Proceso de admisión do ALUMNADO do CEIP Fleming adscrito para o curso académico 2024/2025.

Publicado o 23 Febreiro, 2024 na sección Avisos urxentes, Secretaría, Dirección por Alberte Zato

AVISO PARA O ALUMNADO DO CEP Dr. FLEMING ADSCRITO CANDIDATO A CURSAR 1º DE ESO NO IES DO CASTRO

Este alumnado xa tivo que facer a súa SOLICITUDE de RESERVA DE PRAZA no seu colexio polo que queda eximido de facer este trámite no IES de Castro… 

…PERO… 

Todo o alumnado candidato que fixo esa solicitud de reserva de plaza no CEP Dr. FLEMING terá que presentar a solicitude de ADMISIÓN no IES do CASTRO dentro do prazo dende o 1 e 20 de marzo 2024. 

 

Nota: Xa que o número de reservas feito no CEP Dr. Fleming supera a capacidade de admisión do IES do CASTRO -e a expensas das solicitudes finais de admisión que se realicen- probablemente terase que proceder á baremación das mesmas para adxudicar as prazas dispoñíbeis no instituto. Este baremo fíxose público aquí.

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Importante xa en vigor: Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Educación sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

no-phone.png

 

RESUMO DA ORDE XA EN VIGOR:

 1. Nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que ofrezan algunha das ensinanzas reguladas na lei orgánica educativa en vigor, a prohibición de uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos como mecanismo de comunicación establecida durante os períodos lectivos debe estenderse tamén, con carácter xeral, á totalidade da xornada escolar, incorporando os períodos non lectivos. En consecuencia, non se permitirá durante a xornada escolar o emprego libre destes dispositivos.

2. Considéranse aos efectos deste protocolo como períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, de comedor escolar e os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.

3. Os centros poderán establecer excepcionalmente normas para a correcta utilizacióndos dispositivos indicados como ferramenta pedagóxica, supervisada polo profesorado.

4. Exceptuarase desta restrición o emprego proporcionado e razoable dos dispositivos por cuestións de oportunidade ou necesidade, médicas ou de outra índole, sempre e cando o motivo estea xustificado da maneira que se considere en cada caso atendidas as circunstancias, e así sexa autorizado pola dirección do centro, ou, de non ser isto posible, polo profesorado. 

Texto completo da Orde

.pdf

orde_uso_mobiles.pdf

 

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Reunións das titorías coas familias dos diferentes cursos e niveis educativos

Publicado o 21 Setembro, 2023 na sección Avisos urxentes por Alberte Zato

reunion-familias.jpg

 

Co obxecto de ter un contacto máis directo coas familias do noso alumnado, dar información xeral sobre o plan tutorial de cada grupo e atender as preguntas que se poidan formular presentamos o calendario de reunións ás que animamos a acudir para unha mellor comunicación entre membros da comunidade escolar:

 

 - Luns 25 de setembro, REUNIÓN TITORES/AS COAS FAMILIAS, para os cursos 1ºESO, 2ºESO e 3ºESO ás 18:30 h.


- Luns 2 de outubro, REUNIÓN TITORES/AS COAS FAMILIAS, para os cursos 4ºESO, 1ºBACH e 2ºBACH ás 18:30 h.

Desexamos a toda a comunidade escolar deste IES do Castro un bo curso e uns resultados académicos satisfactorios.

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Troca-Libro/s Curso 2023/24

Publicado o 11 Setembro, 2023 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

trocalibros.jpg

Como vimos facendo dende o remate do programa de gratuidade de libros de texto na educación secundaria obrigatoria, comezamos unha vez máis o servizo de intercambio voluntario de libros de texto do IES do Castro (Troca-Libro / s) para todas as familias do IES, sexan ou non asociadas á ANPA. Esta actividade consiste en doar voluntariamente os libros que xa non imos utilizar, e solicitar a recepción de libros do curso ao que accederemos.

Neste ano, co gallo da nova lei de contidos de educación, vanse cambiar todo-los libros de 2º e 4º da ESO, e case que todos os de 2º Bach. En consecuencia, temos que tomar contra da nosa vontade os seguintes acordos:

 

1.     Non se recolleran libros dos cursos de 2º e 4º ESO. Recomendamos gardalos durante un tempo, e logo desfacerse deles cada quen, por si algún profesor/a os usa. Pero iso é pouco probable

2.     De 2º Bacharelato en principio recolleremos soamente os libros de Inglés, Física e química, e Historia e Economía. Por si acaso traer vosas doacions deste curso ao trocalibros, a ver si serve algunha outra

3.     Todos os libros de 1º e 3º ESO e 1º de bacharelato son válidos.

4.     Calquera alumno do centro, sexa ou non asociado á ANPA, pode solicitar presencialmente libros do trocalibros na data da súa convocatoria.

 

Normalmente recibiranse máis ou menos libros segundo o número de libros que entregabamos, e segundo o número de libros que entregaban os alumnos do curso ao que imos. Este ano non será así, porque as familias de 2º e 4º ESO non lle computaran os libros que entreguen porque non os recolleremos. O procedemento de cambio argallado pola goberno central e a Xunta de Galicia levan a unha tremenda inxustiza para as familias do alumnado que accede a 2º ou 4º ESO e 2º BACH neste curso, pois á falta de libros válidos ven sumarse  a do curso pasado, repetindo a inxustiza nas mesmas familias. Coma xa recomendamos neste curso, non queda outra que solicitar en xuño Fondo de libros da Xunta, e aínda que nosa renda exceda o límite, confiar que nos concedan algún libro.

 

Sabedes que dende a ANPA andamos a procura a través de FOANPAS de que volva a poñerse en practica o programa de gratuidade e propiedade da Xunta dos libros de texto. Pero non o damos conseguido. Tamén temos intención neste curso de propor a entrada do IES do Castro no programa de libro dixital E-Dixgal da Xunta, a ver si acabamos co irritante gasto en libros de texto de cada curso.

 

As datas da edición do trocalibros deste curso serán:

 

1.     Apertura do prazo para solicitar libros, e no seu caso doar libros válidos de 1º ESO, 3º ESO y 1º e 2º BACH será o MARTES 12, DAS 16:30 ÁS 19:00 HORAS

2.     A data para recoller os libros que nos toquen para o alumnado será o XOVES 14 DAS 17:00 ÁS 19:00.

 

Todo isto do trocalibros é voluntario e altruísta, posto en funcionamento grazas ao traballo desinteresado dalgúns das náis/pais da ANPA. Telo en conta para desculpar un funcionamento sempre mellorable. Noso maior cumprimento ás familias que entran en 2º e 4º ESO. Moito ánimo, e sobre todo infinita gratitude se a pesar deste atranco considerades apropiado doar os vosos libros do curso pasado a cambio soamente dun xesto de agradecemento e respecto. O curso que ven todo isto estará xa normalizado, e confiamos que o trocalibros recupere o seu senso.

 

En breve vos anunciaremos a convocatoria da asemblea xeral de principio de curso da asociación, que esperamos sexa presencial no IES a comezos ou mediados do mes de outubro. Gracias pola vosa comprensión e apoio a un ANPA que é, e ten que ser, de todas as familias do IES.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Inicio do curso 2023-2024

Publicado o 7 Setembro, 2023 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Xefatura de Estudos por Alberte Zato

volta_a_clase.png

 

Luns 11 de setembro de 2023:

As presentacións do alumnado, cada un pola súa porta de entrada, serán na seguinte orde:

16:30 horas: Presentacións de 1º ESO (entrada por porta A ) e 4º ESO (entrada por porta C)
17:00 horas: Presentacións de 2º ESO (entrada por porta A ) e 1º Bach (entrada por porta C)
17:30 horas: Presentacións de 3º ESO (entrada por porta A ) e 2º Bach (entrada por porta C)

Ás presentacións serán cos titores ou titoras de cada grupo, que chamarán ao alumnado por orde de lista e os acompañarán ás súas respectivas aulas.
Unha vez rematada a presentación o alumnado poderá sair do centro.

Ás clases comezan con normalidade o martes ás 09:00 horas da mañá.

Grazas de antemán pola súa colaboración e BO CURSO. 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Aviso: listaxe de FONDOLIBROS xa dispoñibel cos libros específicos

Publicado o 20 Xullo, 2023 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

 

books-stationery-61.png


Comunicamos que xa están expostas no taboleiro do centro para a súa consulta as listas definitivas de FONDOLIBROS.

 

  • Lembren que como só poden facer fotografías dos libros que lle corresponden ao seu fillo ou filla, en virtude da Lei de protección de datos, e iso é difícil, fica restrinxida a realización de fotos da listaxe.
  • Para a súa comodidade tamén existe a posibilidade de consultar a listaxe na sede electrónica da xunta coa Chave365 ou certificado dixital do solicitante: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/



Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Avisos sobre Fondolibros (Consellería de Educación) e Trocalibros (ANPA) 2023-2024

Publicado o 7 Xullo, 2023 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Zona ANPAs, Vicedirección por Alberte Zato

books-stationery-61.png

trocalibros.jpg

 

  • Comunicamos que xa están expostas no taboleiro do centro as listas provisionais do alumnado que ten concedidos libros de texto en Fondolibros (Consellería de Educación).


  • Tamén queremos recordar ás familias que en setembro, cando a ANPA ten previsto realizar  o TROCALIBROS, poderán doar os libros de 1º ESO, 2º ESO e 1º de bacharelato que xa non necesiten.
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Listaxe de alumnado admitido nas Seccións Bilingües para o curso 2023-2024

Publicado o 6 Xullo, 2023 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Xefatura de Estudos, Lingua Inglesa por Alberte Zato

bilingual.jpg

 

 

LISTAXE ALUMNADO ADMITIDO PARA SSBB 2º ESO CURSO 2023-24

 

 

1. Adán Gómez, Martín

2. Alcaraz Valtuille, Helena

3. Alfaya Barros, Paula

4. Alonso García, Hugo

5. Álvarez González, Mateo

6. Angelli Pena, Marta

7. Ariza Pintos, Irene

8. Barriga Vázquez, Elena

9. Benavides Ojea, Julia

10. Carrera Jennings, Alana

11. Castellano Sánchez, Pablo

12. Castro Vidal, Naiara

13. Conde García, Samuel

14. Cruz Vázquez, Eva

15. Díaz Pérez, Yago

16. Durán Romero Nicolás

17. Espiñeira Pérez, Álvaro

18. Estévez Moure, Antía

19. Fernández Fragueiro, Martín

20. Fuentes Prada, Martina

21. García Corcoba, Mariña

22. González Pazos, María

23. Lamas López, Jacobo

24. Louzao Araujo, Catuxa

25. Martínez Davila, Mauri

26. Martínez González, Noa

27. Rodríguez-Toubes Millet, Paul

28. Romagnoli Nogueiras, Marco

29. Rubianes Navas, Carmen

30. Salvadores Sierra, Frida

31. Tacaliti Selay, Lautaro

32. Vilariño Cerezuela, Miguel

 

 .pdf

listaxe_alumnado_admitido_para_ssbb_eso2_curso_2023_24.pdf

 

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo