Celebración do Día da Ciencia en Galego

O pasado 4 de novembro a ciencia falou galego no centro.Diversos foron os actos que se celebraron ao longo da mañá.

As primeiras horas  os carteis que anunciaban a celebración do día, penduraba dende as escaleiras. Ninguén tiña que ser allego a esta celebración, CELEBRABAMOS O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO.

 O alumnado de 3º da ESO baixou da aula  de tecnoloxía os seus traballos , co fin de que todos poidesen disfrutar das súas creacións. Un ascensor, distintos prototipos de coches e outros aparellos animaron a hora do recreo.

tecno-paint.jpg

Xogos matemáticos encheron o tempo de lecer de alumnos e profesores.Adicaron o descanso a intentar resolver difíciles e divertidos acertixos. Pero había premio, UNHA FERMOSA E APETITOSA MAZÁ.

mate-paint.jpg

Os de bacharelato tiveron sendas conferencias. Para os de 2º Bac. a departamento de Física e Química participou nuha video-conferencia xunto con outros centros de ensino . Os de 1º Bac asistiron a conferencia de Xosé Francisco Fernández Teijeiro sobre o político e científico galego Bibiano Fernández Osorio-Tafall.

Unha selección de libros científicos en galego estiveron expostos na entrada do instituto.

    libroa-apintn.jpg            

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Día da Ciencia en Galego

O próximo 4 de novembro celébrase o Día da Ciencia en Galego , adicado a Ramón María Aller Ulloa, Alfonso X e James Clerk Maxwell. Diversos son os actos que se celebrarán nesta próxima semana, promovidos por distintas asociacións científicas galegascartellua.jpg

No instituto para celebrar ese día están programadas diversa actividades polos distintos departamentos didácticos da área científico- técnica e o departamento de normalización lingüística.

ACTIVIDADES 4 DE NOVEMBRO

RECREO

-XOGOS DE TERMOS CIENTÍFICOS EN BUSCA DE DEFINICIÓN.

-EXPOSICIÓN DE LIBROS CIENTÍFICOS ESCRITOS EN GALEGO.

- XOGOS MATEMÁTICOS.

12: 40 : CONFERENCIA DE XOSÉ FRANCISCO PARDO TEIJEIRO SOBRE O CIENTÍFICO-POLÍTICO GALEGO BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL( 1 º BAC. NA SALA DE CONFERENCIAS).

Para coñecer a figura do científico tema da conferencia podedes entrar neste enlace:

BIBIANO FERNÁNDEZ OSORIO-TAFALL 

 

 

 

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Samaín na biblioteca

Publicado o 29 Outubro, 2010 na sección Club de lectura, Biblioteca, Vicedirección por Carmen Vilariño Agras

Hoxe na biblioteca celebramos o Samaín. A terceira e cuarta hora, o alumnado de 1º ESO xunto coas súas profesoras baixaron a biblioteca. Despois de escoitar o significado e as orixes do Samaín, Irene , a vicedirectora, contounos unha historia , A pantasma do Castro.

Aquí están as fotos desta entretida mañá de Samaín

samain2010-2011-copiar.jpg

                                           

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

ITALIA: “Un vindeover”

Publicado o 27 Xuño, 2010 na sección Zona Alumnado, Actividades, Vicedirección por Xulio Dobarro

PROMOCION DE 4º DE ESO 2009-2010As ganas eran moitas as de iniciar esta viaxe por terras italianas. Os esforzos tamén foron importantes para algúns dos alumnos e das familias, por iso había que aproveitalos ao máximo.Lembremos o traballo dos recreos coa organización do rastrillo ou algunhas iniciativas particulares para acadar unha mínima solvencia para afrontar gastos básicos.A tradición dinos que por estas datas a maioría do alumnado de cuarto da ESO soe experimentar novas emocións e por iso rompe coa rutina das clases, da familia, das amizades de todos os días e adéntrase en novas vivencias e convivencias. Como case sempre, este tipo de turismo supón un esforzo engadido á cotidianiedade: madrugar para coller o primeiro voo con saída do aeroporto de Vigo, aló polo día 17 de xuño, e logo, non durmir case nunca e voltar a madrugar ao día seguinte para aproveitar as horas de luz, con algo de choiva neste caso.

(Ler o resto do artigo »)

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Entrega de premios Letras Galegas e competicións deportivas

Publicado o 14 Xuño, 2010 na sección Club de lectura, Normalización e Dinamización Lingüística, Biblioteca, Vicedirección por Carmen Vilariño Agras

O mércores día 9 de xuño entregáronse no salón de actos do centro os premios das Letras Galegas e os premios das distintas competicións deportivas que se levaron acabo durante o presente curso. Foron premiados os alumnos/as que participaron nas distintos concursos das Letras Galegas, concurso de video e caligramas. O premio de coplas dos maios recaeu na profesora Concha Otero, que agradeceu ao xurado este reñido e importante premio.O alumnado que participou nas competicións deportivas recibiu os seus trofeos despois de un curso de animada disputa deportiva.

O salón de actos estaba repleto de alumnado e mesmo de profesores e profesoras que acompañaron aos premiados, en recoñecemento do seu esforzo e bo facer.

Parabéns a todos os galardonados/as e moito ánimo para seguir colaborando nos diferentes concursos e actividades deportivas que no vindeiro curso sexan organizadas para todos vós.

premios-letras-galegas.jpg

Clique na imaxe para vela a tamaño completo

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Despedida da Promoción 2010 de 2º de Bacharelato: As fotos

Publicado o 31 Maio, 2010 na sección Despedidas, Zona Alumnado, Actividades, Taboleiro Transversal, Vicedirección por Alberte Zato

class_of_2010.jpg

 


 Pode descargar tódalas fotos cunha resolución 800 px  nun arquivo .rar clicando na icona

Arquivo RAR

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Magosto 2009

Publicado o 27 Novembro, 2009 na sección Lingua e Literatura galegas, Vicedirección por Xulio Dobarro

vista_desde_o_parque.JPG

Acabáronse as vendimas

e veñen as esfolladas

para comer coas mozas

catro castañas asadas

O primeiro intento de celebración do Magosto, o día doce de novembro, refesta do San Martiño, non foi posible a causa do mal tempo e pola falta de veranciño do mesmo nome. Houbo que agardar unha semana máis, o dezanove, para que con moita puntería se acertase na escolla de tal día en canto ás condicións climatolóxicas que,dito sexa de paso,  non puideron ser mellores.

Os preparativos xa viñan  de quince días antes, -quizais por iso as castañas en vez de secaren o que lles pasou foi humedecérense-,porque cómpre organizarse como se fósemos de cámping: a leña seca e o carbón para armar o lume e  - o máis importante-  as brasas para asalas, as castáñas picadas para que non estoupen, o tixolo, especie de plataforma para colocalas enriba do lume e, o que non é menos importante, a sabedoría das persoas para que todo se resolva segundo o previsto: leña axeitada, pouco fume, punto de cocción e algo de humor.

grupo.JPG

A xornada ten mudado en canto á organización desde que nos primeiros anos de celebración se realizaba  dentro do recinto escolar, pero ao igual que outras festas relacionadas con ciclos festivos (Entroido, Maios, etc) tamén esta do Magosto se foi  restrinxindo a determinado alumnado, concretamente aos do primeiro ciclo da ESO, desde que nun determinado intre se observou que só participaban os máis cativos e os demais optaban por un lecer malentendido, o de non comer castañas nin deixalas comer.

O lugar escollido cremos que é o ideal, o parque forestal de Beade, porque permite disfrutar dunha xornada en contacto  coa natureza e de respecto con esta, e, ao mesmo tempo, festexar este día ao estilo tradicional comendo castañas asadas e saltando entre os castiñeiros, as cerdeiras, os carballos, algún que outro toxo, xesta ou salgueiro, a maior parte destes xa sen folla ou a punto de quedarse nus.

Os preparativos pasan, como en edicións anteriores, por levar algún material de xogos populares: a chave, a corda, os balóns, pero o que maís os motiva  é o sentimento de liberdade e incluso de aventura nesa paisaxe de bosque autóctono e de tempo outonal.

Os días previos á celebración foron varios carteis informativos os que puxeron ao alumnado en relación co Magosto: coplas, refráns, receitas de cociña que teñen a castaña como elemento principal, así como outros datos relativos á produción e transformación do produto homenaxeado.Falouse de que a castaña foi moi importante na alimentación dos nosos antepasados mentres non chegou o millo e as patacas de América, que  actualmente se aproveita para usos máis sofisticados na elaboración do “marron glacé”(castaña confeitada) ou como complemento para pratos da cociña moderna: xabarín con castañas, e receitas máis tradicionais que teñen a castaña case como base  única: asadas, cocidas, xeralmente con fiúncho e despois acompañadas de leite frío. Incluso alguén apuntaba que era de mal agoiro pisar unha castaña porque iso non ía favorecer os amores ao establecerse unha relación de semellanza entre a castaña e o corazón ou que outros  puidesen  pillar “unha castaña” aínda que fose sen viño.

A xornada foi ben aproveitada, todo se desenvolveu moi rápido: Saír do centro ás 10,40 h, chegar ao Parque sobre as 11,30 e ao pouco tempo xa estaban degustando a primeira fornada  de castañas asadas, pero houbo que repetir ata cinco ou seis veces o ritual de asar porque para saciar a  cento cincuenta comensais había que espabilarse aínda que a leña non axudase moito e houbese que recolectar algunha polo arredor. Cando xa estabamos decididos a voltar ao Instituto algúns deciden iniciar unha aventura montesía e perderse por entre a maleza. Todo quedou nun pequeno susto que se resolveu de contado e que nos permitiu voltar ao Instituto sen novidade e segundo o horario previsto.Houbo algún grupo que mesmo se atreveu a cantar, -1º ESO C- , aínda que o resultado fose abondo pobre pero  prometeron que o próximo ano o ían facer mellor porque xa contaban con antelación coa letra das coplas e con máis tempo para os ensaios.

De entre as coplas que se incluían no repertorio incluímos aquí unha pequena mostra e agardamos que o próxima edición de non ser mellor que non sexa peor.

outra.JPG

Naquela banda do río

ten meu pai un castiñeiro,

dá castañas en outono

e uvas no mes de xaneiro

Non chas quero, non chas quero

     castañas do teu magosto,

     non chas qero, non chas quero,

      que me cheiran a chamosco.

Canta cuco, canta cuco,

na galla do castiñeiro,

coa machadiña na man,

aprendendo a carpinteiro.

Non chas quero, non chas quero…

Miña nai dóeme a barriga,

-Miña filla, confesión.

As castañas que comiches

de que castiñeiro son?

Non chas quero, non chas quero…

Moza que estás no canizo,

tira castañas abaixo,

anque non teña mandil,

acádochas co refaixo.

  Non chas quero, non chas quero…

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo

Do IES do Castro a Castromao: Reportaxe

Publicado o 4 Xuño, 2009 na sección Zona Alumnado, Actividades, Taboleiro Transversal por Alberte Zato

Instruccións de visionado: Clíque sucesivamente nas frechas de avance de páxina para ver o seu contido, ou deixe a presentación automática temporizada.  Tamén pode clicar por enriba da presentación para avanzar. Para vela a pantalla completa, clique na icona ‘Full Screen’ ao pe da mesma: pulse ESC para saír da pantalla completa.

Pódese descargar o arquivo orixinal de Powerpoint dende

Power Point

Related Posts with Thumbnails
Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo