Así aprendemos a contar (vídeo)

Publicado o 1 Decembro, 2009 na sección Matemáticas por Ramón

blip.tv  Redes 11: Así aprendemos a contar (29 min)

O astrónomo Galileo Galilei dixo que “as matemáticas son o alfabeto co cal Deus escribiu o universo” para reflectir que os números están detrás de todas as actividades propiamente humanas: a agricultura, a gandería, a arte e ata a filosofía. Desde o inicio, as matemáticas tiveron unha relación íntima coa vida en comunidade. Naceron a partir de necesidades prácticas como a medida de campos, a administración de rabaños ou a observación dos astros. O uso de números para todos esas actividades fíxose sistemático xa nas primeiras civilizacións.

Joe Dauben, historiador da ciencia do City University de Nova York, é un dos matemáticos que mellor soubo explicar porqué as matemáticas xurdiron para resolver problemas moi concretos e cotiáns da xente e explícalle a Eduard Punset os momentos clave dese desenvolvemento.

Xavier Roqué, físico e historiador da ciencia da Universidade Autónoma de Barcelona, amplía as ideas de Dauben e dános exemplos da aplicación das matemáticas na agricultura. Eduard Resina, director do departamento de teoría, composición e dirección do ESMUC explica como a matemática está detrás da gloria da música e Jaume Serrallonga, arquitecto que traballa no construción do templo da Sacra Familia, en Barcelona, ilustra como Gaudí decantouse polas matemáticas e a xeometría para explicar ás xeracións futuras como poder terminar a construción do templo.

Redes   Emitido en TVE 2  tve 2  o 14 de setembro de 2008.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Rally Matemático-06

Publicado o 28 Marzo, 2008 na sección Matemáticas, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

Vila medieval de Carcasonne-06 Rallye matemático-06 Cara a Toulousse-06

Estas imaxes (-clíquese nelas para velas a tamaño 1:1-), aínda que publicadas con algo de retraso, corresponden á participación do alumnado de 3º da Eso do curso 2005-06 no Rally Matemático celebrado na cidade de Toulousse.

A maioría matriculado en 1º de Bacharelato no curso actual 2007-08. A experiencia foi moi interesante e animamos desde aquí a que se siga participando. Este luns, 31 de marzo, celébrase nos centros de Galicia, entre eles o noso, a edición deste ano.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo