Baremo de adxudicación de prazas para o curso 2024-2025

Faise público o baremo de adxudicación de prazas vacantes neste instituto para o curso 2024-2025 cando haxa necesidade de utilizalo por exceso de solicitudes de admisión.

baremo-proceso-admision-2024-2025.pdf
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Importante xa en vigor: Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Educación sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

RESUMO DA ORDE XA EN VIGOR:
1. Nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que ofrezan algunha das ensinanzas reguladas na lei orgánica educativa en vigor, a prohibición de uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación establecida durante os períodos lectivos debe estenderse tamén, con carácter xeral, á totalidade da xornada escolar, incorporando os períodos non lectivos. En consecuencia, non se permitirá durante a xornada escolar o emprego libre destes dispositivos.
2. Considéranse aos efectos deste protocolo como períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.
3. Os centros poderán establecer excepcionalmente normas para a correcta utilizacióndos dispositivos indicados como ferramenta pedagóxica, supervisada polo profesorado.
4. Exceptuarase desta restrición o emprego proporcionado e razoable dos dispositivos por cuestións de oportunidade ou necesidade, médicas ou de outra índole, sempre e cando o motivo estea xustificado da maneira que se considere en cada caso atendidas as circunstancias, e así sexa autorizado pola dirección do centro, ou, de non ser isto posible, polo profesorado.
Texto completo da Orde

Imprimir este Artigo
Troca-Libro/s Curso 2023/24

Como vimos facendo dende o remate do programa de gratuidade de libros de texto na educación secundaria obrigatoria, comezamos unha vez máis o servizo de intercambio voluntario de libros de texto do IES do Castro (Troca-Libro / s) para todas as familias do IES, sexan ou non asociadas á ANPA. Esta actividade consiste en doar voluntariamente os libros que xa non imos utilizar, e solicitar a recepción de libros do curso ao que accederemos.
Neste ano, co gallo da nova lei de contidos de educación, vanse cambiar todo-los libros de 2º e 4º da ESO, e case que todos os de 2º Bach. En consecuencia, temos que tomar contra da nosa vontade os seguintes acordos:
1. Non se recolleran libros dos cursos de 2º e 4º ESO. Recomendamos gardalos durante un tempo, e logo desfacerse deles cada quen, por si algún profesor/a os usa. Pero iso é pouco probable
2. De 2º Bacharelato en principio recolleremos soamente os libros de Inglés, Física e química, e Historia e Economía. Por si acaso traer vosas doacions deste curso ao trocalibros, a ver si serve algunha outra
3. Todos os libros de 1º e 3º ESO e 1º de bacharelato son válidos.
4. Calquera alumno do centro, sexa ou non asociado á ANPA, pode solicitar presencialmente libros do trocalibros na data da súa convocatoria.
Normalmente recibiranse máis ou menos libros segundo o número de libros que entregabamos, e segundo o número de libros que entregaban os alumnos do curso ao que imos. Este ano non será así, porque as familias de 2º e 4º ESO non lle computaran os libros que entreguen porque non os recolleremos. O procedemento de cambio argallado pola goberno central e a Xunta de Galicia levan a unha tremenda inxustiza para as familias do alumnado que accede a 2º ou 4º ESO e 2º BACH neste curso, pois á falta de libros válidos ven sumarse a do curso pasado, repetindo a inxustiza nas mesmas familias. Coma xa recomendamos neste curso, non queda outra que solicitar en xuño Fondo de libros da Xunta, e aínda que nosa renda exceda o límite, confiar que nos concedan algún libro.
Sabedes que dende a ANPA andamos a procura a través de FOANPAS de que volva a poñerse en practica o programa de gratuidade e propiedade da Xunta dos libros de texto. Pero non o damos conseguido. Tamén temos intención neste curso de propor a entrada do IES do Castro no programa de libro dixital E-Dixgal da Xunta, a ver si acabamos co irritante gasto en libros de texto de cada curso.
As datas da edición do trocalibros deste curso serán:
1. Apertura do prazo para solicitar libros, e no seu caso doar libros válidos de 1º ESO, 3º ESO y 1º e 2º BACH será o MARTES 12, DAS 16:30 ÁS 19:00 HORAS
2. A data para recoller os libros que nos toquen para o alumnado será o XOVES 14 DAS 17:00 ÁS 19:00.
Todo isto do trocalibros é voluntario e altruísta, posto en funcionamento grazas ao traballo desinteresado dalgúns das náis/pais da ANPA. Telo en conta para desculpar un funcionamento sempre mellorable. Noso maior cumprimento ás familias que entran en 2º e 4º ESO. Moito ánimo, e sobre todo infinita gratitude se a pesar deste atranco considerades apropiado doar os vosos libros do curso pasado a cambio soamente dun xesto de agradecemento e respecto. O curso que ven todo isto estará xa normalizado, e confiamos que o trocalibros recupere o seu senso.
En breve vos anunciaremos a convocatoria da asemblea xeral de principio de curso da asociación, que esperamos sexa presencial no IES a comezos ou mediados do mes de outubro. Gracias pola vosa comprensión e apoio a un ANPA que é, e ten que ser, de todas as familias do IES.
Imprimir este Artigo
Inicio do curso 2023-2024

Luns 11 de setembro de 2023:
As presentacións do alumnado, cada un pola súa porta de entrada, serán na seguinte orde:
– 16:30 horas: Presentacións de 1º ESO (entrada por porta A ) e 4º ESO (entrada por porta C)
– 17:00 horas: Presentacións de 2º ESO (entrada por porta A ) e 1º Bach (entrada por porta C)
– 17:30 horas: Presentacións de 3º ESO (entrada por porta A ) e 2º Bach (entrada por porta C)
Ás presentacións serán cos titores ou titoras de cada grupo, que chamarán ao alumnado por orde de lista e os acompañarán ás súas respectivas aulas.
Unha vez rematada a presentación o alumnado poderá sair do centro.
Ás clases comezan con normalidade o martes ás 09:00 horas da mañá.
Grazas de antemán pola súa colaboración e BO CURSO.
Imprimir este Artigo
Aviso: listaxe de FONDOLIBROS xa dispoñibel cos libros específicos

Comunicamos que xa están expostas no taboleiro do centro para a súa consulta as listas definitivas de FONDOLIBROS.
- Lembren que como só poden facer fotografías dos libros que lle corresponden ao seu fillo ou filla, en virtude da Lei de protección de datos, e iso é difícil, fica restrinxida a realización de fotos da listaxe.
- Para a súa comodidade tamén existe a posibilidade de consultar a listaxe na sede electrónica da xunta coa Chave365 ou certificado dixital do solicitante: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/
Imprimir este Artigo
The American Week 2023: A Yearly Experience for our Students and Assistant Teacher

Within the celebrations of our American Week we held multiple activities (sports and board games) as well as an exhibition on the American culture and parties to say goodbye to our amazing AT, Ms Erin Kraskewicz (2022-23 School Year). All of them organized and supported by Ms Kraskewicz, teachers Ms Pereiro and Mr González and the Department of English & Bilingual Section faculty.
Imprimir este Artigo
Avisos sobre Fondolibros (Consellería de Educación) e Trocalibros (ANPA) 2023-2024


- Comunicamos que xa están expostas no taboleiro do centro as listas provisionais do alumnado que ten concedidos libros de texto en Fondolibros (Consellería de Educación).
- Tamén queremos recordar ás familias que en setembro, cando a ANPA ten previsto realizar o TROCALIBROS, poderán doar os libros de 1º ESO, 2º ESO e 1º de bacharelato que xa non necesiten.
Imprimir este Artigo


















