BACHARELATO INTERNACIONAL: Convocatoria de prazas para o curso 2015-2016

Publicado o 13 Abril, 2015 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Noticias do Programa do Diploma do BI por Alberte Zato

IB 150CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA O BACHARELATO INTERNACIONAL 

O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para cursar o próximo ano o primeiro curso do Bacharelato Internacional no seu Centro nas modalidades de Ciencias Sociais e de Ciencias e Tecnoloxía.

O número de prazas ofertadas é de 25 e poderán optar a elas todos os alumnos e alumnas que o desexen sen máis requisito que ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).

A adxudicación de prazas, competencia do Consello Escolar do Centro, terá en conta so o expediente dos alumnos nos catro cursos da ESO, por tratarse dunha modalidade de Bacharelato única na Provincia.

O prazo para solicitar praza estará aberto a partir do luns 13 de abril ata o 15 de xuño e se fará mediante a folla de inscrición que se acompaña abaixo ou se poderá recoller no Centro a partir da primeira data sinalada. A entrega da documentación será na Secretaría do Centro ou ben por correo electrónico na dirección castroibo@gmail.com, esta última modalidade con plena validez legal.

A primeiros do mes de xuño convocarase unha reunión informativa con todos os interesados para dar conta das características máis importantes desta modalidade de Bacharelato.

A resolución da convocatoria será publicada nesta páxina e no taboleiro oficial do Centro na derradeira semana do mes de xuño.

En todo caso, para ampliar a información, pódese consultar o tríptico publicado máis abaixo ou a páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional: http://www.ibo.org/es/. Ademáis, é conveniente que os interesados pidan unha entrevista co coordinador do Bacharelato Internacional (na conserxería do Centro ou vía correo electrónico: castroibo@gmail.com se aínda non tiveron unha entrevista con el)

Nota: a oferta final está suxeita ás posibilidades organizativas do Centro en virtude das disposicions da Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, polo que os alumnos admitidos non deberán renunciar á praza que teñan solicitado polo conducto ordinario.

Documentos descargábeis 

.pdf

convocatoria_prazas_bi_2015.pdf

 triptico_informativo_2015_2016_bi.pdf

solicitude_praza_2015_1016_bacharelato_internacional.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Calendario de exámes para o alumnado con materias pendentes de 1º de Bacharelato

Publicado o 10 Abril, 2015 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Exames por Xefatura de Estudos

Premendo no seguinte documento pdf accédese ao calendario:

exames-finais-de-pendentes-1bach.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

1º premio de la olimpiada de Física (Universidad de Vigo) para nuestro alumno Francisco Martín García Amboage. Enhorabuena

Publicado o 28 Marzo, 2015 na sección Zona Alumnado, Física e Química por Nieves

Entregáronse na USC as medallas aos gañadores da fase local en Galicia da XXVI Olimpíada Española de Física

Actualizada: 27-03-2015 14:22

Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Facultade de Física da USC acolleu a entrega de medallas aos gañadores da fase local en Galicia da XXVI Olimpíada Española de Física. No mesmo acto o profesor Jesús Liñares Beiras pronunciou a conferencia ‘A Luz: Física e Tecnoloxía’, enmarcada dentro do Ano Internacional da Luz.

Pola USC os seleccionados na fase local foron, en primeiro lugar, Gabriel Martínez, do Centro Educativo Galén de Lugo; no segundo posto Emilio del Río Pena, do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago; e Alba Covelo Paz, do Colexio compostelán La Salle.

Na Universidade da Coruña acadou o primeiro posto Gonzalo Cao Labora, do IES Eusebio da Guarda; o segundo Guillermo López-Silvarrey, do Colexio Santa María del Mar; e no terceiro Pedro Tomé Veira, tamén do IES da Guarda.

Francisco Martín García Amoboage, do IES do Castro, acadou o primeiro posto da fase celebrada na Universidade de Vigo, a quen lle seguiu Julio Novoa Fernández, do IES Rosais II. Pablo Carrera Pérez-Cosío, do Colexio Los Sauces, fíxose co terceiro lugar

Los alumnos citados representarán a las tres Universidades gallegas en la Fase Nacional que tendrá lugar en Madrid entre los días 10 y 13 de Abril de 2015.

Nuestro alumno Antonio Andújar se clasificó en 4º lugar (suplente).

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Entroido 2014

Publicado o 20 Febreiro, 2015 na sección Celebracións, Zona Alumnado por Alberte Zato

logo_entroido.jpg

 

 

 

REPORTAXE GRÁFICA

Clique nas imaxes para velas a tamaño 1:1

 

O xurado incorruptíbel

dsc_2052.jpg

 

 Os presentadores

 dsc_2073.jpg

 

O equipo de son

dsc_2158.jpg

 

O videoman

dsc_2096.jpg

Os ’solos’

solos.jpg

 

Os duetos e tríos

duos.jpg

 

Os grupos

 dsc_2053.jpg

dsc_2062.jpg

 grupo3.jpg

 grupo4.jpg

 grupo5.jpg

grupo6.jpg

grupo7.jpg

 

O profesorado

profesorado.jpg

dsc_2149.jpg

O público

publico.jpg

O fin de festa

fin_de_festa.jpg

 

Descargar en formato

.pdf

 

Reportaxe gráfica e dixital .pdf de Alberte Zato

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

“Somos o Castro” [Vídeo 2013]

Publicado o 24 Decembro, 2014 na sección Celebracións, Zona Alumnado, Actividades por Alberte Zato

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Concurso de Felicitacións de Nadal 2014 da ANPA

Publicado o 10 Decembro, 2014 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

 

Clíquese na imaxe para vela a tamaño 1:1

cartel_concurso_nadal_2014.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Ficha da ANPA corrixida

Publicado o 10 Decembro, 2014 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Días non lectivos de libre elección no curso 2014-15

Publicado o 21 Outubro, 2014 na sección Calendario escolar, Zona Alumnado, Dirección por Xefatura de Estudos

No presente curso académico 2014-12015, serán días non lectivos, según aprobación do consello escolar celebrado o día 20 de outubro de 2014, os días:

  • luns, día 3 de novembro de 2014
  • luns, día 1 de xuño de 2015 
Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo