ERASMUS + | Educating Citizens: Learning Democracy Through Social Action

Publicado o 23 Xaneiro, 2020 na sección +Erasmus Project por Alberte Zato

logo-social-action.png

EDUCATING CITIZENS: LEARNING DEMOCRACY THROUGH SOCIAL ACTION

(Educando cidadáns: aprender valores democráticos mediante a acción social)

Este é o título do programa ERASMUS+ no que está a participar o noso centro. Ten unha duración de dous anos, comezando en setembro de 2018 e finalizando en xullo de 2020. Estamos a traballar nel catro centros de distintos países europeos. Un deles é o noso, IES do Castro, e os outros tres son: O ProCivitas Privata Gymnasium AB Stockholm que é o centro coordinador internacional e está situado na cidade de Estocolmo; A Szabad Walford Atalanos Iskola és Gimnazium, na cidade de Szeged,  Hungría; o 1st Lyceum of Rodas, en Rodas, Atenas.

O proxecto desenvólvese na área temática da educación para a cidadanía e o obxectivo céntrase en desenvolver a competencia social e cívica entre os estudantes, mediante unha “viaxe de aprendizaxe” que complete os seus estudos curriculares e que os prepare para unha activa participación na vida política e social.

Para cumprir este obxectivo, alumnado e profesorado participante está a desenvolver diversas actividades comúns a todos os centros participantes, ademais dos catro encontros transnacionais, dunha semana, aos que asisten unha representación do alumnado e profesorado participante. Esta é a orde de celebración dos encontros: Szeged (Hungría) en marzo/abril de 2019; Rodas, outubro de 1919; IES do Castro, febreiro de 2020;  Estocolmo, abril de 2020.

Este proxecto está financiado integramente polo programas ERASMUS+ da UE, cunha subvención que cubrir tanto os gastos relacionados coa xestión do proxecto coma os derivados dos encontros transnacionais.

O SEPIE (Servicio Español para a Internacionalización da Educación) é o responsable de  avaliar  a memoria final do proxecto.

Páxina web do proxecto:

https://erasmuseducitizens.wordpress.com/

Instagram do proxecto en Vigo:

socialaction_erasmusplus_vgo

Instagram do proxecto:

socialaction_erasmusplus

erasmus-logo.jpg

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo