Concesión de axudas municipais a familias con fillos e fillas en ensino obrigatorio

Publicado o 30 Novembro, 2022 na sección Zona Alumnado por Alberte Zato

logo-concello-de-vigo1.png

 

CONCESIÓN DE AXUDAS MUNICIPAIS A FAMILIAS CON FILLOS E FILLAS EN ENSINO OBRIGATORIO.

PRAZO: Dende 30 de novembro ó 29 de Xaneiro.

 

So se aceptará unha solicitude por unidade de convivencia. No caso de que se presenten máis acumularanse, tramitándose a primeira presentada no Rexistro.

Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

a)     DNI, NIE ou pasaporte da persoa solicitante (só para solicitude presencial). 

b)     Libro de familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar, coas súas datas de nacemento.

c)     Volante de empadroamento familiar só para os solicitantes non empadroados en Vigo.

d)     Certificado de matrícula do centro escolar acreditativo de que o alumnado para o que se solicita a axuda está matriculado no curso 2022-2023 en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Especial.

e)     Documento acreditativo do IBAN da conta bancaria da persoa solicitante da axuda.

f)      De ser o caso, outro documento xustificativo da convivencia co menor. 

g)     Declaración responsable do cumprimento de obrigas tributarias e coa Seguridade Social de conformidade co artigo 24.4 do RLXS (Esta declaración consta incluída no formulario de solicitude).

 

 OS CERTIFICADOS DE MATRICULA (OS ENTREGARÁ O TUTOR A CADA ALUMNO). SÓ SERÁN VALIDOS PARA A PRESENTACIÓN PRESENCIAL.

 

Solicitude presencial: Deberá cumprimentarse o formulario de solicitude a través da URL:  https://www.vigo.org/axudas-ensino (premendo no botón Tramitar presencialmente) e posteriormente presentalo no Rexistro Xeral Municipal do Concello de Vigo xunto coa documentación esixida nas bases.

Así mesmo, os/as interesados/as poderán presentar as súas solicitudes por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).

 Descarga deste documento en

.pdf

axudas-concello-vigo.pdf

 

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo