BASES CONCURSO:É POSIBLE A IGUALDADE?!

Publicado o 31 Xaneiro, 2015 na sección Consello escolar, Taboleiro Transversal por Xulio Dobarro

P { margin-bottom: 0.21cm; }A:link { }

BASES CONCURSO : É POSIBLE A IGUALDADE!?

MODALIDADES:

RELATO CURTO: Extensión máxima 5 folios a dobre espazo.

POEMA: Aproximadamente 20 versos

MONÓLOGO/PERFOMANCE: Texto concebido para a representación polo propio autor ou colaboradores.

DESEÑO CARTEL Tamaño A-3 que debe incluír imaxe e texto.

ENSAIO: Breve investigación na que se poña de manifesto algunha actitude especialmente discriminatoria para as persoas.

Os traballos serán orixinais e quedarán a disposición do Instituto para a súa publicación ou difusión a través de calquera dos medios disponibles (Páxina Web, revista, etc)

Tamén se valoraría calquera traballo que sendo presentado noutro formato responda á idea principal do concurso, por exemplo, vídeo.

TEMA: En busca da igualdade

Valorarase a imaxinación, creatividade e orixinalidade; así como a dificultade e a claridade das mensaxes que teñan  relación preferente coa contorna escolar por discriminación de sexo, raza, relixión, minusvalía,idioma, etc.. Terase en conta o emprego dunha linguaxe inclusiva, non sexista nacomposición dos textos.

PRAZO DE ENTREGA: Mércores 4 de marzo de 2015. Fallo dos premios : 9 de marzo

LUGAR DE ENTREGA: SECRETARÍA

Os traballos serán entregados en sobre pechado e baixo plica , de tal xeito que non se identifique por fóra a persoa que o presenta.

PREMIOS: Dependendo da calidade e do número de participantes estableceranse dous premios por cada unha das modalidades obxecto do concurso E PARA CADA ETAPA (ESO e BACHARELATO)

1º PREMIO: VALE POR VALOR DE 30 € EN LIBRARIA OU CAFETARÍA

2º PREMIO: VALE POR VALOR DE 20 € EN LIBRARÍA OU CAFETARÍA

ACCÉSITS SEGUNDO PARTICIPACIÓN

 

DOCUMENTO BASE DE REFLEXIÓN

A IGUALDADE É POSIBLE!?

O concepto igualdade adquiriu un peso específico desde o punto de vista socio-político a partir da época da Ilustración (sec. XVIII), cando un grupo de intelectuais e pensadores loitaron a favor da IGUALDADE en termos sociais e políticos. Este tipo de IGUALDADE coñecese como IGUALDADE DE DEREITOs E OPORTUNIDADES. Así ocorreu durante a revolución Francesa, momento no que se acuñou a célebre proclama de LIBERDADE, IGUALDADE E FRATERNIDADE.

Sobre esa base asentáronse os alicerces da Declaración Universal dos Dereitos humanos, proclamada pola ONU o 10 de decembro de 1948. Nela defendíase que ningún ser humano podía ser infravalorado pola súa raza, sexo, idioma, relixión ou opinión política. En definitiva, “a igualdade como equivalencia” supón que non se dá un trato discriminatorio a ningunha persoa e que todas elas teñan o “ mesmo valor ou dignidade” a todos os efectos.

Un espazo singular, dentro dos dereitos humanos, ocúpano os dereitos da Infancia/adolescencia.

Os dereitos da infancia/adolescencia poden dividirse nas seguintes categorías:

  • Dereitos á supervivencia: que buscan protexer e garantir o dereito á vida e a satisfacer as súas necesidades máis básicas, coma o alimento, o abrigo e a protección da saúde.
  • Dereitos ó desenvolvemento: que buscan protexer e garantir o desenvolvemento pleno (físico, espiritual, moral e social), coma o dereito á educación, á cultura, ó xogo e á liberdade de pensamento, conciencia e relixión.
  • Dereitos á protección: que buscan protexer e garantir que non sexan obxecto de abusos, neglixencia e explotación, coma o dereito ó nome, (identidade), nacionalidade e coidado.
  • Dereitos á participación: que buscan protexer e garantir a súa participación nas decisións que lles afectan e nas actividades das súas comunidades locais e 
  • Dereitos a ser escoitado: que buscan protexer e garantir o seu respecto polos demais. Por que se non escoitas a un neno, este tampouco escoitará aos demais (é para a súa educación).

    LISTAXE DE VALORES DE REFERENCIA

    A DESENVOLVER PARA O CONCURSO:

    AMIZADE COMPAÑEIRISMO CONFIANZA CONSTANCIA

     

    CREATIVIDADE CRITERIO PROPIO DIVERSIDADE XENEROSIDADE

     

    HONRADEZ IMAXINACIÓN XUSTIZA MEDIO NATURAL

     

    RESPONSABILIDADE SOLIDARIEDADE TOLERANCIA VALENTÍA

Diferentes tipos de discriminación:

1.-Discriminación racial ou étnica: Cando unha persoa ou grupo humano é tratado como inferior pola súa pertenza a unha determinada raza ou etnia: Indios americanos, xudeus, xitanos, negros, galegos, etc.

2.-Discriminación relixiosa: Unha persoa ou grupo de persoas reciben un trato desfavorable por non practicar a crenza relixiosa maioritaria da sociedade na que vive ou por non profesar crenza ningunha.

3.-Discriminación política: Cando algunhas persoas ás que lles toca vivir baixo reximes totalitarios ou ditatoriais non poden expresar libremente as súas conviccións políticas.

4.-Discriminación sexual: Cando a muller queda relegada ao ámbito doméstico e se pensa que non ten capacidade para desenvolverse intelectual ou fisicamente no ámbito laboral. Tamén se pode incluír neste apartado a discriminación por razóns de orientación sexual (homosexualidade).

5.-Discriminación por nivel cultural e económico: Cando unhas persoas discriminan a outras por consideralas inferiores cultural ou economicamente.

6.-Discriminación estética: Cando unha persoa é tratada com inferior porque a súa imaxe persoal non encaixa co ideal de beleza maioritariamente establecido na sociedade na que vive.

7.-Discriminación por idade: Cando se menospreza ou se maltrata a outra persoa pola súa curta(neno) ou avanzada idade (maior)

8.-Discriminación por discapacidade: Cando se menospreza ou infravalora a outra persoa por presentar algún tipo de discapacidade física ou mental.

9.-Discriminación por enfermidade: Cando algunhas persoas, polo feito de ter contraído algunha enfermidade, sobre todo, actualmente as infectocontaxiosas, son tratadas con recelo ou desprezo.

10.-Discriminación lingüística: Cando unha persoa é obxecto de rexeitamento por utilizar unha lingua minorizada (galego, bretón, quechua, etc.) ou cando, de xeito consciente ou inconsciente,empregamos unha linguaxe excluínte.

Como superar estas e outras manifestacións de DESIGUALDADE / DISCRIMINACIÓN? Como facelas visibles aos ollos das persoas que nos rodean?Velaquí o noso desafío, promovendo valores e actitudes positivas, por exemplo:

Na casa:Fomentando o respecto mutuo e o reparto de Tarefas,nin rosa nin azul, nin Machismo nin “hembrismo”.

Na escola : COEDUCACIÓN, linguaxe non sexista; fronte a acoso escolar (Bullyng), ciberacoso (sexting)…unha actitude positiva.

No traballo: igualdade de xénero: A igual traballo igual salario,

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo