Remitido: Charlas ‘Tecnoloxía con sentidiño’

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesionale e Universidades  lanza a segunda edición do Ciclo de Cultura Científica, aberto ao público en xeral, e especialmente dirixido á comunidade educativa e aos docentes en particular. Baixo o título Tecnoloxía con sentidiño, abordaranse varias temáticas en torno á tecnoloxía, como o uso da mesma nas aulas, a súa relación coa saúde infanto-xuvenil e a psicoloxía ou a Intelixencia Artificial, entre outros.
A Xunta organiza este ciclo nun momento no que o uso da tecnoloxía é motivo de debate no ámbito do ensino, e de especial interese para as familias. O obxectivo é ofrecer certezas e contribuír a unha reflexión seria e documentada, con expertos do maior nivel, e baseada en investigacións.  
Desenvolveranse charlas de hora e media de duración, de 18:00 a 19:30, e poderán seguirse de forma presencial no auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia en Santiago de Compostela.



















