Maio verde

Publicado o 24 Maio, 2013 na sección Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

A semana do  dezasete de maio sempre ten algo de especial para o Instituto, porque se concentran varios actos culturais e festivos. Xa é unha tradición moi enraizada que na véspera das Letras Galegas  se aproveite para lembrar á persoa homenaxeada nese día, nesta ocasión a Roberto Vidal Bolaño e a Rosalía pola efeméride de Cantares gallegos, combinado con actividades deportivas e celebración dos Maios.Nesta edición, e logo dun traballo de documentación sobre a flora do xardín, tamén se levou a cabo a identificación  da maioría das árbores e dalgúns arbustos para que desta maneira, coñecendo o importante patrimonio vexetal que temos, o poidamos respectar e conservar. Esta tarefa queda enmarcada dentro das actividades da Axenda escolar 21 na que participan alumnado e profesorado.

img_5276.JPG

Os da Axenda escolar 21 preparados para o traballo

Este curso O Maio nos estivo moi lucido, aínda que non lles faltou vontade ao alumnado de 4º da ESO para simular un rostro que imitaría a Rosalía de Castro pola homenaxe que se lle rende este ano co motivo da publicación de Cantares Gallegos hai 150 anos.Por outro lado, tamén faltou a parte musical da interpretación das coplas que xa era ineludible en anos pasados, aínda que si algunha circulou por entre o alumnado, como por exemplo, estas:

Os mozos do Instituto

téñenlle medo ao fiúncho,

porque din que se se achegan,

pónselles cara de unto.

A figueira do xardín,

xa non sabe se chorar,

de tanta silva que hai,

nunca máis figos vai dar.

Á sombra do ombú,

á sombra hanse pór,

cando veña o inverno

e faga máis calor.

Neste vinte aniversario

queremos hoxe mentar,

a todos os que pasaron

ou por aquí han pasar.

img_5269.JPG

O maio foi como foi

Xa temos un motivo vexetal de fondo significado para o centro, o Ombú, e case estivemos a punto de contar cunha mascota; porque, entre outras sorpresas que nos deparou a sega da herba foi esta parella de gatos.

p1010290.JPG

U-los gatos?

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo