Excelentes resultados, de nuevo, en las Olimpiadas de Física y de Química
Enhorabuena a los siguientes alumnos de 2º de Bachillerato:
MARTÍN GONZÁLEZ RAMIREZ- 2º PUESTO en la OLIMPIADA DE QUÍMICA (Universidad de Vigo)
FRANCISCO REIGOSA CHAMORRO- 3º PUESTO en la OLIMPIADA DE QUÍMICA (Universidad de Vigo)
-antes, en 1º Bach. diploma en la Olimida de Química y en 4º ESO MEDALLA DE BRONCE en la OLIMPIADA GALLEGA de QUÍMICA para alumnos de la ESO .
GABRIEL QUINTAIROS RIAL- 4º PUESTO en la OLIMPIADA DE FÍSICA (Universidad de Vigo)
-antes,PREMIO EXTRAORDINARIO DE GALICIA para alumnos de la ESO; diploma en la OLIMPIDA GALLEGA DE QUÍMICA-ESO, y estancia en un Campus científico de verano (Com-
plutense de Madrid-Julio 2010) . Estas plazas se reservan a los mejores alumnos de toda España que lo solicitan.
PEDRO LÓPEZ DOMÍNGUEZ- 5º PUESTO en la OLIMPIADA DE QUÍMICA (Universidad de Vigo)
-antes, en 4º ESO, MEDALLA DE ORO en la OLIMPIADA GALLEGA DE QUÍMICA para alumnos de la ESO y estancia en un Campus científico de verano (Universidad de Oviedo-Julio 2010)
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
Programa PILI do Concello de Vigo 2011 (Alumnado 3º ESO)
Que é o PILIVIGO?Despois dos positivos e satisfactorios resultados acadados no desenvolvemento do Programa Municipal de Inmersión en Lingua Inglesa PILIVIGO, a nova edición 2011 desta iniciativa didáctica tentará seguir promovendo a mellora da capacitación en lingua inglesa, dentro do marco do programa educativo municipal “Aulas Internacionais”. O PILIVIGO 2011 constará de ata un máximo de 290 prazas en réxime de concorrencia competitiva, (250 prazas en asignación directa segundo exptes. administrativos 0410/332 e 11485/332 e outras 40 prazas condicionadas á tramitación por parte do Servizo de Educacíón do expte. para resolución final de acordo de modificación do contrato vencellado co expte. 10410/332 que concretará unha ampliación económica de 100.000.-€) para realizar viaxes de inmersión lingüística a Reino Unido e/ou Irlanda e ten como obxectivo ofrecer aos alumnos e alumnas de 3º de ESO dos centros educativos sostidos con fondos públicos da nosa cidade a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais en réxime de integración co alumnado nativo, como se fosen un máis da clase. Por este motivo, as viaxes, dunha duración de 3 semanas, teñen previsto comezar na primeira quincena de setembro, de xeito que poidan empezar o curso escolar nos centros británicos, e a estadía rematará como moi tarde na primeira semana de outubro de 2011. O alumnado dos centros privados-concertados do municipio, accederá ás prazas que queden dispoñibles (dun máximo de 290) logo de adxudicalas preferentemente entre alumnado da rede pública solicitante que cumpra os requisitos recollidos na convocatoria específica para a selección do alumnado participante no PILIVIGO 2011. As prazas incluirán o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo e acreditar a súa finalización, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa. Asemade, incluirá os gastos derivados da organización de actividades extraescolares e de lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida -que se desenvolverán en inglés e guiadas por monitorado bilingüe-, así como o importe das viaxes de ida e volta, dos seguros de viaxe e responsabilidade, e do transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado. |
|
|
Imprimir este Artigo
Dia da Internet Segura

Hoxe, dia 8, celébrase o dia da Internet Segura. Hai moitas iniciativas na rede para acadar un uso seguro . Existen perigos reais e agachar a cabeza fiando todo a sorte non é unha boa idea. Perde uns minutos informándote sobre o uso seguro na rede por exemplo aquí
Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo
O rostro humano das matemáticas
Unha exposición da Real Sociedade Matemática Española no Ano da Ciencia 2007, financiada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. |
|
| Nesta exposición amósase unha parte importante dos personaxes que xogaron un papel destacado na Historia das Matemáticas, os máis senlleiros e coñecidos, cinco mulleres que é obrigado presentar pola súa importancia nas Matemáticas e que aínda hoxe en día son pouco coñecidas así como varios matemáticos españois aos que se lle debe tamén un xusto recordo. |
|
|||
| Suponse que toda persoa culta debe coñecer a vida e a obra de xenios como Mozart, Falla, Van Gogh, Dalí, Shakespeare, Cervantes ou Chaplin. Con todo, considérase natural e ata xustificable que se ignore case todo sobre outros xenios, os científicos e matemáticos que fixeron posible que a Ciencia e a Tecnoloxía avancen ata o seu estado actual, os personaxes que impulsaron o progreso técnico da humanidade e o desenvolvemento científico do pensamento humano e que fixeron posible a maioría dos instrumentos que utilizamos de forma natural na nosa vida cotiá, como Internet, os computadores, o GPS, a televisión, o microondas, a tecnoloxía dixital, os medios de transporte, as grandes obras da enxeñería e a arquitectura, e tantos outros presentes practicamente calquera aspecto da nosa vida diaria. As Matemáticas son unha fabulosa creación do espírito humano e ao mesmo tempo unha parte imprescindible do patrimonio cultural da humanidade. | |||
| Os matemáticos e as matemáticas forman parte da nosa historia, da nosa cultura e da nosa sociedade. Devandita historia non se pode separar da Historia da Humanidade, xa que logo, os protagonistas son matemáticos e matemáticas, que á vez eran membros da súa comunidade e que formaron parte dela como persoas, no privado e no público. Pórlles cara e coñecelos un pouco máis é o principal obxectivo desta exposición. En definitiva, mostrar o rostro humano das Matemáticas. | |||
Imprimir este Artigo
Obxetivos do Milenio
Proxecto de sensibilización do
Consello de Solidariedade e Cooperación do Concello de Vigo
O alumnado de 3º de ESO participou no mes de decembro en dous obradoiros sobre os Obxetivos do Milenio (1) baixo o título:
“Pensamos no mundo. Actuamos aquí e agora?
Vigo a prol dos Obxectivos do Milenio”
Este proxecto ‘ten como obxectivo principal impulsar a educación para o desenvolvemento
-promovendo nas escolas o coñecemento das desigualdades existentes no reparto da riqueza económica e do poder no mundo,
-favorecendo a reflexión sobre as súas causas e consecuencias,
-fomentando actitudes e comportamentos responsables e a toma de conciencia sobre o noso papel no mundo.’
Os obradoiros consistiron nunha ‘serie de actividades desenvolvidas na súa totalidade coa colaboración das ONGD: Entreculturas, Educación Sen Fronteiras, Intermon Oxfam, Fundación Balms, Médicos do Mundo e ADDIS Galicia as cales forman parte do Consello de Solidariedade e Cooperación do Concello de Vigo.’
Algunhas fotos destas actividades
Outras dúas actividades acompañaron a esta campaña de sensibilización no IES do Castro:
-unha exposición sobre os Obxetivos de Desenvolvemento do Milenio, que foi aproveitada especialmente polo Departamento de CCSS para diversas actividades co alumnado
-unha mesa de productos de comercio xusto -durante os recreos- na que se proporcionaba información sobre o concepto de ‘comercio xusto’ e outras cuestións relacionadas
Algunhas fotos destas actividades
(1) Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM):
· Erradicar a fame e a pobreza
· Lograr a educación primaria universal
· Corrixir as desigualdades de xénero
· Reducir a mortalidade infantil
· Mellorar a saúde materna
· Combater o VIH/SIDA, a malaria e outras enfermidades
· Garantir un medio ambiente sustentable
· Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento aumentando a cooperación internacional
‘191 Xefes de Estado e de Goberno asinaron a Declaración do Milenio no ano 2000 comprometéndose a traballar xuntos para acadar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) e rematar coa pobreza estrema no mundo antes do 2015.
Ademais de seren un compromiso sen precedentes, os 8 ODM marcan unha folla de ruta para o desenvolvemento, medíndose o seu progreso a través dunha serie de metas e indicadores, con datas límites para o seu cumprimento.’
Imprimir este Artigo














