Avaliación final de 2º curso de bacharelato

Publicado o 15 Maio, 2013 na sección Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

 

O día 23 de maio  pola tarde, terán lugar as avaliacións finais dos grupos de 2º Bach. Ao remate das mesmas, en torno ás 21h, faranse públicas as actas das avaliacións, e todo o alumnado poderá comprobar as súas cualificacións. Os boletíns, coas cualificacións finais, pódense recoller en secretaría.

O venres, día 24 de maio ás 10:00h, haberá unha reunión informativa sobre as probas de selectividade na aula de conferencias, a cargo do profesor D. Angel Núñez e do orientador do instituto D. Roberto Pérez.

As reclamacións sobre as cualificacións finais deberán seguer o protocolo que aparece descrito a continuación:

 

 

RECLAMACIÓNS 2º CURSO DE BACHARELATO

 

Lémbrase ó alumnado que non estea conforme coa súa cualificación que o procedemento a seguir é o seguinte:

 

-1ª Instancia: pedir ó/á profesor/a da asignatura a revisión do seu exame no seguinte prazo: Venres, 24 de maio de 10:00 a 14:00 horas.

- 2ª Instancia: En caso de disconformidade coa reclamación realizada ó/á profesor/a da asignatura o alumnado poderá facer unha reclamación ó Departamento, segundo modelo oficial, no seguinte prazo: Venres e luns, 24 e 27 de maio, ata as 14:00 horas.

As resolucións das reclamacións faranse: o martes, 28 de maio, ás 12:00 horas.

- 3ª Instancia : en caso de disconformidade coa resolución do Departamento o alumnado poderá presentar reclamación ante a Comisión de Supervisión da Consellería de Educación e Ordenanción Universitaria o luns día 3 de xuño.

As resolucións das reclamacións chegarán ó Instituto o venres día 7 de xuño.

 

 

Vigo, 15 de Maio de 2.013

A Dirección do IES do Castro

 

Lémbrase a todo o alumnado de 2º de bacharelato que ten que entregar as chaves das taquillas en conserxería.

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Ledicia Costas co alumnado de 3º da ESO

Publicado o 14 Maio, 2013 na sección Actividades, Lingua e Literatura galegas por Xulio Dobarro

 A avogada e escritora  viguesa Ledicia Costas compartiu a súa experiencia de escritora co alumnado de 3º da Eso, iniciando así algunhas das actividades que ao longo desta semana se programaron para a celebración das Letras Galegas. Os temas que aborda na novela son de máxima actualidade pola referencia máis clara ao acoso escolar, ciberacoso, adolescencia e sexualidade.

p1010283.JPG

Un momento da intervención da escritora na sala de conferencias

p1010287.JPG

LEDICIA COSTAS ASINANDO NO LIBRO DE VISITAS DA BIBLIOTECA

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

For my English students

Publicado o 10 Maio, 2013 na sección Documentos, Lingua Inglesa por Alberte Zato
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Do Castro a Castromao-Celanova

Publicado o 9 Maio, 2013 na sección Viaxes, Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Zona Alumnado, Lingua e Literatura galegas por Xulio Dobarro

foto0117.jpg

Un grupo de alumnas na casa dos Poetas/ Antigo fogar de M.Curros Enríquez

Todos os cursos académicos son moi semellantes,pero este reúne algo especial, porque se celebra o vixésimo aniversario da apertura de curso aló polo ano 1993, tal e como se pon de manifesto pola ampla mostra fotográfica que recobre as paredes dun dos corredores con imaxes desta curta pero densa historia.

Pois ben, para unirnos a esta efeméride non podiamos esquecer unha actividade moi vencellada á biografía  do centro, como é a visita interdisciplinar á comarca de Celanova, e desta xeira a Allariz e Ourense co alumnado de 3º da ESO.

Nesta edición. a xornada celebrouse o día 7 de maio, agardando pola primavera florida e os días máis longos.

En cursos pasados, a tradición marcaba a chegada ata a Baixa Limia por terras do Xurés no concello de Lobios para refrescarnos a memoria romana coa Vía Nova, o baño  en Río Caldo e o xantar no encoro das Conchas. Este día optouse por recortar a distancia e quedarnos por terras de Celanova, entre outras razóns polo terreo enchoupado e a lonxanía da fronteira portuguesa.

Cando eran as dez da mañá estabamos escoitando as campás da igrexa do mosteiro de San Salvador de Celanova e repartíndose o alumnado  en dous grupos para uns visitar o recinto monacal e outros a Casa dos poetas. Os dous lugares de referencia da vila, xa que entre as súas paredes se toman a maior parte de decisións con respecto á vila nos aspectos culturais, políticos e relixiosos.

foto0120.jpg

Nas termas de Outariz

A visita ao mosteiro inclúe unha explicación  de tipo histórico e, sobre todo arquitectónico,dos claustros, o retábulo barroco ou os coros de feitura moi interesante. Este ano, ademais, como coincidiu a visita co horario escolar do Ies de Celanova,  tamén se realizou un percorrido polo famoso Claustro do Poleiro e a Biblioteca, que foi do mosteiro, e impresiona polo seu tamaño e os andeis barrocos en madeira de castiñeiro -Algún case se creu que podía ser a de Howards-.

O recinto monacal, á parte das múltiples actividades que se desenvolven nel, inclúe, nun espazo anexo, que foi horta do mosteiro, a capela mozárabe de San Miguel, -a xoia da coroa-, e unha rocha curiosa da que se teñen dado diferentes interpretacións, se de lugar de cultos pagáns para algún ritual ou ben, simplemente, para uso doméstico (lagar).

Na Casa dos poetas, que pertenceu á familia de Curros, e funciona a xeito de lugar de pequenas exposicións e con información relativa ao poeta por excelencia de  Celanova, tamén  inclúe unha pequena mostra de paneis relativos á biografía e obra do autor, así como algún retallo da obra de Celso Emilio Ferreiro e do que foi presidente da Real Academia Galega, X. L. Méndez Ferrín, poeta e narrador moi vencellado á localidade cercana de Vilanova dos Infantes, lugar no que se venera a virxe do Cristal e que de seguido nos mostraría o crego da parroquia a imaxe conservada e que serviría a Curros para compór o famoso poema narrativo da Virxe do Cristal.

foto0114.jpg

Na horta do mosteiro ao pé da capela de san Miguel

A sorpresa da xornada estivo na decisión de ir repoñer forzas á vila cercana de Allariz, xantar ao pé do río Arnoia, desfrutar da harmonía desta vila que foi recoñecida en 1994 co premio europeo de urbanismo e de seguido encemiñarse cara a Ourense cidade.

O serán estaba, en certo modo, reservado para o lecer e o paseo pousado polo casco vello da cidade das Burgas, pero, tamén había que contar con algún imprevisto; como así foi.

Cando iamos todos decididos a mergullarnos nas novas Burgas públicas, habilitadas para o baño no centro da cidade, a sorpresa e decepción foi total porque xusto ese día fora escollido para reformas. Había que buscar outra alternativa, pasada por auga. Cal? Pois, nesta ocasión,  a solución era doada, dada a abundancia de recursos termais da cidade.

Foi deste xeito como decidimos trasladarnos á ribeira do Miño e achegarnos ata as termas da Chavasqueira e de seguido ás de Outariz, onde se deu cumprida satisfacción ao baño termal, logo dun interesante pero non curto percorrido á beira do río. A xornada remataba entre lusco e fusco cando chegabamos ao Castro.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Folga do día 9 de maio

Publicado o 8 Maio, 2013 na sección Zona ANPAs por Xefatura de Estudos

nota_anpa.jpg

FOLGA NO SECTOR DO ENSINO. A FOLGA DAS FAMILIAS. XOVES 9 DE MAIO

A ANPA do IES do CASTRO acordou seguir a convocatoria de folga da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para o día 9 de Maio. A folga é unha protesta contra dos recortes na Educación e contra do anteproxecto de reforma educativa -a LOMCE-, que nos fai retroceder décadas no acadado con tanto esforzo. Rexeitamos a LOMCE porque é un anteproxecto de lei que reproduce un sistema xerárquico e empresarial para o funcionamento dos centros, e dificulta o acceso das clases populares á educación, impoñendo unha educación baseada fundamentalmente na competitividade, afondando a exclusión social e a desigualdade, e desprezando o ensino equitativo, inclusivo e integral, cuxo obxectivo principal debe ser a formación de persoas críticas e responsábeis. Unha lei ao servizo da patronal do ensino privado concertado e da mercantilización da educación que confirma os actuais concertos educativos, e legaliza os centros que segregan alumnado por razón de sexo. Unha lei que deixa ao Consello Escolar sen atribucións decisorias, e ás familias un mero papel de tertulianos nun órgano onde un director imposto toma as decisións.

As ANPAs do IES do Castro, Fleming e Villalaura faremos o xoves unha marcha, xa autorizada pola Delegación do Goberno. Nos congregaremos na Praza do Fleming ás 10:30, para partires en grupo e con pancartas ata o IES do Castro, e logo cara á Praza de España para chegar alí ás 11:30, hora da manifestación Xeral.

Invitamos a tódolas nais, país, profesores e alumn@s que compartan as nosas preocupacións e vaian á folga, a sumarse a esta marcha conxunta dos tres centros que é a marcha de tod@s, e vir xunto con nós á Manifestación Xeral da Praza de España.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Celebracións do 20º Aniversario do IES do Castro

Publicado o 5 Maio, 2013 na sección Celebracións, Vicedirección por Alberte Zato

celebracions_20.jpg

PROGRAMA 20 ANIVERSARIO

MÉRCORES, 15 DE MAIO

19′00  LURDES  PRESENTA  A GUÍA DAS ÁRBORES DO IES DO CASTRO

CHARLA DA HISTÓRICA PROFESORA DE HISTORIA CARMEN PUEYO, “MELELA”.

21′30 CEA  NÁUTICO

(Estas dúas actividades son para profes xubilados e en activo e para PAS xubilados e en activo)

23′30-24′00 COPAS NO TQM  (prezo especial 3€) (Esta actividade é tamén  e sobre todo para ex-alumnos/as)

XOVES, 16 DE MAIO

RAPSODAS DE PDC RECITAN A ROSALÍA POLAS AULAS DE 3º E 4º

RECITAL DE POESÍA CLASICA EN GALEGO DE 1º D PARA  1º BAC.

TEATRO LIDO  PARA 1º CICLO

ROTULACIÓN DE ÁRBORES DE AXENDA 21 (3º ESO)

FINAL DO TORNEO DE FUTBOL

MAIOS E COPLAS

COMIDA CAMPESTRE CON POLBEIRA E GAITEIRAS

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

O luns, día 22 de abril, non haberá actividade lectiva

Publicado o 15 Abril, 2013 na sección Xefatura de Estudos por Xefatura de Estudos

sen_clase.jpg

Recordamos ós membros da comunidade educativa do IES do Castro que o próximo luns 22 de abril o Centro permanecerá pechado, por ser este un dos días de libre disposicición escollido como non lectivo polo Claustro do Centro e autorizado pola Xefatura Territorial de Educación.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Consellería de Educación: Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras do alumnado

tri_national.png

yellow_inverted_commas.pngAnte a publicación no DOG do día de hoxe da Orde do 18 de marzo de 2013, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2013, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria, co rogo da súa difusión entre o alumnado posible beneficiario destas axudas.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 23 de marzo e remata o día 22 de abril.

A información sobre este programa, así como a aplicación “en liña” que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.

Sinálase que, no caso dos centros concertados, en educación secundaria obrigatoria as certificacións serán asinadas polo director ou directora do centro educativo co visto e prace da inspección educativa, e no caso das ensinanzas de bacharelato e de formación profesional, as certificacións asinaraas o secretario ou secretaria do centro público no que se atope o expediente académico e co visto e prace do director ou directora dese centro.

 

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2013

O Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado,

Manuel Vila Lópezyellow_inverted_commas_close.png

 

Cartel informativo en pdf

 .pdf

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/axudasle/CARTEL%202013.pdf

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo