A Revolución de Lynn Margulis

Publicado o 29 Xaneiro, 2010 na sección Bioloxía e Xeoloxía, Departamentos por Xosé Ramón García

O alumnado de 2º de Bacharelato A, de Bioloxía,  debe descargar e ler o seguinte documento de Word:

Word

(Uso educativo sen ánimo de lucro)

Margulis

Imaxe de Alberte Zato
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Conferencia de Francisco Anguita

Publicado o 12 Xaneiro, 2010 na sección Avisos urxentes, Bioloxía e Xeoloxía por Xosé Ramón García

O venres 15 de xaneiro pronunciará no noso Centro unha conferencia o  xeólogo e profesor da Universidade Complutense de Madrid, Francisco Anguita Vírella. O alumnado de Ciencias para o Mundo Contemporáneo (1º de Bacharelato)  terá a oportunidade de escoitalo na Aula de Conferencias, ás 12,00 da mañán. Será presentado polo profesor Manuel Brañas, e a charla terá por título Venus, Marte y la Tierra.

O profesor Anguita é un amante da Terra e doutros planetas, por exemplo a través do estudo dos volcáns de Marte. É un experto en percorrer os centos de millóns de anos que duran as eras xeolóxicas.

Para maior información podedes consultar:
http://es.wikipedia.org/wiki/Francisco_Anguita_Virella
http://www.elmundo.es/suplementos/natura/2007/14/1178920808.html
http://blogs.elcorreodigital.com/magonia/2008/3/17/-la-cara-y-piramides-marte-son-invento-oportunistas

O vindeiro venres, 15 de xaneiro o alumnado de Ciencias do Mundo Contemporáneo asistira a unha charla do profesor Francisco Anguito, co título de Venus, Marte y la Tierra.  

 Podemos ver unha entrevista a Francisco Anguita en http://www.rtve.es/television/20091123/geologia/302143.shtml

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

A perplexidade de Darwin

Publicado o 30 Marzo, 2009 na sección Bioloxía e Xeoloxía, Departamentos por Xosé Ramón García

Darwin no IES do Castro

GONZALO PONTÓN en El País, 29/03/2009

Durante os próximos meses asistiremos á publicación de varias edicións conmemorativas dos 150 anos da Orixe das especies, que se deu ás prensas cando o seu autor, Charles Darwin, ía cumprir 50. É xusto que sexa así. Da carismática trindade progre (Darwin, Marx, Freud), ningún puido derrotar o tempo como o primeiro.

Aínda que quedan algúns detalles por axustar que non afectan á súa esencia, a teoría da evolución foi verificada ata a saciedade dende o rexistro fósil á xenómica comparativa, e hoxe é un feito científico tan indiscutible como a existencia dos átomos ou a dos buratos negros. Indiscutible, pero non indiscutido. As Igrexas cristiás, xudías e musulmás non poden aceptar a teoría da evolución porque, segundo os seus libros santos, un deus primordial omnipotente e omnisciente o creou todo en seis días (ou en seis mil millóns de anos, que no da cronoloxía os clérigos máis espelidos se apuntan á metáfora).

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Alumnado 1º Bach C e B

Publicado o 17 Marzo, 2009 na sección Bioloxía e Xeoloxía por Xosé Ramón García

Unha crítica clásica contra Darwin é que, malia titular o seu libro A orixe das especies (1859), xusto non aclarou como se orixinaban as especies. A selección natural -o mecanismo evolutivo descuberto polo naturalista- baséase na acumulación gradual de pequenos cambios, mentres que as especies adoitan ser entidades discretas e ben definidas: vemos leóns e tigres, non unha escala Pantone de leotigres. A investigación recente, non obstante, aclarou moitos puntos do problema da especiación, ou xeración de novas especies, e confirmou que a especiación ten unha relación directa coa selección natural darwiniana. Tamén revelaron uns principios xerais que terían resultado sorprendentes para o pai da bioloxía moderna.
“A competencia polos recursos, as carreiras de armamentos entre predadores e presas e outros factores biolóxicos dan forma aos ecosistemas locais durante períodos curtos”, di o evolucionista Michael Benton, da Universidade de Bristol. “Pero son factores externos como o clima, a oceanografía e a tectónica continental os que explican as pautas da evolución a grande escala. Benton é o autor dun dos cinco artigos con que a revista Science celebra hoxe o 200º aniversario do nacemento de Charles Darwin (12 de febreiro de 1809-19 de abril de 1882).

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Un salto evolutivo no Darwinismo

Publicado o 15 Xaneiro, 2009 na sección Bioloxía e Xeoloxía por Xosé Ramón García

Jumping Darwin

Un salto evolutivo no darwinismo
A suma de tres xenomas microbianos creou o tipo universal de célula que constitúe hoxe a todos os animais

JAVIER SAMPEDRO - Madrid - 14/03/2001

Como antes de Darwin todo o mundo era creacionista, a maior parte da xente segue pensando que o contrario de ‘darwinismo’ é ‘creacionismo’. E xa non é así. Un grupo reducido de científicos demostrou que polo menos un dos acontecementos esenciais da historia da vida -a formación da célula eucariótica, o prodixioso autómata biolóxico do que están feitos todos os animais e plantas do planeta- aconteceu con relativa brusquidade e por un mecanismo esencialmente alleo ao gradualismo darwiniano: sumando os xenomas completos de tres microbios. Os dous científicos que encabezaron ese descubrimento discrepan sobre se iso implica unha revolución no seo da teoría máis fundamental da bioloxía.

Tres dos biólogos evolutivos máis avanzados do mundo, Lynn Margulis, da Universidade de Massachusetts (EE UU), Radhey Gupta, da Universidade McMaster (Canadá) e Harold Morowitz, da Universidade George Mason (EE UU), discutiron as súas ideas a semana pasada nunha reunión organizada por CosmoCaixa, o museo da ciencia da Fundación La Caixa en Alcobendas (Madrid).

(Ler o resto do artigo »)

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo