20º Aniversario
Nos días 15 e 16 de maio do 2013 celebráronse no IES do Castro diferentes actividades conmemorativas tanto do 20º Aniversario de existencia do centro como da festa nacional galega do Día das Letras Galegas. |
Reportaxe gráfica de Alberte Zato
Na tarde do mércores, 15 de maio na sala de conferencias do centro un selecto grupo de profesorado asistiu a dous actos nun:
- Presentación por parte de a profesora Dna. Lurdes da tarefa de etiquetado e catalogación das árbores e especies vexetais do xardín do instituto que se levaría a cabo na xornada seguinte do día 16 pola mañá…
- Disertación da profesora xubilada Dna. Mª del Carmen Pueyo sobre as súas lembranzas no instituto e un percorrido histórico-cultural da España e Galiza dos anos da súa mocidade, estudantado e actividade profesional docente.
Presentación das disertadoras por parte da vicedirectora Dna. Irene Pérez Pintos
Dna. Lurdes presentou a catalogación e etiquetado de especies vexetais do xardin do instituto que se faría ao día seguinte polo grupo de traballo de Axenda 21
O selecto grupo de profesorado asistente aos actos
Dna. Mª del Carmen (aka) Melela nun intre da súa amena disertación
O profesorado nuns intres moi agradables na disertación de Melela…
…Que foi moi celebrada e aplaudida
Dna. Mª del Carmen recibe con ledicia un ramo de flores e un DVD conmemorativo do 20º Aniversario
Na mañá do xoves, 16 de maio a partires das 12.00 horas celébranse no instituto as seguintes actividades:
- Etiquetado e catalogación das árbores e especies vexetais do xardín do instituto.
- Partidos de fútbol sala do campionato oficial do instituto.
- Actuación musical da alumna Sara González para os eus compañeiros/as do primeiro ciclo da ESO.
- Baile galego de romaría fronte aos maios.
Dna. Lurdes ao fronte do grupo de traballo de etiquetación e catalogación das especies arbóreas do noso xardín
A pesares do díscolo tempo, os equipos de futbol sala do campionato do instituto xogaron a súas finais
A alumna Sara González ofreceu un fermoso recital de saxofón aos seus compañeiros e compañeiras do primeriro ciclo da ESO. A actuación foi moi aplaudida e con varios bises.
Grupo de animoso profesorado, ataviado para a ocasión, prepáranse para o baile galego… ou o que veña…
…sempre ben acompañado de boas músicas…
Comeza o baile, cada quen ao seu estilo, pero sempre moi animado…
Que paciencia amosaban as músicas! Todo sexa pola patria galega…
O animoso profesorado quitando a bailar ao alumnado…con éxito variado… como os estilos enxebres…
Algún prefería darlle ao ritmo…
Ao final, como era propio e menester, o hino galego co violín dun animoso alumno… cantado (ou coreado ou tatareado- depende da memoria de cada quen-) polos asistentes a esta mini romaría.