

Día Europeo das Linguas
Recursos e información: www.xunta.es/linguagalega/dia_europeo_das_linguas_linguas_para_o_emprego
26 de setembro: DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Aí ven o maio…
Recoller fiuncho, ir empatándoo na estrutura, darlle forma a retranca das coplas… O alumnado de primeiro da ESO debutou con éxito nunha longa tradición que nesta ocasión se prolongou máis alá do Atlántico coa maxistral e fermosa danza paragüaia de Camila Silvero.

Celebración do Día da Ciencia en Galego
O pasado 4 de novembro a ciencia falou galego no centro.Diversos foron os actos que se celebraron ao longo da mañá.
As primeiras horas os carteis que anunciaban a celebración do día, penduraba dende as escaleiras. Ninguén tiña que ser allego a esta celebración, CELEBRABAMOS O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.
O alumnado de 3º da ESO baixou da aula de tecnoloxía os seus traballos , co fin de que todos poidesen disfrutar das súas creacións. Un ascensor, distintos prototipos de coches e outros aparellos animaron a hora do recreo.
Xogos matemáticos encheron o tempo de lecer de alumnos e profesores.Adicaron o descanso a intentar resolver difíciles e divertidos acertixos. Pero había premio, UNHA FERMOSA E APETITOSA MAZÁ.
Os de bacharelato tiveron sendas conferencias. Para os de 2º Bac. a departamento de Física e Química participou nuha video-conferencia xunto con outros centros de ensino . Os de 1º Bac asistiron a conferencia de Xosé Francisco Fernández Teijeiro sobre o político e científico galego Bibiano Fernández Osorio-Tafall.
Unha selección de libros científicos en galego estiveron expostos na entrada do instituto.

Día da Ciencia en Galego
O próximo 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego , adicado a Ramón María Aller Ulloa, Alfonso X e James Clerk Maxwell. Diversos son os actos que se celebrarán nesta próxima semana, promovidos por distintas asociacións científicas galegas
No instituto para celebrar ese día están programadas diversa actividades polos distintos departamentos didácticos da área científico- técnica e o departamento de normalización lingüística.
ACTIVIDADES 4 DE NOVEMBRO
RECREO
-XOGOS DE TERMOS CIENTÍFICOS EN BUSCA DE DEFINICIÓN.
-EXPOSICIÓN DE LIBROS CIENTÍFICOS ESCRITOS EN GALEGO.
- XOGOS MATEMÁTICOS.
12: 40 : CONFERENCIA DE XOSÉ FRANCISCO PARDO TEIJEIRO SOBRE O CIENTÍFICO-POLÍTICO GALEGO BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL( 1 º BAC. NA SALA DE CONFERENCIAS).
Para coñecer a figura do científico tema da conferencia podedes entrar neste enlace:
BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL

Entrega de premios Letras Galegas e competicións deportivas
O mércores día 9 de xuño entregáronse no salón de actos do centro os premios das Letras Galegas e os premios das distintas competicións deportivas que se levaron acabo durante o presente curso. Foron premiados os alumnos/as que participaron nas distintos concursos das Letras Galegas, concurso de video e caligramas. O premio de coplas dos maios recaeu na profesora Concha Otero, que agradeceu ao xurado este reñido e importante premio.O alumnado que participou nas competicións deportivas recibiu os seus trofeos despois de un curso de animada disputa deportiva.
O salón de actos estaba repleto de alumnado e mesmo de profesores e profesoras que acompañaron aos premiados, en recoñecemento do seu esforzo e bo facer.
Parabéns a todos os galardonados/as e moito ánimo para seguir colaborando nos diferentes concursos e actividades deportivas que no vindeiro curso sexan organizadas para todos vós.
Clique na imaxe para vela a tamaño completo

Do IES do Castro a Castromao
1ª Parte : A contorna do Castro-Vigo
O mes de maio é abondoso en acontecementos non só porque a primavera está no seu maior apoxeo, senón porque tamén coincide con varias actividades que desde xa hai ben anos son obxecto de atención no ámbito escolar. Este curso para non ser menos que outros, o alumnado de terceiro da ESO tivo a oportunidade de poñer en práctica algúns deses quefaceres habituais que pretenden ir moldeando ao alumnado de acordo cunha serie de principios que desde a Comunidade educativa do Ies do Castro se consideran fundamentais.
(Ler o resto do artigo »)

