Maio verde
A semana do dezasete de maio sempre ten algo de especial para o Instituto, porque se concentran varios actos culturais e festivos. Xa é unha tradición moi enraizada que na véspera das Letras Galegas se aproveite para lembrar á persoa homenaxeada nese día, nesta ocasión a Roberto Vidal Bolaño e a Rosalía pola efeméride de Cantares gallegos, combinado con actividades deportivas e celebración dos Maios.Nesta edición, e logo dun traballo de documentación sobre a flora do xardín, tamén se levou a cabo a identificación da maioría das árbores e dalgúns arbustos para que desta maneira, coñecendo o importante patrimonio vexetal que temos, o poidamos respectar e conservar. Esta tarefa queda enmarcada dentro das actividades da Axenda escolar 21 na que participan alumnado e profesorado.
Os da Axenda escolar 21 preparados para o traballo
Este curso O Maio nos estivo moi lucido, aínda que non lles faltou vontade ao alumnado de 4º da ESO para simular un rostro que imitaría a Rosalía de Castro pola homenaxe que se lle rende este ano co motivo da publicación de Cantares Gallegos hai 150 anos.Por outro lado, tamén faltou a parte musical da interpretación das coplas que xa era ineludible en anos pasados, aínda que si algunha circulou por entre o alumnado, como por exemplo, estas:
Os mozos do Instituto
téñenlle medo ao fiúncho,
porque din que se se achegan,
pónselles cara de unto.
A figueira do xardín,
xa non sabe se chorar,
de tanta silva que hai,
nunca máis figos vai dar.
Á sombra do ombú,
á sombra hanse pór,
cando veña o inverno
e faga máis calor.
Neste vinte aniversario
queremos hoxe mentar,
a todos os que pasaron
ou por aquí han pasar.
O maio foi como foi
Xa temos un motivo vexetal de fondo significado para o centro, o Ombú, e case estivemos a punto de contar cunha mascota; porque, entre outras sorpresas que nos deparou a sega da herba foi esta parella de gatos.
U-los gatos?