Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Convocatoria 2021 para prazas do Programa do Diploma de Bacharelato Internacional no IES do Castro

Publicado o 23 Maio, 2021 na sección ++Programa do Diploma do Bacharelato Internacional por Alberte Zato

dp-programme-logo-es-525.png

 

Convocatoria 2021- Programa do Diploma do Bacharelato Internacional

O IES DO CASTRO anuncia a convocatoria de prazas para realizar o primeiro ano do Programa do Diploma do Bacharelato Internacional nas modalidades de Ciencias Sociais e Humanidades e Científico-Técnica, durante o curso académico 2021-2022.

Poderán optar a estas prazas todos os alumnos e alumnas que cumpran os seguintes requisitos:

 

  • ter aprobado en xuño o 4º curso do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO).
  • ter cursado en ESO as materias do Programa do Diploma nas que se van matricular e ter conseguido un mínimo de 7 en todas elas.

A adxudicación de prazas (*) terá en conta o expediente do alumnado nos catro cursos da ESO.

O prazo de solicitude estará aberto a partir do luns 24 de maio ata o mércores 16 de xuño ás 14:00 horas. Realizárase mediante o documento número 2 (impreso solicitude) que haberá que encher e escanear ou fotografiar, e mandar xunto co resto da documentación que indicamos no seguinte documento en .pdf:

 

.pdf

 

convocatoria-2021-bacharelato-internacional.pdf

 

 

DOCUMENTOS CITADOS

 

1-triptico-informativo-2021-2022.pdf

 

2-impreso-solicitude-praza-bacharelato-internacional-2021.pdf

 

3-informe-academico-curso-2020-21.pdf

 

4-politica-de-admision-de-alumnado-bi-cast-gal.pdf

 

 

LIGAZÓN DE INTERESE

 

Páxina oficial da Organización do Bacharelato Internacional

 

 

ib-website.jpg

 

 Para máis información contacte vía o correo-e castroibo@gmail.com 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Publicadas as listaxes definitivas da admisión de alumnado para o curso 2021/2022

Publicado o 13 Maio, 2021 na sección Zona Alumnado, Secretaría por Alberte Zato

reserva_praza.png

 

Publicadas as listaxes definitivas de admisión de alumnado para o curso 2021/2022, no taboleiro de anuncios do centro.

[Lémbrase que segundo a Lei de Protección de Datos non está permitido facer fotos ás listaxes] 

O alumnado admitido terá que realizar a súa matrícula no prazo correspondente, desde o día 25 de xuño ao 10 de xullo de 2021.

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo