Formación medioambiental e voluntariado en ‘As Corcerizas’

Publicado o 1 Decembro, 2011 na sección Viaxes, Zona Alumnado, Actividades, Taboleiro Transversal por Isabel Flores

rd-monte.JPG

Durante os pasados días 15 a 18 de novembro o grupo 1º E de Bacharelato, do BI, realizou unha viaxe de estudos centrada na programación de CAS, aínda que moitas das actividades realizadas teñen unha función integradora de diversas materias e requerimentos do BI.

A viaxe consistiu nunha estancia no Centro Medioambiental ‘As Corcerizas’ (http://www.amigosdaterra.net/info/ascorcerizas/index.html) xestionado por Amigos da Terra. Nas fotos podemos ver ao grupo de alumnado durante a realización dalgunha das actividades, co profesorado acompañante e monitores e monitoras encargadas das actividades.

Aínda non estando completa a avaliación da actividade –enfocada a buscar solucións a problemas globais, dende unha perspectiva local- por parte do alumnado, podemos adiantar algunhas das experiencias vividas e habilidades traballadas.

Entre outros contidos traballáronse os seguintes:

-finalidade do voluntariado na sociedade. Servizo de Voluntariado Europeo

-problemática medioambiental local e global

-elaboración dun proxecto de voluntariado e presentación pública do mesmo

-realización de actividades de voluntariado etnográfico e medioambiental

 rd-traballo-ludico.JPG

Todo elo mantendo presente a promoción ou práctica de:

-técnicas de traballo en grupo para os distintos obxetivos

-debates e outras estratexias de comunicación

-capacidade crítica

-conciencia medioambiental

-responsabilidade persoal e colectiva

-conservación do patrimonio

-atención ao benestar físico e psíquico

-reflexión sobre a aprendizaxe persoal

Esta promoción tiña baixas expectativas de aprendizaxe da súa visita a As Corcerizas e isto reflexouse na súa actitude durante unha boa parte das actividades e por suposto, dificultou a súa aprendizaxe. Na súa avaliación final varias persoas sinalan que se volvesen facer esta actividade outra vez intentarían ser máis participativas e abertas. De calquera xeito sinalan que

-se cumpliron os obxetivos de coñecer mellor ao resto do grupo, respetar máis o medioambiente e comprender CAS mellor.

-comprenderon unha variedade de posibilidades para unha mellor xestión da enerxía

-consideran que o voluntariado é unha ferramenta eficaz para transformar o modelo actual  cara un máis xusto. De feito a 4 persoas gustaríalles facer traballo de voluntariado de xeito local , e 3 mencionan a posibilidade de facer o Servizo de Voluntariado Europeo antes de ir a universidade.

Isto é o que valoraron  máis positivamente da actividade

 

-convivir cos compaňeiros e compañeiras

-o papel que a desenvolver nela

-que pese a estar moi pouco convencidos/motivados, o pasaron ben

-descubrir cousas para axudar ‚‘aínda que sexa localmente‘

-a actitude  e aportacións dos monitores

-o descubrimento dos diferentes frentes de actuación do voluntariado e o  traballo físico

rd-clase.JPG         rd-sala-e-castineiros.JPG

rd-senderismo.JPG         rd-xogos-sala.JPG

Related Posts with Thumbnails

Imprimir este Artigo Imprimir este Artigo