actividades lúdicas co obxectivo de dar a coñecer as instalacións do centro e parte do seu profesorado para facilitar a integración dos novos alumnos e alumnas no curso 2012-13.

Nas fotos algúns momentos do recorrido ‘en busca de pistas’ e das outras actividades.

2.jpg

 3.jpg

 16.jpg

24.jpg

27.jpg

29.jpg

30.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Unha alumna do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional no IES do Castro, gañadora dunha das bolsas de estudos do Benjamin Franklin International School

Publicado o 10 Abril, 2012 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Lucía López Bejo

Antía Fernández Fernández , alumna de 2º E de Bacharelato, acadou  unha das dúas bolsas adxudicadas a España para participar no Instituto de verán Benjamin Franklin 2012, programa financiado polo Departamento de Estado dos Estados Unidos para promover as relacións entre as novas xeracións de europeos, asiáticos e norteamericanos.

A alumna participará nun programa intensivo enfocado nos asuntos globais aos que se enfronta a mocidade en ambos os dous lados do Atlántico. Desenvolverase nunha localidade norteamericana,  aínda por determinar, durante catro semanas no verán de  2012, e reunirá aproximadamente a 45 estudantes de distintos países de Europa e Asia Central con 10 estudantes norteamericanos.

Os/as participantes levarán a cabo unha gran variedade de actividades: seminarios, programas de apoio comunitario e voluntariado, viaxes de estudo e eventos culturais. Traballarán nun proxecto conxunto e explorarán como os/as mozos/as de hoxe interactúan cos medios de comunicación, tanto na súa faceta de consumidores como de produtores de información. Abordarán tamén como a liberdade de expresión impón ás persoas cidadás tanto dereitos como responsabilidades.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo