Día Internacional da Muller

Publicado o 8 Marzo, 2010 na sección Biblioteca por Carmen Vilariño Agras

  

mujeres1.jpg

O día 8 de marzo celébrase o Día Intenacional da Muller. Nesta data conmemórase a loita que mantiveron e aínda manteñen moitas mulleres, para conseguir os dereitos , que polo feito da súa condición de muller, lles foron  e lles son vetados.

No ano 1975 a ONU recoñeceu este día como o Día Internacional da Muller e o Día da Muller Traballadora. Nesta data conmemóranse os acontecementos ocurridos nunha fábrica textil de Nova York, onde mulleres folgistas que revindicaban os seus dereitos , morreron queimadas.

No pasillo da biblioteca tedes un mural informativo sobre algúns aspectos desta loita revindicativa, e algunhas das súas protagonistas.

Na biblioteca atoparedes unha escolma de títulos sobre o tema.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Becas para inglés do MEC

Publicado o 8 Marzo, 2010 na sección +++Documentos e formularios de interese, Secretaría, Lingua Inglesa por Alberte Zato

scholarships.png

Para mestres/as e estudantes de maxisterio

Clíquese na imaxe para descargar o .pdf coas bases da convocatoria

zatoshot_boe_english1.jpg

Para xoves dende 16 a 30 anos

Cliquese na imaxe para descargar o .pdf coas bases da convocatoria

zatoshot_boe_english2.jpg

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego

Publicado o 3 Marzo, 2010 na sección Remitido, Normalización e Dinamización Lingüística por Alberte Zato

(Either JavaScript is not active or you are using an old version of Adobe Flash Player. Please install the newest Flash Player.)

 

A CGENDL vén de presentar publicamente esta semana Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego, unha campaña que pretende transmitir no seo da comunidade educativa, e no conxunto da sociedade, un sentimento de orgullo pola lingua propia como sentimento común de todos os galegos á marxe da orixe, a ideoloxía, o credo ou a idade de cadaquén. Dende a CGENDL consideramos que a lingua galega é un elemento de unión e un rico patrimonio de futuro que nos dota de identidade e nos conecta con millóns de persoas en todo o mundo. E esa é unha das mensaxes que, no momento en que estamos, cremos que hai lanzar á sociedade.

Na páxina da campaña (http://www.coordinadoraendl.org/orgullo) explícanse polo miúdo a iniciativa e as vías de participación nela. Para calquera consulta, non dubidedes en enviar os vosos correos a correo@coordinadoraendl.org.

Como se pode participar dende os centros escolares?

  1. Envío de vídeos e textos “orgullosos”:

Ao igual que un grupo de personalidades da cultura galega expresan o seu orgullo e a utilidade do galego nos dous vídeos de lanzamento, animámosvos a gravar vídeos e redactar textos nos que se exprese ese orgullo de contarmos co galego. E animámosvos a enviárnolos para seren compartidos na web. Isto non é un concurso, isto é unha campaña colaborativa feita entre todos e todas, unha pequena gran obra colectiva, o importante é participar, traballar co alumnado e lanzar esa mensaxe orgullosa. A creatividade está na comunidade educativa e as dificultades técnicas están aí para lles facer fronte: cunha cámara, un móbil ou calquera dispositivo audiovisual podedes elaborar o voso traballo.

  1. Difusión do material gráfico da campaña:

Na web ponse á disposición de todos os ENDL e do profesorado un material gráfico (camisetas, chapas, carteis, adhesivos, etc.) que se pode descargar de balde para a súa distribución. Igual que nos gustaría corresponder con agasallos e gratificar a participación aínda que fose humildemente, a CGENDL non posúe recursos de ningún tipo para editar e distribuír este material nos centros educativos. Isto depende de cada equipo mais emprazámosvos a poñervos en contacto con centros do voso contorno para editalo conxuntamente e reducir os custos, como xa se está facendo en diferentes puntos do país.

Así mesmo, pedímosvos a vosa xuda para difundir a campaña a través das webs e blogues dos centros e dos ENDL: dando conta da iniciativa, colgando os vídeos, convidando os contactos a coñecela (pódese enviar un correo dende a propia web), proxectando no colexio ou no instituto os vídeos, animando os compañeiros e o alumnado a sumarse á campaña nas redes sociais, etc.

Canle en Youtube: http://www.youtube.com/user/CGENDL

Canle en Vimeo: http://vimeo.com/coordinaendl

Grupo no Facebook: “Nós tamén estamos orgullos@s do galego”

Eventos no Tuenti: “Orgullos@s do Galego”

Consello Directivo

Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo