Protocolo de adquisición, características e uso das máscaras para o alumnado beneficiario das mesmas

Estimadas familias :
Segundo a orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria no curso 2020/21 será beneficiario das máscaras , directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar.
A Dirección Xeral de Centros e RRHH mandou unha serie de instrucións para a compra destas máscaras por parte dos centros : Tipoloxía das máscaras – Máscaras hixiénicas reutilizables segundo especificacións UNE 0065 para uso do alumnado. Empregadas para minimizar o risco de propagación da COVID-19 entre as persoas. Non poderán levar ningún tipo de inscrición ou serigrafía.
Adquiriranse 3 ou 4 por alumno/a en función da súa durabilidade ( número de lavados ) , e dos días lectivos que resten de curso.
O noso centro mercou 3 por estudante polas características das máscaras . Teñen 70 lavados e poden ser usadas durante 210 días de clase . Recomendamos non usar estas máscaras durante as vacacións e fins de semana.
Un saúdo da dirección do IES DO CASTRO
 
					
				 Imprimir este Artigo
 Imprimir este Artigo
	
	









