Saúda do Director

 

fernando_director.jpg

orange_inverted_commas.png A educación, hoxe máis que nunca, é a garante do progreso, o mantemento da liberdade de pensamento e a igualdade entre as persoas. Os que hoxe somos adultos temos a obriga de manter este compromiso para que as xeneracións que collerán o relevo mañá, como vós que agora estades estudando no IES do Castro, teñan futuro, poidan desenvolver a súa vida de xeito pleno e xusto, sendo homes e mulleres comprometidos e solidarios. Educarse é moito máis que adquirir habilidades que nos permitan triunfar na vida. Educarse é tamén, e sobre todo, ser persoa, facerse persoa. Se despois do voso paso por este instituto atopades algo en vós mesmos que está ben, que vos fai mellores persoas e pensades que llo debedes a el, nós darémonos por moi satisfeitos. orange_inverted_commas_close.png

Prof. D. Fernando González

Director do IES do Castro

rousseau_iesdocastro.jpg

Imaxes: Alberte Zato

Imprimir esta Páxina Imprimir esta Páxina