Calendario escolar 2023-2024

Publicado o 9 Outubro, 2023 na sección Calendario escolar por Alberte Zato

Clique na imaxe para vela tamaño 1:1

 

calendario-escolar-2023-2024_page-0001.jpg

Descarga en

.pdf

calendario-escolar-2023-2024.pdf

 

 

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Días non lectivos de libre elección polo instituto para o curso 2023-2024

Publicado o 6 Outubro, 2023 na sección Calendario escolar, Avisos urxentes, Dirección por Alberte Zato

pechado.jpg

 Segundo os acordos do Claustro e Consello Escolar seran días non lectivos de libre elección para o presente curso 2023-2024 os seguintes:

 

  • Venres, 13 de outubro 2023
  • Luns, 20 de maio 2024
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Reunións das titorías coas familias dos diferentes cursos e niveis educativos

Publicado o 21 Setembro, 2023 na sección Avisos urxentes por Alberte Zato

reunion-familias.jpg

 

Co obxecto de ter un contacto máis directo coas familias do noso alumnado, dar información xeral sobre o plan tutorial de cada grupo e atender as preguntas que se poidan formular presentamos o calendario de reunións ás que animamos a acudir para unha mellor comunicación entre membros da comunidade escolar:

 

 - Luns 25 de setembro, REUNIÓN TITORES/AS COAS FAMILIAS, para os cursos 1ºESO, 2ºESO e 3ºESO ás 18:30 h.


- Luns 2 de outubro, REUNIÓN TITORES/AS COAS FAMILIAS, para os cursos 4ºESO, 1ºBACH e 2ºBACH ás 18:30 h.

Desexamos a toda a comunidade escolar deste IES do Castro un bo curso e uns resultados académicos satisfactorios.

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Troca-Libro/s Curso 2023/24

Publicado o 11 Setembro, 2023 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

trocalibros.jpg

Como vimos facendo dende o remate do programa de gratuidade de libros de texto na educación secundaria obrigatoria, comezamos unha vez máis o servizo de intercambio voluntario de libros de texto do IES do Castro (Troca-Libro / s) para todas as familias do IES, sexan ou non asociadas á ANPA. Esta actividade consiste en doar voluntariamente os libros que xa non imos utilizar, e solicitar a recepción de libros do curso ao que accederemos.

Neste ano, co gallo da nova lei de contidos de educación, vanse cambiar todo-los libros de 2º e 4º da ESO, e case que todos os de 2º Bach. En consecuencia, temos que tomar contra da nosa vontade os seguintes acordos:

 

1.     Non se recolleran libros dos cursos de 2º e 4º ESO. Recomendamos gardalos durante un tempo, e logo desfacerse deles cada quen, por si algún profesor/a os usa. Pero iso é pouco probable

2.     De 2º Bacharelato en principio recolleremos soamente os libros de Inglés, Física e química, e Historia e Economía. Por si acaso traer vosas doacions deste curso ao trocalibros, a ver si serve algunha outra

3.     Todos os libros de 1º e 3º ESO e 1º de bacharelato son válidos.

4.     Calquera alumno do centro, sexa ou non asociado á ANPA, pode solicitar presencialmente libros do trocalibros na data da súa convocatoria.

 

Normalmente recibiranse máis ou menos libros segundo o número de libros que entregabamos, e segundo o número de libros que entregaban os alumnos do curso ao que imos. Este ano non será así, porque as familias de 2º e 4º ESO non lle computaran os libros que entreguen porque non os recolleremos. O procedemento de cambio argallado pola goberno central e a Xunta de Galicia levan a unha tremenda inxustiza para as familias do alumnado que accede a 2º ou 4º ESO e 2º BACH neste curso, pois á falta de libros válidos ven sumarse  a do curso pasado, repetindo a inxustiza nas mesmas familias. Coma xa recomendamos neste curso, non queda outra que solicitar en xuño Fondo de libros da Xunta, e aínda que nosa renda exceda o límite, confiar que nos concedan algún libro.

 

Sabedes que dende a ANPA andamos a procura a través de FOANPAS de que volva a poñerse en practica o programa de gratuidade e propiedade da Xunta dos libros de texto. Pero non o damos conseguido. Tamén temos intención neste curso de propor a entrada do IES do Castro no programa de libro dixital E-Dixgal da Xunta, a ver si acabamos co irritante gasto en libros de texto de cada curso.

 

As datas da edición do trocalibros deste curso serán:

 

1.     Apertura do prazo para solicitar libros, e no seu caso doar libros válidos de 1º ESO, 3º ESO y 1º e 2º BACH será o MARTES 12, DAS 16:30 ÁS 19:00 HORAS

2.     A data para recoller os libros que nos toquen para o alumnado será o XOVES 14 DAS 17:00 ÁS 19:00.

 

Todo isto do trocalibros é voluntario e altruísta, posto en funcionamento grazas ao traballo desinteresado dalgúns das náis/pais da ANPA. Telo en conta para desculpar un funcionamento sempre mellorable. Noso maior cumprimento ás familias que entran en 2º e 4º ESO. Moito ánimo, e sobre todo infinita gratitude se a pesar deste atranco considerades apropiado doar os vosos libros do curso pasado a cambio soamente dun xesto de agradecemento e respecto. O curso que ven todo isto estará xa normalizado, e confiamos que o trocalibros recupere o seu senso.

 

En breve vos anunciaremos a convocatoria da asemblea xeral de principio de curso da asociación, que esperamos sexa presencial no IES a comezos ou mediados do mes de outubro. Gracias pola vosa comprensión e apoio a un ANPA que é, e ten que ser, de todas as familias do IES.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Inicio do curso 2023-2024

Publicado o 7 Setembro, 2023 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Xefatura de Estudos por Alberte Zato

volta_a_clase.png

 

Luns 11 de setembro de 2023:

As presentacións do alumnado, cada un pola súa porta de entrada, serán na seguinte orde:

16:30 horas: Presentacións de 1º ESO (entrada por porta A ) e 4º ESO (entrada por porta C)
17:00 horas: Presentacións de 2º ESO (entrada por porta A ) e 1º Bach (entrada por porta C)
17:30 horas: Presentacións de 3º ESO (entrada por porta A ) e 2º Bach (entrada por porta C)

Ás presentacións serán cos titores ou titoras de cada grupo, que chamarán ao alumnado por orde de lista e os acompañarán ás súas respectivas aulas.
Unha vez rematada a presentación o alumnado poderá sair do centro.

Ás clases comezan con normalidade o martes ás 09:00 horas da mañá.

Grazas de antemán pola súa colaboración e BO CURSO. 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Aviso: listaxe de FONDOLIBROS xa dispoñibel cos libros específicos

Publicado o 20 Xullo, 2023 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Vicedirección por Alberte Zato

 

books-stationery-61.png


Comunicamos que xa están expostas no taboleiro do centro para a súa consulta as listas definitivas de FONDOLIBROS.

 

  • Lembren que como só poden facer fotografías dos libros que lle corresponden ao seu fillo ou filla, en virtude da Lei de protección de datos, e iso é difícil, fica restrinxida a realización de fotos da listaxe.
  • Para a súa comodidade tamén existe a posibilidade de consultar a listaxe na sede electrónica da xunta coa Chave365 ou certificado dixital do solicitante: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/



Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

The American Week 2023: A Yearly Experience for our Students and Assistant Teacher

Publicado o 19 Xullo, 2023 na sección Celebracións, Despedidas, Zona Alumnado, Lingua Inglesa, Departamentos por Alberte Zato

logo-departamento-de-ingles-ies-do-castro.jpg

Within the celebrations of our American Week we held multiple activities (sports and board games) as well as an exhibition on the American culture and parties to say goodbye to our amazing AT, Ms Erin Kraskewicz (2022-23 School Year). All of them organized and supported by Ms Kraskewicz, teachers Ms Pereiro and Mr González and the Department of English & Bilingual Section faculty.

 

aw1.jpg

 aw2.jpg

aw3.jpg

aw4.jpg

aw5.jpg

aw61.jpg

aw71.jpg

aw8.jpg

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo