Acto de entrega de Diplomas do Bacharelato Internacional.

Publicado o 26 Decembro, 2011 na sección Noticias do Programa do Diploma do BI por Lucía López Bejo

O  xoves 22 de decembro  celebramos a entrega de Diplomas do Bacharelato Internacional ao alumnado da promoción 2009-2011, coa asistencia das súas familias e do profesorado.

Con esta entrega, o alumnado pon fin a un ciclo de dous anos, durante os que compatibilizou os currículos do Bacharelato LOE e do Programa do Diploma - BI. Ambos programas foron superados con éxito: o 100% aprobou a Selectividade e  o 90.9% obtivo o Diploma  do Bacharelato Internacional.

bi0032.JPG

 

bi0062.jpg

Sara Vila

bioo4_resize.JPG

001bi1.jpg

Discurso pronunciado pola Directora, Rosa Segura 

 Estimadas familias, compañeros e alumnado:

O Programa para a Avaliación Internacional da Educación, coñecido como informe PISA, ten por obxecto medir ata que punto os estudantes de 15 anos dos países da OCDE adquiriron os coñecementos e as habilidades necesarias para a súa integración social e para continuar os seus estudos.

En España os resultados deste informe colocan o noso sistema educativo nun lugar intermedio. En palabras do ministro Ángel Gabilondo, “España saca un bien. Bien no es notable ni sobresaliente, pero tampoco es aprobado ni suspenso”. E engade: “Y no me conformo, porque nosotros debemos ir hacia procesos de excelencia. Tenemos que trabajar para mejorar mucho.”

Concretamente, sobre as tres competencias básicas avaliadas no último informe de 2009 -lectura, matemáticas e ciencia-, os resultados sitúanos na media dos países avaliados e os resultados referidos á lectura e matemáticas, indican un importante avance respecto a informes anteriores.

 Ao mesmo tempo o informe avalía a equidade dos sistemas educativos e aquí, España, xunto con Portugal e Finlandia, se consolida como un exemplo xa que a diferenza entre os resultados obtidos por alumnos de maior e menor estatus socioeconómico e cultural é menor: aínda que no noso país o entorno socioeconómico e cultural é influínte nos resultados do alumnado o que sucede e que non é determinante xa que o rendemento escolar depende, sobre todo, do que ocorre no centro educativo.

Non entanto, hai un aspecto no que os alumnos españois teñen unha media inferior ao da OCDE. É na porcentaxe de estudantes cun alto nivel de competencias. Así que nos centros de ensinanza secundaria temos unha moi importante materia pendente: Acadar a excelencia. Pero debemos facelo coidando as características do ensino público, facilitando o acceso á excelencia a aqueles alumnos que teñan a actitude axeitada e sen segregar a aquel alumnado que non opte pola excelencia.

Nos últimos trinta anos o noso sistema educativo avanzou de forma significativa acadando niveis de escolarización impensables. Por exemplo hoxe é unha realidade o que fora unha reivindicación nas mobilizacións dos universitarios nos últimos anos da ditadura franquista: que puideran estudar na Universidade os fillos dos obreiros.

Pois ben, un dos reto para a educación no século XXI ten que ser a excelencia. E os centros públicos non debemos deixar un aspecto tan importante noutras mans para que, como dicíamos máis arriba, todo o alumnado, independentemente da súa procedencia social, poida acceder a unha educación con maiusculas. Este é un dos aspectos que pode contribuír a que os institutos recuperen a súa tradición ilustrada e librepensadora.

E aquí é onde ten cabida o Bacharelato Internacional como un dos camiños posibles para acadar una ensinanza pública de calidade. Porque no BI o alumnado, ademáis de cursar o Bacharelato LOE, prepara seis materias durante dous cursos das que será avaliado de forma externa e moi esixente e realiza 150 horas de actividades de Creatividade, Acción e Servizo á comunidade e escribe un breve ensaio de Teoría do Coñecemento e redacta unha Monografía para a que teñen que diseñar e realizar un traballo de investigación.

Enunciarei os títulos das Monografías que, ademáis de ilustrar o tema que nelas se tratou, é indicativo das aficións do seu autor ou autora:

  • Sabina: poeta, cantante, transgresor, historiador, crítico y enumerador.

  • El Libro VIII de La República de Platón y distintas formas de gobierno.

  • Romanización en el noroeste peninsular: ¿hasta qué punto la conquista romana influyó en la evolución económica del noroeste peninsular?

  • lLa posguerra en Vigo: ¿qué consecuencias tuvo la instauración del régimen franquista en Vigo durante los años 40?

  • Guerra de Independencia y Reconquista de Vigo: ¿cómo contribuyeron los habitantes de Vigo a la expulsión de las tropas francesas en 1809? (En francés )

  • Dieta Atlántica y dieta Mediterránea: semejanzas y diferencias en relación al beneficio que aportan a la salud.

  • Diferencias entre las trayectorias de una pelota de tenis seca y otra mojada.(En inglés )

  • ¿Qué relación hay entre el sistema de suspensión de un vehículo, la comodidad del usuario y la forma de andar humana?(En inglés)

  • Estudio comparativo del diferente ángulo de ceñida en tres categorías diferentes de vela ligera.

  • Sagrada Familia de Gaudí: ¿qué relación hay entre su geometría reglada y la naturaleza?

 

Xa para rematar debo recoñecer que ao longo destes dous cursos houbo dificultades e desaxustes que asumo como responsable do equipo docente. Pero o que tamén houbo foi moito traballo e moito esforzo por parte de todos e por iso quero felicitaros polos resultados, dexesarvos o mellor para o voso futuro como estudantes e, sobre todo, para o voso futuro como persoas.

 

 

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo