Publicación das listaxes provisionais da admisión de alumnado para o curso 2022/2023
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO IES DO CASTRO PARA O CURSO 2022/2023.
Ø venres 22 de abril no taboleiro de anuncios do propio centro educativo.(NON SE FACILITARÁ INFORMACIÓN TELEFÓNICA).
RECLAMACIÓNS:
Ø As puntuacións detalladas poderán consultarse na secretaría do centro de 9.00 a 14 dende o venres 22 ata o xoves 28 de abril.
Ø As reclamacións ás listaxes poderanse presentar ata o Venres 29 de abril en horario de 9.00 a 14.00 na secretaría do centro.
Ø O prazo de Resolución das reclamacións é de 5 días hábiles.
DATAS DE PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS:
- Antes do 15 de maio de 2022


As STEM Women e o alumnado das Seccións Bilingües
O alumnado das SSBB de 3º ESO estivo traballando dende o comezo de curso nun proxecto interdisciplinar (nas materias de inglés e Plástica e Visual) de investigación sobre as mulleres que deixaron a súa pegada nas disciplinas STEM e que remata coa exposición dos seus carteis e posters co gallo do Día da Muller.
Parabéns a todo o alumnado participante e ao profesor de Plástica e Visual, Fran Jaraba.

Información e documentación sobre o proceso de admisión de alumnado para o curso 2022-2023 no IES do Castro
ADMISIÓN DE ALUMNADO NO CURSO 2022/2023
- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Prazo: do 1 ao 21 de Marzo.
Presentación:
- De forma presencial, en papel na secretaría do centro escollido no primeiro lugar.
- A través da aplicación de admisión de alumnado (clic a aquí para acceder) con CHAVE 365 ou certificado dixital.
- Sede electrónica da Xunta de Galicia (CÓDIGO DO PROCEDEMENTO ED550B)
- RECOLLIDA DO IMPRESO E PRESENTACIÓN NO CENTRO:
A partir do luns día 1 na secretaría do centro:
- O día 1 e 2 de Febreiro no horario de 9:30 a 1:00h
- A partir do día 3 de Febreiro no horario de 9 a 2:00h
Toda a información neste
informacion-admision-alumnado-2022-2023.pdf

Día de Rosalía
DÍA DE ROSALÍA (23 DE FEBREIRO DE 2022)
Un 23 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro en Santiago de Compostela. Lembrando os versos que Curros lle dedicou, unha muller “que tiña na fronte unha estrela e no bico un cantar”.
Por iso, este 23 de febreiro de 2022, a biblioteca do instituto e o EDLG queremos honrar a súa memoria celebrando o seu nacemento. E que mellor maneira de facelo que contribuíndo, como fixo ela, a dignificar o galego e demostrar que é unha lingua tan apta para a literatura coma calquera outra. E como imos facelo? Pois regalando literatura en galego!
Pero Rosalía son moitas persoas máis. En palabras de María Xesús Lama, autora dunha magnífica biografía da poeta, Rosalía é “unha rapaza atrevida disposta a construír unha vida independente”, “unha cidadá adulta que reflexiona sobre a sociedade do seu tempo e que aposta por un proxecto de cambio social”, “unha escritora que escribe a pé de rúa”, identificándose co pobo e sufrindo con el, denunciando as inxustizas e os abusos dos poderosos desde unha postura revolucionaria para a época,
Pero tamén é unha escritora consciente do seu talento que reivindica o seu espazo na literatura, os seus dereitos, en contra do machismo dominante. E “que escribe do que non está permitido, o que ninguén espera” nunha muller, como moi ben expresa neste poema de Follas novas:
Daquelas que cantan as pombas i as frores
todos din que teñen alma de muller,
pois eu que n’as canto, Virxe da Paloma,
¿Ai! ¿De que a terei?
En resumo, unha muller libre. Nas súas palabras: Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino.
ACTIVIDADES

Concurso de creatividade artística
Dende o EDLG e a Biblioteca convócase un concurso de creatividade literaria
CONCURSO DE POEMAS E MICRORRELATOS
TEMÁTICA DOS POEMAS LIBRE
TEMÁTICA DOS MICRORRELATOS:
A- A CREENZA GALEGA DOS CORPOS ABERTOS
B- UN SUCESO QUE ACONTEZA NUNHA BIBLIOTECA
C- A NATUREZA
LEDE BEN AS NORMAS E MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN NO DO CONCURSO
ANTE CALQUEIRA DÚBIDA CONSULTADE COA COORDINADORA DO EDLG CRISTINA NOGUEIRA OU BEN CON CARMEN VILARIÑO

Novo blogue do Departamento de Orientación deste Instituto
Toda a información e novidades sobre Orientación académica-profesional en
https://orientadocastro.blogspot.com/

