DISPUTE, DISCUSS, DEVELOP. Szeged,Hungría

Publicado o 21 Marzo, 2017 na sección +Erasmus Project por Directora

 Un grupo de alumnos e profesores do IES do Castro atópanse en  Szeged (Hungría) do 20 ao 24 de marzo, para participar na último encontro deste curso  no marco  do programa  Erasmus + , no que debatirán  xunto con centros de Letonia, Grecia e Hungría.

Se queredes seguir as súas actividades en Szeged  podedes facelo na  web:

https://www.instagram.com/erasmusplus_vigo/

eramus-hungary-debate.png

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Arte e Historia en Pontevedra

Publicado o 8 Marzo, 2017 na sección Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Zona Alumnado por Alberte Zato

Facer un cadro non é nada fácil. E non soamente a realización, buscar a temática, as cores adecuadas, o fondo, o punto de vista, as técnicas… non, tamén a busca dos materiais precisos. Pero, máis difícil era na Antigüidade, cando o artista víase obrigado a facer os materiais e cores que precisaba para a realización da súa obra dende cero, ou as superficies onde a ía realizar. E  isto foi o que nós, os alumnos de 2º de bacharelato, puidemos aprender na Escola de Belas Artes de Pontevedra, na visita previa ao gran aliciente do día, o Museo de Pontevedra.

viaxe_pontevedra.jpg

Dividido en 6 edificios, e pasando por tódalas épocas e estilos posíbeis (pero mantendo a localización ou arte galega coma estandarte), contén obras de autores recoñecidos mundialmente coma Sorolla ou Castelao, e un taller onde se fai a restauración das obras que chegan ao museo e precisan dela.

Ao chegar ao museo, comezamos a visita por un edificio que, con cristais transparentes ao exterior, tiña escaleiras núas, que recordaban ao cadro de Escher das escaleiras que soben, pero ao mesmo tempo baixan… todo depende da perspectiva coa que o mires.

O seguinte, ou primeiro que vimos, foi o edificio reconvertido dos xesuítas, o edificio Sarmiento, construído entre 1685 e 1714, e que dende o ano 1981 forma parte do museo. Cando se realizou, era unha igrexa e á vez un convento ou colexio. Nas súas salas exhíbense como exposición permanente os fondos arqueolóxicos da Prehistoria e da antigüidade, a arte galega medieval ata o S. XIII, as coleccións de loza de Sargadelos, cerámicas de Pontecesures e unha selección dos alfares nacionais máis representativos, como, por exemplo, os de Manises, Paterna… Neste apartado vimos o tesouro de Caldas de Reis, que eran xoias da prehistoria, destacando entre eles os lingotes ou peites, e que apareceron no  1700 a.C.

viaxe_pontevedra2.jpg

Por outra parte, tamén observamos restos humanos nas tumbas paganas, e estelas funerarias como eran a de Vilar de Sarria e a de Araño. A parte destas, a nosa guía informounos sobre as tumbas da necrópole dunha ermida da  Praia da Lanzada, que se correspondía cunha ermida galaico-romana.

Máis tarde, pasamos a ver a zona medieval, onde encontramos un retablo galego feito en madeira e con inscricións na propia lingua, o cal, como a guía nos contou, foi atopado por un matrimonio que decidiu deixalo ao Museo, xa que hoxe en día é o único retablo medieval galego que conservamos, e é unha peza de moitísimo valor para a nosa cultura. Foi nesa misma zona onde se atopaba a Virxe Blanca, realizada por Joao Ruao.

Tamén nos informaron sobre a Xeración Doente, que era una xeración formada polos pintores máis destacados do último terzo do século, e que se chamaban así por seren grandes artistas que morreron cando eran grandes promesas.

viaxe_pontevedra3.jpg

Por último, a nosa visita finalizou na Basílica de Pontevedra, que, coma nos contaron dúas compañeiras, é unha igrexa católica, datada no século XVI e convertida en Basílica dende o ano 1962 por decreto do Papa Juan XXIII.

Como puidemos observar, é de estilo gótico, con influencias portuguesas,  e na cal o que máis destaca é a fachada principal con moita decoración e esculturas como a de San Pedro e a de San Pablo. Por estes motivos, foi considerada, dende 1931, Monumento histórico-artístico por pertencer ao tesouro artístico nacional.

En conclusión, pódese afirmar con claridade que esta xornada foi moi enriquecedora para os alumnos de 2° de bacharelato, na que adquirimos coñecementos sobre moitas cousas e na que o arte foi o que nos absorbeu, e non ao revés,  como soe pasar en clase. En definitiva, unha mañá moi boa, a pesares da chuvia, do frío ou das presas.

Alicia Val, María Alonso e Andrés Weiss 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria do programa do Concello ” Vigo en Inglés” 2017

Publicado o 2 Marzo, 2017 na sección Zona Alumnado por Directora

 

Informamos da convocatoria do programa educativo municipal   VIGO EN INGLÉS 2017  dirixido ao alumnado que está a cursar 3º ESO.

As solicitudes poden presentarse no Servizo de Educación do Concello de Vigo

Prazo: ata o 15 de marzo de 2017

Adxúntase arquivo con tríptico informativo

.pdf

triptico-vigo-en-ingles-2017.pdf

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria de axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras

Publicado o 2 Marzo, 2017 na sección Zona Alumnado, Zona ANPAs, Secretaría por Directora

 dog.jpg

Informamos da apertura do prazo para solicitar axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017.

Dirixidas a alumnado de ESO e Bacharelato

Prazo de presentación: ata o 28 de marzo de 2017 na secretaría do centro

Pódese consultar a Orde publicada no DOG no seguinte arquivo:

.pdf

orde-axudas-formacion-alumnado-en-linguas-estranxeiras-anunciog0164-150217-0001_gl.pdf

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo