Proxectos CAS
NOVAS DE CAS
O alumnado do Programa do Diploma ten iniciado este curso o seu programa de Actividades CAS con entusiasmo e creativa participación.
Logo dalgunhas sesións de concienciación e investigación sobre o significado e os requerementos das actividades, o alumnado puxo en marcha unha serie de interesantes proxectos, autoiniciados nunha boa parte, varios deles influíndo na vida do propio centro e algún colaborando coa comunidade que nos rodea.
Os proxectos contan coa colaboración ou asesoría de distintos departamentos segundo corresponda. En calquera caso, o traballo do alumnado debe estar supervisado por persoal do propio centro, ou no caso de colaboración con outras entidades ou institucións, por algunha persoa que forme parte das mesmas.
Proxectos xa realizados
Final do primeiro trimestre: organización da FESTA DE INVERNO, con actividades varias:
- karaoke - actuación de maxia - monólogo teatral
 

- torneo de xadrez - xogos tradicionais

- entrega de premios do concurso de relatos do Dpto de Lingua Galega e do concurso de felicitacións de Nadal da ANPA


Final do primeiro trimestre: colaboración de voluntarias no VII Rastrillo de HUMI, realizado nos locais da parroquia da Soedade. HUMI é unha ONG de desenvolvemento, con raíces en Vigo, que realiza diversas actividades na cidade para recaudar fondos para os seus proxectos en Zambia.
http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2841_2_105375__
Gran_Vigo-Humi-organiza-rastrillo-solidario-para-sumar-fondos-para-mision-Africa
Vacacións de Nadal: colaboración dun grupo de 4 alumnos e alumnas, realizando traballo de voluntariado na IV edición de VIGOLANDIA, actividade lúdica que, ofrecendo diversión ás familias, recauda fondos para entidades e asociacións que traballan a favor de persoas discapacitadas.
http://www.ifevi.com/index.php?id_noticia=20
Mes de xaneiro: todo o alumnado participou no PROGRAMA VIVE en defensa do monte galego (As Sinas, 15-18 xaneiro 2009)
A maioría das persoas participantes están moi satisfeitas coa súa participación no programa, e consideran que esta experiencia de aprendizaxe aportou moitas ideas útiles para ás súas vidas e resultou moi enriquecedora.

- En concreto prácticamente todas as persoas salientan as seguintes áreas de aprendizaxe:
- Orientación (lectura de mapas, compás, etc)
- Medioambiental e de métodos de traballo conservacionista/ ecoloxista
- Datos sobre o monte galego/ os montes, en xeral
- Técnicas de traballo forestal (habilidades manuais)
- Xestión forestal (así como valor económico e medioambiental do monte galego)
(algunhas persoas, que comentan que a súa familia ten parcelas de monte, síntense capacitadas para comprender e influír na súa xestión)
- Traballo en equipo e convivencia/respecto (+tolerancia con persoas/ideas diferentes –empatía)
- Sentido de servizo e responsabilidade social


Algunhas persoas citan estes aspectos:
- Separación de residuos
(o proxecto de reciclaxe no centro, en fase de preparación no mes de xaneiro, resultou reforzado coa experiencia en VIVE)
- Solidariedade


Tamén se citaron os seguintes aspectos por parte dalgunha persoa:
Outros proxectos que se están a realizar:
-Recuperación de tradicións, en colaboración co C.C. de Herville, Mos.
 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
		
	
 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
	











