Competición do cubo de Rubik

Publicado o 4 Maio, 2018 na sección Zona Alumnado, Matemáticas por Matemáticas

img_1060.jpg

Preme na imaxe

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Semana Matemática 2018

Publicado o 4 Maio, 2018 na sección Zona Alumnado, Matemáticas por Matemáticas

Xogos, cubo de Rubik, enigmas, novos libros de Matemáticas na bibloteca… Participa!

semana17.jpg

 Para visitar a aula virtual preme na imaxe de arriba

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Parabéns matemáticos!!!!!

Publicado o 3 Maio, 2018 na sección Zona Alumnado, Matemáticas por Alberte Zato

mathsprizes.jpg

Parabéns a Nuno, Pablo, Víctor, Mario, Patricia, Mirta, Ana e Irea, polo 1º e 4º premio das categorías B e C do concurso Ligamats na Semana Matemática Ima+xina 2018.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Exames de pendentes de Matemáticas

Publicado o 28 Setembro, 2016 na sección Matemáticas por Ramón

Ensino Secundario Obrigatorio

  • Primeira parte: Luns 16 de xaneiro de 2017 ás 18:10
  • Segunda parte: Luns 29 de maio de 2017 ás 18:10
  • Final/recuperación: Luns 5 de xuño de 2017 ás 18:10

O alumnado que asista con regularidade ás clases de reforzo de Matemáticas pendentes os luns de 18:10 a 19:00 terán avaliación continua, de forma que poderán quedar liberados dos exames mencionados anteriormente.

Bacharelato

  • Primeira parte: Martes 17 de xaneiro de 2017 ás 16:30
  • Segunda parte: Martes 4 de abril de 2017 ás 16:30
  • Final/recuperación: Martes 25 de abril de 2017 ás 16:30
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Parabéns ao alumnado de 3º eso A

Publicado o 5 Maio, 2016 na sección Matemáticas por Ramón

eso-3-a_2015-16.JPGParabéns polo primeiro posto en “Matemáticas na Raia 2016″, concurso de resolución de problemas de forma colaborativa, no que participaron centros de Galicia e do norte de Portugal.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Parabéns á nosa alumna Isabel Gradaille Gil!

Publicado o 10 Xuño, 2015 na sección Zona Alumnado, Matemáticas por Alberte Zato

XXVI  OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA  -  ANO 2015 

Isabel Gradaille Gil, alumna de 2º da ESO deste instituto, clasificouse para representar a Galicia na fase final da XXVI Olimpiada Matemática Nacional para alumnas e alumnos de 2º da ESO que este ano se celebrará do 24 ao 28 de xuño en Huesca.

fotoisaolimpiadamates.jpg

 Parabéns e boa sorte!!!!!!!

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

XI edición de IMATXINA (Vigo)

Publicado o 20 Marzo, 2015 na sección Matemáticas por Ramón

  Como todos os cursos o departamento de matemáticas participou nas actividades de IMATXINA levando os alumnos de 1º da ESO aos obradoiros de materiais matemáticos na Fundación Barrié e presentando a 5 grupos, cada un de 4 alumnos, ao concurso Ligamats.
Resultou premiado, na categoría de 1º - 2º de ESO, o grupo formado por: Sara Rodríguez, Antón Castro, Manuel Novás e Marcela Villaverde.

2º ESO

e resultou premiado, na categoría de 3º – 4º, o grupo formado por: Paco Villatoro, Sara Pazó, Jaime Irrisarri, Yago Radziunas e Marta Sanjiao.

3º ESO

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES!!!!

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Exposición “Papiroflexia e Matemáticas” no IES do Castro

Publicado o 26 Xaneiro, 2013 na sección Zona Alumnado, Matemáticas, Taboleiro Transversal, Departamentos por Alberte Zato

Organizada, auspiciada e animada polo departamento de Matemáticas do IES do Castro pódese visitar no hall do mesmo a exposición dos traballos realizados no marco da actividade “Papiroflexia e Matemáticas“, con ampla participación e variedade de modelos.

Certamente é unha moi fermosa e colorista colección de modelos xeométricos realizados en papel e que abranguen tamén os adornos e xoias.

De seguido ofrécese un breve vídeo de presentación… pero isto tense que ver en directo. É espectacular.

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo