Eva’s School Life in Canada

Publicado o 22 Novembro, 2017 na sección Música, Departamentos por Alberte Zato

Para deixar de reproducir o vídeo clique sobre el co botón dereito e deseleccione ‘Reproducir’ 

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Astronomía de 1º ESO

Publicado o 19 Outubro, 2017 na sección Zona Alumnado, Bioloxía e Xeoloxía por Alberte Zato

b-vila.jpg

Begoña Vila es astrofísica y dirige el equipo de la NASA (agencia espacial de Estados Unidos) para el diseño y construcción del supertelescopio James Webb.  Según la experta “este supertelescopio nos permirá ver a través de las nubes de polvo dónde se forman las estrellas y planetas y podrá observar la composición de sus atmósferas, buscando en particular planetas como la Tierra con presencia de agua en otros sistemas solares”.

¡Lo mejor es que esta astrofísica es de Vigo!

Descarga de apuntes

.pdf

 2_tierraluna.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Alumnado con materias pendentes do Departamento de Bioloxía-Xeoloxía

Publicado o 25 Setembro, 2017 na sección Zona Alumnado, Bioloxía e Xeoloxía por Ana Arias

pendente.png

No curso 2017-18 o  seguimento  do alumnado que teña pendente algunha materia do departamento de Bioloxía-Xeoloxía, realizarase mediante as medidas recollidas no seguinte documento:

seguimento-do-alumnado-con-pendentes-curso-2017-18.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Corrección de libro de texto de inglés para a sección bilingüe de 2º da ESO no curso 2017-2018

Publicado o 6 Xullo, 2017 na sección Libros de texto, Avisos urxentes, Zona Alumnado, Zona ANPAs, Lingua Inglesa por Alberte Zato

Por termos comunicado a editorial que o libro de texto elixido en primeira instancia para dita sección bilingüe xa non está dispoñíbel e descatalogado, o departamento de Inglés vese na obriga de trocar o mesmo por outro.

Así pois os libros de texto de inglés elixidos para a sección bilingüe de 2º da ESO no curso 2017-2018 serán:

GATEWAY A1+: Student ’s Book ISBN: 978-0-230-47305-8

GATEWAY A1+: Workbook ISBN: 978-0-230-47086-6

By Gill Holley Editorial MACMILLAN

 libro-de-texto-gateway.jpg

 

Pedimos desculpas por se este troco causa ou causou algún inconveniente alleo á nosa vontade.

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria oficial de maio 2017 de proba escrita para alumnado coa materia de Lingua castelá e Literatura pendente de cursos anteriores

Publicado o 23 Maio, 2017 na sección Avisos urxentes, Lengua y Literatura castellanas, Exames por Alberte Zato

pendientes-castellano.png

 

Convócase ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO coa materia de Lingua castelá e Literatura pendente de cursos anteriores que non aprobara por curso a asignatura pendente á realización da proba escrita que constitúe a convocatoria ordinaria.

Esta proba escrita, cunha duración de 60 minutos aproximadamente, estará baseada nos modelos propostos polo departamento.

 

Lugar, data e hora:

 

Probas para pendentes de 1º, 2º e 3º de ESOAula de Convivencia.

  • Martes, día 30 de maio do 2017, ás 16.30 horas.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Arte e Historia en Pontevedra

Publicado o 8 Marzo, 2017 na sección Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Zona Alumnado por Alberte Zato

Facer un cadro non é nada fácil. E non soamente a realización, buscar a temática, as cores adecuadas, o fondo, o punto de vista, as técnicas… non, tamén a busca dos materiais precisos. Pero, máis difícil era na Antigüidade, cando o artista víase obrigado a facer os materiais e cores que precisaba para a realización da súa obra dende cero, ou as superficies onde a ía realizar. E  isto foi o que nós, os alumnos de 2º de bacharelato, puidemos aprender na Escola de Belas Artes de Pontevedra, na visita previa ao gran aliciente do día, o Museo de Pontevedra.

viaxe_pontevedra.jpg

Dividido en 6 edificios, e pasando por tódalas épocas e estilos posíbeis (pero mantendo a localización ou arte galega coma estandarte), contén obras de autores recoñecidos mundialmente coma Sorolla ou Castelao, e un taller onde se fai a restauración das obras que chegan ao museo e precisan dela.

Ao chegar ao museo, comezamos a visita por un edificio que, con cristais transparentes ao exterior, tiña escaleiras núas, que recordaban ao cadro de Escher das escaleiras que soben, pero ao mesmo tempo baixan… todo depende da perspectiva coa que o mires.

O seguinte, ou primeiro que vimos, foi o edificio reconvertido dos xesuítas, o edificio Sarmiento, construído entre 1685 e 1714, e que dende o ano 1981 forma parte do museo. Cando se realizou, era unha igrexa e á vez un convento ou colexio. Nas súas salas exhíbense como exposición permanente os fondos arqueolóxicos da Prehistoria e da antigüidade, a arte galega medieval ata o S. XIII, as coleccións de loza de Sargadelos, cerámicas de Pontecesures e unha selección dos alfares nacionais máis representativos, como, por exemplo, os de Manises, Paterna… Neste apartado vimos o tesouro de Caldas de Reis, que eran xoias da prehistoria, destacando entre eles os lingotes ou peites, e que apareceron no  1700 a.C.

viaxe_pontevedra2.jpg

Por outra parte, tamén observamos restos humanos nas tumbas paganas, e estelas funerarias como eran a de Vilar de Sarria e a de Araño. A parte destas, a nosa guía informounos sobre as tumbas da necrópole dunha ermida da  Praia da Lanzada, que se correspondía cunha ermida galaico-romana.

Máis tarde, pasamos a ver a zona medieval, onde encontramos un retablo galego feito en madeira e con inscricións na propia lingua, o cal, como a guía nos contou, foi atopado por un matrimonio que decidiu deixalo ao Museo, xa que hoxe en día é o único retablo medieval galego que conservamos, e é unha peza de moitísimo valor para a nosa cultura. Foi nesa misma zona onde se atopaba a Virxe Blanca, realizada por Joao Ruao.

Tamén nos informaron sobre a Xeración Doente, que era una xeración formada polos pintores máis destacados do último terzo do século, e que se chamaban así por seren grandes artistas que morreron cando eran grandes promesas.

viaxe_pontevedra3.jpg

Por último, a nosa visita finalizou na Basílica de Pontevedra, que, coma nos contaron dúas compañeiras, é unha igrexa católica, datada no século XVI e convertida en Basílica dende o ano 1962 por decreto do Papa Juan XXIII.

Como puidemos observar, é de estilo gótico, con influencias portuguesas,  e na cal o que máis destaca é a fachada principal con moita decoración e esculturas como a de San Pedro e a de San Pablo. Por estes motivos, foi considerada, dende 1931, Monumento histórico-artístico por pertencer ao tesouro artístico nacional.

En conclusión, pódese afirmar con claridade que esta xornada foi moi enriquecedora para os alumnos de 2° de bacharelato, na que adquirimos coñecementos sobre moitas cousas e na que o arte foi o que nos absorbeu, e non ao revés,  como soe pasar en clase. En definitiva, unha mañá moi boa, a pesares da chuvia, do frío ou das presas.

Alicia Val, María Alonso e Andrés Weiss 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Información para alumnos con Lengua castellana y Literatura pendiente de 1º de Bachillerato

Publicado o 19 Decembro, 2016 na sección Avisos urxentes, Lengua y Literatura castellanas por Alberte Zato

En la primera semana de enero, después de vacaciones, se os convocará a una reunión con el Jefe de Departamento para establecer tutorías, objetivos y fechas para la recuperación de la asignatura (véase apartado correspondiente de la programación didáctica). Mientras tanto, sería conveniente que los alumnos que están en esta situación se dirijan al Jefe de Departamento de Lengua por correo electrónico: nunezramos@edu.xunta.es y comiencen a ver el temario.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo