Reunións das titorías coas familias dos diferentes cursos e niveis educativos

Publicado o 21 Setembro, 2023 na sección Avisos urxentes por Alberte Zato

reunion-familias.jpg

 

Co obxecto de ter un contacto máis directo coas familias do noso alumnado, dar información xeral sobre o plan tutorial de cada grupo e atender as preguntas que se poidan formular presentamos o calendario de reunións ás que animamos a acudir para unha mellor comunicación entre membros da comunidade escolar:

 

 - Luns 25 de setembro, REUNIÓN TITORES/AS COAS FAMILIAS, para os cursos 1ºESO, 2ºESO e 3ºESO ás 18:30 h.


- Luns 2 de outubro, REUNIÓN TITORES/AS COAS FAMILIAS, para os cursos 4ºESO, 1ºBACH e 2ºBACH ás 18:30 h.

Desexamos a toda a comunidade escolar deste IES do Castro un bo curso e uns resultados académicos satisfactorios.

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Troca-Libro/s Curso 2023/24

Publicado o 11 Setembro, 2023 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Zona ANPAs por Alberte Zato

trocalibros.jpg

Como vimos facendo dende o remate do programa de gratuidade de libros de texto na educación secundaria obrigatoria, comezamos unha vez máis o servizo de intercambio voluntario de libros de texto do IES do Castro (Troca-Libro / s) para todas as familias do IES, sexan ou non asociadas á ANPA. Esta actividade consiste en doar voluntariamente os libros que xa non imos utilizar, e solicitar a recepción de libros do curso ao que accederemos.

Neste ano, co gallo da nova lei de contidos de educación, vanse cambiar todo-los libros de 2º e 4º da ESO, e case que todos os de 2º Bach. En consecuencia, temos que tomar contra da nosa vontade os seguintes acordos:

 

1.     Non se recolleran libros dos cursos de 2º e 4º ESO. Recomendamos gardalos durante un tempo, e logo desfacerse deles cada quen, por si algún profesor/a os usa. Pero iso é pouco probable

2.     De 2º Bacharelato en principio recolleremos soamente os libros de Inglés, Física e química, e Historia e Economía. Por si acaso traer vosas doacions deste curso ao trocalibros, a ver si serve algunha outra

3.     Todos os libros de 1º e 3º ESO e 1º de bacharelato son válidos.

4.     Calquera alumno do centro, sexa ou non asociado á ANPA, pode solicitar presencialmente libros do trocalibros na data da súa convocatoria.

 

Normalmente recibiranse máis ou menos libros segundo o número de libros que entregabamos, e segundo o número de libros que entregaban os alumnos do curso ao que imos. Este ano non será así, porque as familias de 2º e 4º ESO non lle computaran os libros que entreguen porque non os recolleremos. O procedemento de cambio argallado pola goberno central e a Xunta de Galicia levan a unha tremenda inxustiza para as familias do alumnado que accede a 2º ou 4º ESO e 2º BACH neste curso, pois á falta de libros válidos ven sumarse  a do curso pasado, repetindo a inxustiza nas mesmas familias. Coma xa recomendamos neste curso, non queda outra que solicitar en xuño Fondo de libros da Xunta, e aínda que nosa renda exceda o límite, confiar que nos concedan algún libro.

 

Sabedes que dende a ANPA andamos a procura a través de FOANPAS de que volva a poñerse en practica o programa de gratuidade e propiedade da Xunta dos libros de texto. Pero non o damos conseguido. Tamén temos intención neste curso de propor a entrada do IES do Castro no programa de libro dixital E-Dixgal da Xunta, a ver si acabamos co irritante gasto en libros de texto de cada curso.

 

As datas da edición do trocalibros deste curso serán:

 

1.     Apertura do prazo para solicitar libros, e no seu caso doar libros válidos de 1º ESO, 3º ESO y 1º e 2º BACH será o MARTES 12, DAS 16:30 ÁS 19:00 HORAS

2.     A data para recoller os libros que nos toquen para o alumnado será o XOVES 14 DAS 17:00 ÁS 19:00.

 

Todo isto do trocalibros é voluntario e altruísta, posto en funcionamento grazas ao traballo desinteresado dalgúns das náis/pais da ANPA. Telo en conta para desculpar un funcionamento sempre mellorable. Noso maior cumprimento ás familias que entran en 2º e 4º ESO. Moito ánimo, e sobre todo infinita gratitude se a pesar deste atranco considerades apropiado doar os vosos libros do curso pasado a cambio soamente dun xesto de agradecemento e respecto. O curso que ven todo isto estará xa normalizado, e confiamos que o trocalibros recupere o seu senso.

 

En breve vos anunciaremos a convocatoria da asemblea xeral de principio de curso da asociación, que esperamos sexa presencial no IES a comezos ou mediados do mes de outubro. Gracias pola vosa comprensión e apoio a un ANPA que é, e ten que ser, de todas as familias do IES.

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Inicio do curso 2023-2024

Publicado o 7 Setembro, 2023 na sección Avisos urxentes, Zona Alumnado, Xefatura de Estudos por Alberte Zato

volta_a_clase.png

 

Luns 11 de setembro de 2023:

As presentacións do alumnado, cada un pola súa porta de entrada, serán na seguinte orde:

16:30 horas: Presentacións de 1º ESO (entrada por porta A ) e 4º ESO (entrada por porta C)
17:00 horas: Presentacións de 2º ESO (entrada por porta A ) e 1º Bach (entrada por porta C)
17:30 horas: Presentacións de 3º ESO (entrada por porta A ) e 2º Bach (entrada por porta C)

Ás presentacións serán cos titores ou titoras de cada grupo, que chamarán ao alumnado por orde de lista e os acompañarán ás súas respectivas aulas.
Unha vez rematada a presentación o alumnado poderá sair do centro.

Ás clases comezan con normalidade o martes ás 09:00 horas da mañá.

Grazas de antemán pola súa colaboración e BO CURSO. 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Libros de texto curso 2023-2024 (actualizados a 7-09-2023)

Publicado o 6 Setembro, 2023 na sección Libros de texto, Zona Alumnado por Alberte Zato

textbooks.jpg

.pdf

libros-de-texto-eso-e-bacharelato-curso-2023-24-actualizado.pdf

 

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo